Back

ⓘ Tecnoloxía - Tecnoloxía, adecuada, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Tecnoloxías da información, Universidade de Tecnoloxía de Delft, Androide, E Ink ..



                                               

Tecnoloxía

A tecnoloxía techne "oficio" + logía "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento. A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía. Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a: ...

                                               

Tecnoloxía adecuada

A tecnoloxía adecuada, tamén coñecida como tecnoloxía apropiada ou intermedia, é aquela tecnoloxía que está deseñada con especial atención aos aspectos ambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixe. Atendendo estas consideracións, TA normalmente demanda menos recursos, é máis fácil de manter, presenta un menor custo e un menor impacto sobre o medio ambiente con respecto a outras tecnoloxías equiparables. O termo tecnoloxía intermedia refírese especificamente a ferramentas que custan menos ou son máis accesibles e apropiadas para zonas de rendas per cápit ...

                                               

Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts ou simplemente MIT - considérase como a institución máis prestixiosa do mundo no referente á educación científica e tecnolóxica. O MIT está situado na cidade de Cambridge no estado de Massachusetts, preto de Boston, nos Estados Unidos.

                                               

Tecnoloxías da información

As tecnoloxías da información son unha serie de metodoloxías, ferramentas, técnicas e dispositivos utilizados na utilización e proceso da información dentro do ámbito da informática e a computación. O vocábulo adoita empregarse como sinónimo para os computadores e as redes de computadoras, pero tamén abrangue outras tecnoloxías de distribución de información, como a televisión e os teléfonos e as telecomunicacións utilizadas para interconectalos. Múltiples industrias están asociadas coas tecnoloxías da información, incluíndo hardware e software de computador, electrónica, semicondutores, i ...

                                               

Universidade de Tecnoloxía de Delft

A Universidade de Tecnoloxía de Delft, coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidades tecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo. Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real Koninklijke Akademie, que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica Technische Hogeschool e finalmente, en 1986, polo de universidade. Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información mellor da Un ...

                                               

Historia da tecnoloxía

A historia da tecnoloxía é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico. A historia moderna está relacionada intimamente coa historia da ciencia, pois o descubrimento de novos coñecementos permitiu crear novas cousas e, reciprocamente, puidéronse realizar novos descubrimentos científicos grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, que estenderon as posibilidades de experimentación e adquisición do coñecemento. Os artefactos tecnolóxicos son produtos dunha economía, unha forza do crecemento económico e unha boa parte da vida. As innovacións tecnolóxicas afect ...

                                               

Androide

Un androide é un robot antropomorfo, o termo utilizouno pola primeira vez o escritor francés Auguste Villiers de lIsle-Adam. O primeiro androide real foi o Repliee Q1 deseñado por Hiroshi Ishiguro da Universidade de Osaka presentado na Expo 2005 de Aichi, o segundo androide foi o EveR-1, deseñado por científicos de Corea do Sur.

Conector eléctrico
                                               

Conector eléctrico

Un conector é un dispositivo que efectúa a unión entre unha porta de saída dun determinado equipamento e a porta de entrada doutro. Actualmente os conectores están comezando a ser substituídos pola tecnoloxía wireless unións sen fío, e así podemos encontrar no mercado varios equipamentos con esta tecnoloxía, desde placas de rede, caixas de son, ratos, teclados.

E Ink
                                               

E Ink

E Ink é un tipo específico de tinta electrónica propiedade de E Ink Corporation que se fabrica desde 1997 baseado en investigación realizadas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Joseph Jacobson e Barrett Comiskey son os inventores da patente orixinal rexistrada en 1996. Comercialmente está dispoñible tanto en escala de grises como en cor empregándose comunmente en dispositivos móbiles como libros electrónicos e en menor medida en móbiles.

Fax
                                               

Fax

Denomínase fax, por abreviación de facsímile, un sistema que permite transmitir a distancia pola liña telefónica escritos ou gráficos. Refírese así mesmo ao método e aparello de transmisión e recepción de documentos mediante a rede telefónica conmutada que se basea na conversión a impulsos das imaxes "lidas" polo emisor, impulsos que son traducidos en puntos -formando imaxes- no receptor.

                                               

Filtro

Un filtro é un sistema que serve para separar elementos nun fluxo. Este fluxo pode ser de materias, electrónico, de información, un fluxo óptico. A acción do filtro consiste a reter, suprimir, redirixir ou modificar os elementos indesexábeis do fluxo e en deixar pasar sen obstáculos aqueles elementos considerados útiles.

Google Street View
                                               

Google Street View

Google Street View é unha característica do Google Maps conxuntamente co Google Earth que proporciona imaxes case esféricas a nivel de rúa, permitindo aos usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes. Cando se lanzou o servizo, o 25 de maio de 2007, só cinco cidades estadounidenses estaban incluídas. Dende aquela expandiuse a 22 países europeos, 4 latinoamericanos, 4 asiáticos e un africano.

                                               

Instituto de Smart Cities

O Instituto de Smart Cities é un instituto da Universidade Pública de Navarra orientado cara o deseño, análise, implementación e optimización de contornas intelixentes. A súa misión é contribuír á divulgación e ao desenvolvemento tecnolóxico e estratéxico do concepto das Smart Cities así como á súa difusión e implementación práctica a nivel local, rexional, estatal e internacional.

                                               

Nanolitografía

A nanolitografía é unha rama da nanotecnoloxía que trata do estudo e súa aplicación na fabricación de microestruturas de escala nanométrica, atinxindo modelos con cando menos unha dimensión lateral comprendida entre o grandor dun átomo e 100 nm. Emprégase na nanocircuitería dos circuítos integrados semicondutores de punta integrada e nos sistema nanoelectromecánico.

Nervación (técnica)
                                               

Nervación (técnica)

En tecnoloxía, unha nervación ou nervadura é unha protuberancia que pode utilizarse para: Reforzar unha peza mecánica Soster ou coller facilmente obxectos por exemplo, un vaso de precipitados provisto nervacións situadas na parte superior, e despois apilalos.

Oculus Rift
                                               

Oculus Rift

O Oculus Rift é un dispositivo de realidade virtual desenvolvido por Oculus VR. Durante o seu período como compañía independente, Oculus VR recadou 91 millóns de dólares para o desenvolvemento do Rift. A versión para a venda a usuarios está proxectada para finais de 2014 ou comezos de 2015. O 25 de marzo de 2014, a empresa foi comprada por Facebook por 2.000 millóns de dólares.

S/PDIF
                                               

S/PDIF

O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF, coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos. S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.

Sen fíos
                                               

Sen fíos

Chámase sen fíos á comunicación que non se transmite por cables, senón a través de sistemas radioeléctricos, coa modulación de ondas electromagnéticas a través do espazo. Así pois, exemplos de comunicación sen fíos son a radio, as emisións televisivas, os sistemas Wi-Fi, o sistema bluetooth, unha rede sen fíos ou o GPS.

Soldadura
                                               

Soldadura

A soldadura é un proceso fabril que consiste na unión de dous materiais, usualmente logrado a través dun proceso de fusión no que as pezas se soldan derreténdose e agregando metal ou plástico derretido para conseguir unha pía que ó arrefriarse forma unha unión forte.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →