Back

ⓘ Real Club Deportivo Fabril. O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Dépor B, é un equipo de fútbol galego centenario, filial do Deportivo da Coruña. F ..



                                     

ⓘ Real Club Deportivo Fabril

O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Dépor B, é un equipo de fútbol galego centenario, filial do Deportivo da Coruña. Fundouse o 21 de febreiro de 1914 e milita no Grupo 1 da Terceira División.

                                     

1. Historia

O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, despois de quedar segundo do seu grupo. Na primeira eliminatoria eliminou á SD Ponferradina, tocándolle como rival para a seguinte eliminatoria a Gimnástica de Torrelavega. O Fabril venceu por 2-1 na Coruña, mentres que en Torrelavega o resultado foi o mesmo pero gañando o equipo cántabro, polo que se tivo que xogar un partido de desempate. Este encontro disputouse dous días despois no Molinón de Xixón e o resultado foi de empate a 2. Xogouse entón un cuarto partido ao día seguinte para desfacer a igualdade e esta vez acabou en derrota do equipo coruñés, despois de que a Gimnástica remontase con dous goles no último minuto a diana inicial de Pito. Ricardo Badás era o adestrador daquel equipo e nel xogaban entre outros Antonio Giráldez, Manolete, Beci e Pellicer.

Foi nese momento cando o Fabril asinou un acordo definitivo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. Ademais nese intre o Fabril, que daquela estaba presidido por José González Dopeso, fusionouse co Deportivo Xuvenil e cambiou as cores da súa vestimenta ao branco e azul.

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador, despois de quedar cuarto na liga e saír vencedor do seu grupo da fase de ascenso, na que conseguiu superar ao Caudal Deportivo, CF Fuenlabrada e SD Almazán. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B. Na 1993-94 rematou segundo do seu grupo, a un punto do campión, o Bergantiños. Xogou entón a fase de ascenso quedando encadrado nun grupo co Atlético Bembibre, o Club Deportivo Lealtad e o Real Aranjuez, sendo este último o que conseguiu finalmente o ascenso.

Foi na tempada 1994-95 cando o Deportivo B volveu ascender a Segunda B, tras quedar cuarto na liga regular e ser o dominador do seu grupo na fase de ascenso, gañando 4 dos seis partidos que disputou contra os seus rivais, que foron Rayo Majadahonda, Atlético Bembibre e Caudal Deportivo. Ao ano seguinte, na que era a súa segunda tempada na categoría, o equipo acabou no quinto posto, e na edición seguinte, a 1996–97, conseguiu meterse na fase de ascenso, despois de rematar en cuarta posición. Quedou encadrado co Elche, Córdoba e Barakaldo pero só conseguiu gañar dous dos seis partidos. Na 1997–98 xogou de novo a liguiña de ascenso a Segunda División, tras rematar 3º. Enfrontouse ao Recreativo de Huelva, ao Espanyol B de novo ao Barakaldo, sendo este último o único ao que logrou vencer nun dos encontros.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. Xogou dúas novas fases de ascenso nas tempadas 2002-03 e 2003-04, pero non logrou ascender. Tampouco o conseguiu na 2005-06 a pesar de ter sido campión da categoría. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar o CD Anguiano e ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División. Xogou unha nova fase de ascenso na 2012-13 sen conseguir subir e na tempada seguinte acabou en 9ª posición. A continuación disputou outras tres promocións nas tres tempadas seguintes, acadando o ascenso na última delas, a 2016-17, na que foi campión e conseguiu vencer ao Club Polideportivo Cacereño no play off.

O 10 de xullo de 2017 o equipo recuperou o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril. Na primeira tempada da súa nova etapa en Segunda B, tivo como adestrador a Cristóbal Parralo, e dende outubro a Gustavo Munúa, despois de que Parralo se convertese en adestrador do primeiro equipo. O Fabril rematou ese ano subcampión do seu grupo e disputou a fase de ascenso, pero quedou eliminado na primeira eliminatoria fronte ao Extremadura UD. Foi con todo, o mellor resultado histórico do club.

Na tempada seguinte volveu descender á Terceira División despois dun mal ano no que o club tivo tres adestradores diferentes: Tito Ramallo, Sergio Pellicer e Luisito. Este último continuou na tempada 2019-20 na que o equipo ocupaba a sétima praza cando a liga foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.

                                     

1.1. Historia Nomes do club

  • Real Club Deportivo Fabril 2017–
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" 1993–2017
  • Fabril Sociedad Deportiva 1941–1964
  • Sporting Fabril 1926–1941
  • Fabril Foot-ball Club 1914–1926
  • Fabril Deportivo 1964–1993
                                     

2. Estadio

O Fabril xoga habitualmente no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

                                     

3. Datos do club

  • Promocións de ascenso a Segunda B: 14 6 ascensos
  • Clasificación histórica dos equipos filiais: 21º
  • Tempadas en 2ª: 0
  • Mellor resultado na liga: 2º 2ª B, tempada 2017-18
  • Tempadas en 3ª: 49 Incluída a 2019/20
  • Tempadas en Rexional: 6
  • Promocións de ascenso a Segunda: 3 0 ascensos
  • Tempadas en 2ªB: 11
  • Debut en Segunda B: 1991–92
                                     

4. Adestradores

  • Paco Melo 1988-1993
  • Carlos Ballesta 1995–1999
  • Manuel Neira 1961-1963
  • Chacho e Waldo Botana 1948
  • Gustavo Munúa 2017–2018
  • Manuel Neira 1953-1959
  • Rubén Coméndez interino 2017
  • José María Blanco Rodríguez 1999–2001
  • Luisito 2019–2020
  • Tito Ramallo 2001–2012
  • Alfonso Rico 1959-1960
  • Manuel Mosquera 2014–2016
  • Eduardo Toba 1952-1953
  • Sergio Pellicer 2018–2019
  • Benito Joanet 1971-1973
  • José Manuel Corral 1993-1995
  • Ricardo Badás 1963-1964
  • José López 1976-1977
  • José Luis Devesa 2012–2014
  • Tito Ramallo 2018
  • Arsenio Iglesias 1967-1970
  • Luis Rodríguez Vaz 1978-1981
  • Juan Carlos Valerón 2020–
  • Enrique Nieto "Henry" 1960
  • Rodrigo García Vizoso 1970-1971
  • Cristóbal Parralo 2016–2017
                                     

5. Palmarés

Torneos nacionais

  • Serie A 2: 1953/54, 1976/77
  • Fase Autonómica Galega da Copa RFEF 1: 1995/96
  • Subcampión da Copa Galicia 1: 1963
  • Copa Deputación da Coruña 4: 1994, 1997, 2001, 2019
  • Campionato Galego de Afeccionados 1: 1953/54

Torneos estatais

  • Subcampión da Terceira División 6: 1963–64, 1989–90, 1993–94, 1999–00, 2002–03, 2014–15
  • Subcampión da Segunda División B 1: 2017-18
  • Terceira División 4: 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2016–17

Torneos amigables

  • Trofeo Sporting Sada 1: 2009
  • Trofeo Concello de Cedeira 1: 2010
  • Memorial Esteban Lareo 1: 2015
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos 1: 2010
  • Trofeo de Vimianzo 1: 2010
  • Trofeo Cidade de Betanzos 1: 2009
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →