Back

ⓘ Política de Galicia - Política, Ciencia política, Delegación do Goberno en Galicia, Consello de Forzas Políticas Galegas, Galeguismo, política, Isca ..



                                               

Política

Política é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común. A ciencia política constitúe unha rama das ciencias sociais que se ocupa da actividade dunha sociedade, composta por cidadáns libres, para resolver os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva

                                               

Ciencia política

A ciencia política é a ciencia social que estuda empiricamente a política nas súas diversas dimensións. Polo tanto, o estudo da política é o observable, non está referido ó que debería ser a política como tipo ideal ou conduta desexada: ese papel cúmpreo a filosofía política. Tampouco é o estudo dos elementos formais da política como o son as leis, a súa formación e as súas intencións, tarefa da xurisprudencia. A ciencia política ten en conta o comportamento político efectivo e observable das persoas e as sociedades. O termo "ciencia política" foi alcuñado en 1880 por Herbert Baxter Adams, ...

                                               

Delegación do Goberno en Galicia

2012-2016: Antonio Coello Bufill 1997-2004: Alejandro Millán Mon No cargo dende 2018: Carmen Larriba García 2004-2012: Delfín Fernández Álvarez 2017-2018: Ana María Ortiz Álvarez

                                               

Consello de Forzas Políticas Galegas

Foi creada por iniciativa da Unión do Povo Galego e integrada ademais polo Partido Socialista Galego e o Partido Galego Social Demócrata, posteriormente uníronse o Partido Carlista de Galicia e o Movemento Comunista de Galicia, a entrada nesta última provocou a ruptura do CFPG, xa que o MCG negouse a que os seus membros saísen de Comisións Obreiras, como reacción a UPG e o PGSD deixaron o Consello en outubro de 1976, aínda que o asunto de fondo era a relación coas plataformas democráticas do estado que para a UPG e PGSD tiñan que ser puntuais e tácticas mentres os outros partidos pretendía ...

                                               

Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.

                                               

Isca (política)

Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, conxuntamente con outros sectores críticos de esquerda dentro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG e militantes do movemento estudantil nacionalista. A súa primeira aparición pública tivo lugar o 25 de xullo de 2006, día da Patria, na manifestación convocada polo BNG. Isca! articúlase como organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista e independentista integrado no BNG.

                                               

Distrito electoral da Estrada

O Distrito electoral da Estrada foi unha demarcación electoral vixente dende 1872 ata 1923. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos da Estrada, Cerdedo, Forcarei e Silleda.

                                               

Distrito electoral de Ortigueira

O Distrito electoral de Ortigueira foi unha demarcación electoral vixente dende 1847 ata 1923 con dúas interrupcións de 1853 a 1857, de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ortigueira, que naqueles tempos abranguía as parroquias do actual concello de Cariño, Cerdido e Mañón.

                                               

Distrito electoral de Pontedeume

O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro, Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →