Back

ⓘ Sociedade - Sociedade, Numismática Romanesa, Linneana de Londres, Numismática Alemá, Numismática Sueca, Numismática Polaca, anónima, Conflito, Dandi ..



                                               

Sociedade

A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade. Existen sociedades animais, cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social, como as sociedades de formigas ou as de primates. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este e ...

                                               

Sociedade Numismática Romanesa

A Sociedade Numismática Romanesa é unha entidade asociativa establecida o 28 de decembro de 1903, fundada por iniciativa dun grupo de entusiastas da numismática coa finalidade de difundir esta disciplina en Romanía.

                                               

Sociedade Linneana de Londres

A Sociedade Linneana de Londres é unha sociedade científica dedicada ao estudo e a difusión da taxonomía e historia natural. Publica estudos de zooloxía, botánica e bioloxía. Tamén edita The Linnean, unha revista dedicada á historia desta sociedade e á taxonomía en xeral. Fundouse en 1788 e debe o seu nome ao naturalista sueco Carl von Linné 1707-1778. A súa sede está situada Burlington House, Piccadilly, Londres. Para converterse en membros requírese o nomeamento por polo menos dous membros e elección. Os membros fellows usan a designación FLS despois dos seus nomes. Entre os seus membros ...

                                               

Sociedade Numismática Alemá

A Sociedade Numismática Alemá é unha sociedade erudita sen ánimo de lucro con sede en Frankfurt que agrupa máis de 80 asociacións numismáticas locais de toda Alemaña.

                                               

Sociedade Numismática Sueca

A Sociedade Numismática Sueca é unha asociación numismática fundada en 1873 e con sede en Estocolmo, que ten como finalidade a promoción da investigación numismática. É a entidade asociativa de índole numismático máis antiga de toda Escandinavia. En 2008 accedeu á súa presidencia Jan-Olof Björk, de Växjö.

                                               

Sociedade Numismática Polaca

A Sociedade Numismática Polaca, anteriormente Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca, é unha asociación científica e cultural sen ánimo de lucro que reúne as persoas afeccionadas ao estudo e ao coleccionismo de moedas, medallas, condecoracións e outros obxectos afíns. Na súa configuración actual, estableceuse en Varsovia, Polonia, en 1991 e rexistrouse en 2002. A PTN conta con 52 sucursais distribuídas por diferentes cidades de Polonia e ten arredor de 2.250 membros 2013. Consonte os seus estatutos, os obxectivos da Sociedade son a posta en contacto das persoas interesadas na numismát ...

Sociedade anónima
                                               

Sociedade anónima

En España unha sociedade anónima ou S.A. é unha sociedade mercantil que ten un capital mínimo de 60.000€ dividido en accións. As débedas que contraia saldaranse unicamente có capital social, non respondendo persoalmente os accionistas por estas débedas. Réxense polo Texto Refundido da Lei de Sociedades Anónimas aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1564/1989 do 22 de decembro.

                                               

Conflito

Un conflito é unha situación de tensión ou hostilidade producida por un desacordo entre dous ou máis persoas. Cando acontece o enfrontamento, este pode xerar unha discusión verbal ou no grao extremo unha guerra, namentres que se non aflora provoca inestabilidade psíquica no suxeito ou poboación, que haberá precisar a posteriori dun tempo de reestabelecemento co gallo de recobrar a orde ou a paz.

Dandi
                                               

Dandi

Un dandi, do inglés dandy, é un home que se considera elegante e refinado, e cuxa actitude ante a vida se caracteriza pola falta de desexo, a desgana, o aburrimento e o desprezo polos gustos do vulgo. A corrente asociada ao dandi denomínase "dandismo" e tivo a súa orixe na sociedade inglesa de finais do século XVIII.

Folga de fame
                                               

Folga de fame

Unha folga de fame, é unha actividade de resistencia para forzar ás autoridades correspondentes a cumprir ou eliminar algunhas actividades regulas ou normas que se poden considerar inxustas. Este considérase unha medida opresiva de non-violencia para evitar o uso de armas o manifestar un descontento social.

                                               

Grupo de presión

Un grupo de presión, grupo de influencia ou lobby na súa forma inglesa é unha organización formada por persoas con intereses comúns nun eido concreto, co fin de exercer presión sobre os poderes públicos, especialmente sobre o lexislativo, para favorecer os seus propios intereses. Forman parte esencial do sistema político dos Estados Unidos de América.

Hora punta
                                               

Hora punta

Para o filme vexa Hora punta filme A hora punta é unha parte do día das cidades grandes cando o tráfico se volve máis insostíbel, con conxestionamentos nas rúas e estradas, alén do transporte público. A hora punta ocorre xeralmente nos períodos nos que as persoas se dirixen da casa ao traballo e viceversa, ou durante os grandes movementos en tempos de vacacións.

Intelectual
                                               

Intelectual

Un intelectual é aquela persoa que dedica unha parte importante da súa actividade vital ao estudo e á reflexión crítica sobre a realidade. O termo intelectual está dotado socialmente dun valor de prestixio. Enténdese que esa actividade dedicada ao pensamento ten unha dimensión e unha repercusión públicas moi valiosas.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →