Back

ⓘ Consello da Cultura Galega. O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e ..



                                               

¡Maldito bastardo!

Fonsiño Tamar Novas escoita xunto a lareira a historia que lle contan os seus avós sobre o doutor Natalio Juanillo Esteban, un antigo habitante da aldea que se infectou por erro cun virus da súa propia creación. A súa única esperanza pasaba por crear un antídoto a partir dos fluídos corporais dun pailán.

                                               

Ánguidos

A dos ánguidos, Anguidae, é unha familia de réptiles escamosos. Caracterízanse pola atrofia das patas en numerosas especies, o que non quere dicir que estean directamente emparentados coas serpentes nin coas anfisbenas; trátase, pois, dun notábel caso de converxencia evolutiva. A súa área de distribución abarca as rexións do hemisferio norte do Vello e o Novo Mundo, América, Asia, Europa e África do Norte. A maioría das súas especies son terrestres, viven na follaxe e os detritos do solo dos bosques. Hai especies que son ovovivíparas, o cal é particularmente vantaxoso, como protección para ...

Consello da Cultura Galega
                                     

ⓘ Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo Sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

                                     

1. Presidencia

  • Carlos Casares 1996-2002
  • Xosé Filgueira Valverde 1990-1996
  • Alfonso Zulueta de Haz 2002-2006
  • Ramón Villares 2006-2018
  • Ramón Piñeiro 1983-1990
  • Rosario Álvarez Blanco 2018-

Coa excepción dos dous últimos, Ramón Villares e Rosario Álvarez, que foron escollidos polo Pleno do CCG, todos os demais presidentes ocuparon este posto debido á morte do anterior.

                                     

2. Institucións representadas no pleno

  • Museos de Galicia
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
  • Real Academia Galega de Ciencias
  • Real Academia Galega
  • Universidade da Coruña
  • Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
  • Fundación Rosalía de Castro
  • Universidade de Vigo
  • Seminario de Estudos Galegos
  • Fundación Barrié
  • Instituto da Lingua Galega
  • Fundación Penzol
  • Real Academia Galega de Belas Artes
  • Instituto de Estudos Xacobeos
                                     

3. Véxase tamén

Outros artigos

  • Álbum da Ciencia
  • Arquivo Sonoro de Galicia
  • Álbum de Mulleres
  • Álbum da JAE

Ligazóns externas

  • Consello da Cultura Galega
  • Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →