Back

ⓘ Razas autóctonas de Galicia - Cabalo de pura raza galega, Vianesa, Limiá, Can de palleiro, Frieiresa, Caldelá, Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia ..



                                               

Cabalo de pura raza galega

O Cabalo de Pura Raza Galega é a denominación que recibe oficialmente unha raza de cabalos Equus ferus caballus de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de Galicia. Outras denominacións tradicionais son cabalo galego de monte, cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país. Recentemente tense suxerido a pertenza desta raza a unha nova subespecie de cabalos, o Equus ferus atlanticus. Para esta nova subespecie propúxose a denominación de "garrano". A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro of ...

                                               

Vianesa

Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg. Esta raza posúe unha pelaxe marrón escura e uns característicos cornos largos en espiral. A pelaxe dos touros é máis escura. Os francos son sombríos e o fociño escuro e aureolado cunha banda clara. De gran poder de tracción, críase tamén pola súa carne. É unha raza típica da provincia de Ourense.

                                               

Limiá

Son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 kg para as femias de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias de 148 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. ...

                                               

Can de palleiro

O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego. Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na ...

                                               

Frieiresa

A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 673 exemplares distribuídos en 30 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.

                                               

Caldelá

A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 1304 exemplares. A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia
                                               

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, inaugurado en 2006 e situado no Pazo de Fontefiz, é un organismo que ten por obxectivo a recuperación e conservación das razas animais autóctonas en perigo de extinción. O organismo dependen da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. No Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, as razas bovinas autóctonas críanse seguindo a agricultura ecolóxica, caracterizada pola crianza ao aire libre e a alimentación natural.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →