Back

ⓘ Premio Galicia en Feminino. Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galici ..



                                     

ⓘ Premio Galicia en Feminino

Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Os premios foron creados ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.

Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Así os definía Manuel Fraga:

                                     

1. Modalidades

As modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:

  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres.
  • Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres.
  • Distinción honorífica pola defensa da igualdade.
  • Premio á participación social das mulleres.
  • Premio á participación laboral das mulleres.

A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:

  • Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia.
  • Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria
  • Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas.
  • Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional.
                                     

2.1. Galardoadas Ano 2001

  • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Marina Mayoral, escritora, profesora e ensaísta.
  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra APEC
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres: grupo Leilía
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Natividad Marcotegui, directora do Centro Vagalume, de Santiago.
  • Premio á participación social das mulleres: Rosa Otero, presidenta da Asociación Antonio Noche, da Coruña.
                                     

2.2. Galardoadas Ano 2002

  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres: Luz Pozo Garza, poeta.
  • Premio á participación laboral das mulleres: María José Jove, vicepresidenta de Fadesa.
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Carmela Arias, condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Barrié de la Maza.
  • Premio á participación social das mulleres: Carmen Avendaño, coordinadora do centro Érguete.
  • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Ángela Rodicio, xornalista.
                                     

2.3. Galardoadas Ano 2003

  • Premio pola súa participación artístico-cultural: Teresa Portela, piragüista.
  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación de Mariscadoras Areal, presidenta Dolores Bermúdez.
  • Premio á participación social das mulleres: María Teresa Fernández Cabaleiro, presidenta da Asociación Juan XXIII.
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Manuela López Besteiro, ex conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
  • Premio pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Blanca García Montenegro, presidenta Grupo El Progreso.
                                     

2.4. Galardoadas Ano 2004

  • Premio Galicia en feminino: Ana Pastor, ministra de Sanidade.
  • Premio de comunicación: Marisa Real, directora de Club Faro de Vigo.
  • Premio de creación: Kina Fernández, deseñadora.
  • Premio de cooperación: Carmen Colmenero, presidenta de Cruz Vermella Galicia.
  • Premio de participación: Ana Míguez, presidenta da Asociación Alecrín.
                                     

2.5. Galardoadas Ano 2005

  • Premio de comunicación: Mariana Carballal, actriz e directora da serie Libro de familia.
  • Premio Galicia en feminino: Chus Lago, alpinista.
  • Premio de participación: Empresa PSA-Citröen.
  • Premio de creación: Toñi Vicente, cociñeira.
  • Premio de cooperación: Irene Cuervo, mestra directora do Centro de Día Ó Mencer, de Ferrol.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →