Back

ⓘ Premios Óscar. Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organiz ..



                                               

Premio Medioambiental Goldman

O Premio Goldman é un premio que se concede anualmente como recompensa a defensores da natureza e o medio ambiente, repartido en 6 categorías en función da zona xeográfica: África, Asia, Europa, as nacións insulares, América do Norte, América Central e América do Sur. O premio foi instituído en 1990 polos filántropos Richard N. Goldman 1920-2010 e Rhoda H. Goldman 1924-1996 para amosar que os problemas ambientais son internacionais, para dar atención pública a problemas globais de importancia crítica, para dar recoñecemento a individuos ordinarios que traballan para protexer e mellorar o m ...

                                               

Youn Yuh-jung

Youn Yuh-jung, nada en Kaesong o 19 de xuño de 1947, é unha actriz coreana, cunha carreira no cinema e na televisión que se estende máis de cinco décadas. Protagonizou numerosas series de televisión e filmes surcoreanos e recibiu recoñecemento internacional polo seu papel en Minari. Historia da miña familia. A súa aclamada interpretación de Soon-ja nese filme converteuna na primeira actriz coreana que gañou un Screen Actors Guild Award, un BAFTA e un Óscar, ademais de lograr outras candidaturas. A finais da década de 1960, Youn era unha actriz en alza en Corea do Sur e gañou varios premios ...

                                               

Gregg Toland

Gregg Wesley Toland, nado en Charleston, Illinois, o 29 de maio de 1904 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1948, foi un director de fotografía estadounidense, coñecido polo seu uso innovador da iluminación e técnicas como a profundidade de campo. En 2003 International Cinematographers Guild votou a Toland como un dos dez directores de fotografía máis influentes da historia xunto con James Wong Howe, Gordon Willis, Sven Nykvist, Vittorio Storaro e Vilmos Zsigmond.

                                               

Jaime de Armiñán

Jaime de Armiñán Oliver, nado en Madrid o 9 de marzo de 1927, é un escritor, novelista, autor teatral, director e guionista de cinema e televisión español.

                                               

Daniel Kaluuya

Kaluuya naceu en Londres de pais de Uganda. A súa nai, criouno nunha vivenda municipal de Camden Town, xunto cunha irmá máis vella. O seu pai vivía en Uganda e non tiveron contacto con el ata que cumpriu quince anos. Kaluuya asistiu á Torriano Primary School e ao St Aloysius College, Londres. Escribiu a súa primeira obra de teatro aos nove anos e posteriormente comezou a súa carreira na adolescencia no teatro improvisado. Posteriormente interpretou a Posh Kenneth nas dúás primeira temporadas da serie Skins, da que tamén coescribiu algúns episodios. Kaluuya foi especialmente eloxiado pola s ...

                                               

Imelda Staunton

Staunton naceu en Londres, filla única de Bridie McNicholas, peiteadora, e Joseph Staunton, obreiro e traballou na construción de estradas. A familia vivía sobre o salón de peiteado da súa nai. Os seus pais eran inmigrantes católicos de primeira xeración do condado de Mayo Irlanda. Animada por un mestre de oratoria da súa escola, Staunton participou en probas para escolas de arte dramática e entrou na Royal Academy of Dramatic Art RADA aos dezaoito anos, graduándose en 1976. O primeiro papel importante de Staunton no cinema foi no filme de 1986 Comrades. Comezou a recibir atención internac ...

                                               

Hardy Krüger

Franz Eberhard August Krüger, nado en Wedding, Berlín o 12 de abril de 1928, é un actor e escritor alemán, que apareceu en máis de sesenta filmes dende 1944. Tras converterse nunha estrela en Alemaña na década de 1950, Krüger tivo cada vez máis papeis en filmes internacionais como Hatari!, O voo do Fénix ou Barry Lyndon.

Premios Óscar
                                     

ⓘ Premios Óscar

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.

Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy para música, os Premios Emmy para televisión e os Premios Tony para teatro, foron adaptados tralos Premios da Academia.

                                     

1.1. Cerimonia Cerimonias

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.

                                     

2. Principais premiados

Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:

                                     

3.1. Categorías ó mérito Categorías actuais

No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes drama e comedia. Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías drama e comedia/musical. Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en color. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.

Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 cando gañou Purple Rain.

                                     

3.2. Categorías ó mérito Categorías propostas

O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:

  • Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005; rexeitada en 2011
  • Mellor casting: rexeitado en 1999
  • Mellor deseño de título: rexeitado en 1999
                                     

4. Categorías especiais

Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.

Categorías especiais anuais

  • Óscar Gordon E. Sawyer: dende 1981
  • Óscar científico e técnico: dende 1931
  • Óscar honorífico: dende 1929
  • Premio en memoria de Irving G. Thalberg: dende 1938
  • Premio Humanitario Jean Hersholt: dende 1956

Categorías especiais desaparecidas

  • Óscar á contribución especial: 1972 ata 1995
  • Óscar xuvenil: 1934 ata 1960
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →