Back

ⓘ Partido dos Socialistas de Galicia. Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia. O Par ..



                                               

Dubravka Ugrešić

Ugrešić naceu en 1949 en Kutina Croacia, entón Iugoslavia. Estudou Literatura comparada e Lingua e Literatura rusa na Universidade de Zagreb, compaxinando os seus estudos coa súa actividade como escritora. A súa novela máis coñecida na antiga Iugoslavia foi Štefica Cvek u raljama života Estefi nas fauces da vida, unha irónica novela posmodernista que xoga libremente cos clichés e os estereotipos da literatura e a cultura triviais. A novela foi un éxito inmediato e foi levada ao cine en 1984 baixo o título U raljama života, película dirixida por Rajko Grlić. En 1989, Ugrešić uniuse á Asocia ...

Partido dos Socialistas de Galicia
                                     

ⓘ Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.

O Partido dos Socialistas de Galicia é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

                                     

1. Historia

Tiña 25.423 militantes ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.

Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixe a formación dende o 24 de abril de 2009 ata 2013. Dende entón, o secretario xeral é José Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso das Torres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.

O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia XSG.

O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.

                                     

2. Secretarios xerais

  • Emilio Pérez Touriño 1998-2009
  • Pachi Vázquez 2009-2013
  • Comisión Xestora 2016-2017
  • Francisco Vázquez Vázquez, 1ª vez 1977-1985
  • Antolín Sánchez Presedo 1985-1993
  • José Ramón Gómez Besteiro 2013- 2016
  • Gonzalo Caballero Dende 2017
  • Francisco Vázquez Vázquez, 2ª vez 1993-1998
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →