Back

ⓘ Partido Comunista do Pobo Galego. O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado ..



                                               

Proba rápida de antíxeno COVID-19

As probas rápidas de antíxeno COVID-19, tamén chamadas probas de fluxo lateral COVID-19, son probas rápidas de antíxenos empregadas para detectar a infección por SARS-COV-2. Son rápidos de implementar cun adestramento mínimo, ofrecen importantes vantaxes de custo, custando unha fracción doutras formas de probas COVID-19 e dan aos usuarios un resultado dentro de 5-30 minutos. Non obstante, teñen unha alta taxa de falsos negativos. As probas rápidas de antíxenos úsanse en varios países como parte das probas masivas ou enfoques de selección de toda a poboación. Crese que son valiosos para ide ...

                                     

ⓘ Partido Comunista do Pobo Galego

O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista PC, antecesor do que logo foi o PCPE.

Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao Senado en 2008, onde presentaron candidatura pola provincia de Ourense, e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos. En 2008 rompeu co PCPE, deixando de ser o seu referente en Galiza.

En 2011 e 2012 o PCPG participou no Foro pola Unidade Comunista Galega, un intento de unificar o independentismo comunista galego, xunto co maoísta Ateneu Proletário Galego e a organización leninista clásica Forxa. Esta iniciativa non prosperou, e a partir de 2014 o PCPG comezou a acercarse cada vez máis ao Bloque Nacionalista Galego BNG. Nas eleccións europeas dese ano o partido pediu o voto para a coalición Os Pobos Deciden, integrada polo propio BNG e os vascos Euskal Herria Bildu. Nas eleccións locais de 2015 o PCPG volveu pedir o voto para o BNG e participou nalgunhas das súas candidaturas locais Nas xerais do mesmo ano o partido formou parte da coalición Nós-Candidatura Galega, co BNG e outros pequenos partidos. O líder do PCPG, Xosé Collazo, foi candidato ao Senado de España pola Provincia de Pontevedra, candidatura que obtivo 31.375 votos 2.08% do total. A nivel local o partido tamén ten apoiado á candidatura Alternativa Canguesa de Esquerdas.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →