Back

ⓘ Pobo galego - Pobo galego, Partido Comunista do Pobo Galego, Museo do Pobo Galego, Unión do Povo Galego, Valedora do Pobo, Traxe galego ..



                                               

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, ...

                                               

Partido Comunista do Pobo Galego

O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista PC, antecesor do que logo foi o PCPE. Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas elecció ...

                                               

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño. O museo está dentro do mesmo edificio que o Panteón de Galegos Ilustres e a escasos metros do CGAC co que comparte ás antigas hortas do convento convertidas por Álvaro Siza e Isabel Aguirre en parque público na década de 1990.

                                               

Unión do Povo Galego

A Unión do Povo Galego é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG. A Unión da Mocidade Galega, constituída en 1977, ...

                                               

Valedora do Pobo

O Valedor do Pobo ou Valedora do Pobo é o comisionado ou a comisionada do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos galegos, de acordo co establecido no título I da Constitución española e no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.

                                               

Traxe galego

O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →