Back

ⓘ Premios Mestre Mateo. Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Acade ..



Premios Mestre Mateo
                                     

ⓘ Premios Mestre Mateo

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual, os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.

O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co Mestre Mateo.

                                     

1. Historia

Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes AGAPI era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.

No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.

                                     

2. Récords

  • Filme máis nomeado: "Os mortos van á présa" en 2008 con 20 nomeamentos. O segundo é Dhogs en 2017 con 17.
  • Director máis nomeado: Jorge Coira con 7 nomeamentos.
  • Actriz máis premiada: María Bouzas con 4 premios.
  • Serie de TV máis nomeada nunha edición: "Matalobos" en 2011 con 15 nomeamentos.
  • Filme máis premiado: Dhogs en 2017 con 13 premios. O segundo é O descoñecido en 2015 con 12 premios.
  • Serie de TV máis premiada nunha edición: "As leis de Celavella" en 2005 con 10 premios.
  • Actor máis premiado: Luís Tosar con 9 premios.
  • Actor máis nomeado: Antonio Durán "Morris" con 18 nomeamentos.
  • Director máis premiado: Jorge Coira con 4 premios.
  • Actriz máis nomeada: María Bouzas con 8 nomeamentos.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →