Back

ⓘ Partido Popular de Galicia. O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no C ..



                                               

Fisiograma

Un fisiograma, popularmente coñecido como light painting, lightpainting ou pintura de luz, é unha técnica creada en 1889, é o rexistro fotográfico da traxectoria dunha fonte luminosa en movemento nun ambiente con pouca luz. Existen dúas maneiras de realizar un fisiograma, cando tomamos unha fotografía do movemento dun feixe de luz coa cámara nun punto fixo, ou cando facemos movementos de cámara sobre un punto de luz fixa. As exposicións poden durar desde un segundo a varios minutos, dependendo das opcións da cámara fotográfica. A técnica fotográfica consiste en mover unha fonte de luz ment ...

                                               

Lista dos discos máis vendidos

Esta é unha lista dos discos máis vendidos do mundo de música gravada. Para aparecer na lista, a cifra debe ser publicada por unha fonte fiable e o álbum debe vender polo menos 20 millóns de copias. Esta lista pode conter calquera tipo de álbum, incluíndo álbum de estudo, reprodución estendida, grandes éxitos, recompilacións, varios artistas, bandas sonoras e remixes. As cifras dadas non teñen en conta a revenda dos álbums usados. Todos os álbums incluídos nesta lista teñen as súas cifras de reclamación dispoñibles soportadas polo menos nun 30% en copias certificadas. A cantidade porcentua ...

Partido Popular de Galicia
                                     

ⓘ Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

                                     

1. Ideoloxía

O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo até o nacionalismo español. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro e con raíces cristiás.

                                     

1.1. Ideoloxía Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal

O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por ex ministros franquistas: Reforma Democrática Manuel Fraga Iribarne, Acción Rexional Laureano López Rodó, Acción Democrática Española Federico Silva Muñóz, Democracia Social Licinio de la Fuente y de la Fuente, Unión del Pueblo Español Cruz Martínez Esteruelas, Unión Social Popular Enrique Thomas de Carranza, Unión Nacional Española Gonzalo Fernández de la Mora e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendencia liberal-conservadurista do seu partido.

                                     

1.2. Ideoloxía Ideoloxía do PPdeG na actualidade

Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña, Xesús Palmou ou o propio presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro, destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo expresidente estatal Mariano Rajoy ou o expresidente do goberno español José María Aznar. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal como europeo do Partido Popular.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →