Back

ⓘ Ciencia política. A ciencia política é a ciencia social que estuda empiricamente a política nas súas diversas dimensións. Polo tanto, o estudo da política é o o ..



                                               

Alice Larkin

Alice Larkin é Directora da Escola de Enxeñería da Universidade de Manchester e Profesora de Ciencia do Clima e Política Enerxética. Traballa sobre orzamentos de carbono e emisións acumuladas. Dirixe o proxecto do consorcio do Consello de Investigación en Enxeñería e Ciencias Físicas Stepping Up Nexus.

                                               

Virginia Eubanks

Virginia Eubanks é unha politicóloga, profesora e autora estadounidense que estuda a tecnoloxía e a xustiza social. É profesora asociada no Departamento de Ciencias Políticas da Universidade de Albany, SUNY. Anteriormente, Eubanks foi bolseira de New America investigando a privacidade dixital, a desigualdade económica e a discriminación baseada nos datos. Eubanks escribiu varios libros, o máis coñecido é Automating Inequality: How High- Tech Tools Profile, Police, and Punish the Poor Automatizando a desigualdade: como as ferramentas de alta tecnoloxía perfilan, vixían e castigan aos pobres ...

                                               

Jude Milhon

Jude Milhon, nada en Washington D. C. o 12 de marzo de 1939 e finada o 19 de xullo de 2003, máis coñecida polo pseudónimo St. Jude, foi unha hacker e autora residente na área de San Francisco. A pesar de nacer en Washington D. C., pasou a maioría da súa infancia e adolescencia en Anderson, Indiana, onde participou activamente en prol dos dereitos civís, até o punto de ser encarcerada en diversas ocasións por desobediencia civil.

                                               

Iván Espinosa de los Monteros

Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.

                                               

Ateneo Catalán da Clase Obreira

O Ateneo Catalán da Clase Obreira foi unha institución fundada en Barcelona o 2 de febreiro de 1862 por membros e simpatizantes cataláns do Partido Progresista coa finalidade de agrupar aos obreiros da cidade e proporcionarlles unha formación. Os socios pagaban 4 reais mensuais de cota e alí dábanse clases de cultura xeral. En 1862, tiña 240 alumnos e 151 en 1865, que cursaban as materias de lectura-escritura, gramática, aritmética e xeografía. Estivo en funcionamento até o golpe de Pavía de xaneiro de 1874.

                                               

Chloé Zhao

Chloé Zhao, nada en Pequín o 31 de marzo de 1982, é unha directora de cinema, produtora e guionista chinesa, coñecida principalmente polo seu traballo no cinema independente estadounidense. Obtivo un gran recoñecemento polo seu traballo no filme Nomadland, polo que recibiu os premios ao mellor filme e á mellor dirección, o que a converteu na segunda muller da historia que recibía o premio despois da cineasta estadounidense Kathryn Bigelow. Porén, a súa vitoria foi censurada na China e bloqueada nas plataformas de medios chinesas.

                                               

Suren Gazaryan

Suren Gazaryan, nado o 8 de xullo de 1974, é un zoólogo ruso, figura pública, e ex membro de The Environmental Watch no norte do Cáucaso. É membro do Consello de Coordinación da Oposición de Rusia. Recibiu un Premio Ambiental Goldman en 2014.

                                               

Sylvia Fedoruk

Sylvia Olga Fedoruk, nada en Canora, Saskatchewan o 5 maio de 1927 e finada o 26 de setembro de 2012, foi unha física especialista en medicina, atleta e vicegobernadora de Saskatchewan.

Ciencia política
                                     

ⓘ Ciencia política

A ciencia política é a ciencia social que estuda empiricamente a política nas súas diversas dimensións. Polo tanto, o estudo da política é o observable, non está referido ó que debería ser a política como tipo ideal ou conduta desexada: ese papel cúmpreo a filosofía política. Tampouco é o estudo dos elementos formais da política como o son as leis, a súa formación e as súas intencións, tarefa da xurisprudencia. A ciencia política ten en conta o comportamento político efectivo e observable das persoas e as sociedades.

O termo "ciencia política" foi alcuñado en 1880 por Herbert Baxter Adams, profesor de historia da Universidade Johns Hopkins, aínda que o seu desenvolvemento como disciplina científica é posterior á segunda guerra mundial, antes de dito período asociábase ó estudo da xurisprudencia e a filosofía política.

As principais áreas de análise da ciencia política son:

  • as políticas públicas
  • a autoridade e a súa lexitimidade
  • os estudos de xénero
  • as relacións de poder e as características do seu exercicio
  • o ordenamento da acción colectiva
  • os sistemas políticos
  • as institucións do Estado
  • os partidos políticos e sistemas electorais
  • a xestión pública

Os máis importantes temas ou tópicos da ciencia política son o poder, as institucións do Estado e tamén as institucións Económicas non estatais, principalmente nun Estado de Benestar ou Neoliberal. De feito un tratado de política é pura socioloxía política.

As principais autoras e autores no desenvolvemento científico da ciencia política son:

  • Norberto Bobbio,
  • Robert A. Dahl,
  • Anne Phillips,
  • Max Weber e
  • Gabriel Almond,
  • Harold D. Lasswell,
  • John Rawls,
  • Hannah Arendt,
  • Maurice Duverger,
  • Iris M. Young.
  • Susan M. Okin,
  • Giovanni Sartori,
  • David Easton,

A punta de lanza da politicoloxía galega está representada por Ramón Máiz Suárez, en menor medida por Xosé Luís Barreiro Rivas, ou a revista Tempo Exterior editada polo IGADI Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.

En Galiza existe unicamente a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais na Universidade de Santiago de Compostela, onde se estuda o Grao en Ciencias Políticas e da Administración.

                                     

1. Concepto de política

O termo política non deixa de ser un termo controvertido e contraditorio, caracterizado por múltiples significados, positivos e negativos.

Existen dous tipos de definición de política, Maquiavélicas, que salientan o poder se relacionan cos aspectos negativos da política, e as Aristotélicas que se centran na lexitimidade, sendo estas as acepcións que se relacionan cos aspectos positivos da política. Todas as definicións de política parten dunha destas dúas vertentes:

Acepcións Maquiavelicas: asócianse con termos como poder e conflito. A política como unha actividade conflitiva ou incluso inmoral. O conflito predomina sobre a cooperación. Nestas acepcións vinculase política, conflito e poder. Sendo entón a ciencia política a ciencia que estuda as relación de poder.

As acepcións Aristotelicas: estas están asociadas ao ben común," a arte de facer felices os pobos” a cooperación. A política é unha actividade que nos converte en seres humanos” porque nos leva a empregar a palabra para tratar aquilo que nos afecta.

Vallés mestura as dúas vertentes dándolle tanto o valor de poder como o da lexitimidade. Lexitimidade e forza son as dúas caras do poder, a máis lexitimidade, menos forza; a menos lexitimidade máis forza para exercer o poder.

Vallés define a política como unha actividade, unha práctica colectiva, que realizan os membros dunha comunidade para regular os conflitos entre grupos cuxo resultado é a adopción de decisións entre grupos e a adopción de decisións que obriguen pola forza se fose necesario aos membros.

Por tanto falaremos de política sempre e cando haxa unha organización e un conflito ao que se lle busca unha solución gobernamental que atinxa a unha comunidade humana.

As académicas falan de tres dimensións da política, a saber, a política como estrutura, política como proceso e política como resultado.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →