Back

ⓘ Cultura de Galicia - Cultura de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura ..



                                               

Cultura de Galicia

Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións. A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da pob ...

                                               

Cidade da Cultura de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia. As funcións dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaiás que se adican á difusión, conservación e investigación cultural, a edificios como o CINC ou o CEM, centrados na tecnoloxía e o emprendemento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer. No eido da cultura, a súa programación incluíu nestes anos exposicións, concertos, teatr ...

                                               

Consellería de Cultura e Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura e do turismo, así como da protección do patrimonio. Tamén se encargou en tempos do fomento do deporte. O seu actual titular é Román Rodríguez González.

                                               

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

                                               

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros, dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses, onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur. Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precas ...

                                               

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Galería de imaxes de Galicia
                                               

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes do Pórtico da Gloria Galería de imaxes de deporte en Galicia Galería de imaxes da Universidade de Santiago de Compostela Galería de imaxes das Cantigas de Santa María Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia

                                               

Axencia Galega das Industrias Culturais

A Axencia Galega das Industrias Culturais é unha institución pública dependente da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia. Ten por obxecto o impulso e consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, colaborando na procura de factores de produción, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. Xurdiu en 2008 a partir da transformación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

                                               

Fervenzas Literarias (revista)

Fervenzas Literarias é unha revista literaria galega en formato dixital que dende 2007 administra o bibliotecario Nacho Alonso. A publicación inclúe contidos relacionados coa Literatura para adultos, a infantil e xuvenil, o teatro e en xeral calquera outra información relacionado co libro en lingua galega. Dende a súa aparición, organiza os Premios Fervenzas Literarias, de periodicidade anual.

                                               

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais foi un organismo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi absorbido en 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses
                                               

Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses

A denominación do Instituto vénlle dunha homenaxe ao polígrafo coruñés José Cornide Saavedra. Ten por obxectivo recompilar as actividades culturais durante as distintas épocas na cidade da Coruña. As áreas de estudo son historia, xeografía, tradición e análise das traxectorias de persoeiros coruñeses, entre outros.

Olaría de Buño
                                               

Olaría de Buño

Os oleiros de Buño son artesáns que manteñen a tradición da olaría en Buño, Malpica de Bergantiños, un dos centros máis importantes na produción cerámica galega. A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes. Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →