Back

ⓘ Deportivo da Coruña, hóckey a patíns. A sección de hóckey a patíns do Deportivo da Coruña foi creada en 1942 e estivo activa ata 1979. Foi o primeiro equipo gal ..



Deportivo da Coruña (hóckey a patíns)
                                     

ⓘ Deportivo da Coruña (hóckey a patíns)

A sección de hóckey a patíns do Deportivo da Coruña foi creada en 1942 e estivo activa ata 1979.

Foi o primeiro equipo galego de hóckey a patíns, deporte que introduciu na Coruña José María Sastre, que foi tamén o primeiro adestrador do equipo. Gañou cinco campionatos de Galicia e foi o primeiro equipo galego en disputar a Copa de España. Na súa última tempada de existencia, a 1978/79 xogou en Primeira División segunda categoría do hóckey español, despois de lograr o ascenso o ano anterior.

                                     

1. Historia

O hóckey a patíns foi introducido en Galicia polo catalán José María Sastre, cando este cumpría o seu servizo militar na Coruña, onde fixo amizade con Vicente Cucarella, director técnico das seccións do Deportivo da Coruña. Así o 2 de maio de 1942 disputouse o primeiro partido deste deporte en Galicia, no que se enfrontaron o Deportivo e o Sporting Club Casino, na sede deste, o Leirón. O equipo branquiazul formou con Jorge Doncel na portería, Eladio Rodríguez "Lalacho" na defensa, e Luis Baamonde, Sastre e Antonio López na dianteira, e gañou o partido por 6-7. Realizou o saque de honor Rosario Allones, famosa xogadora de hóckey herba do Ártabro e ao remate, o gobernador civil Emilio Aspe entregou unha copa aos vencedores.

En 1944 o equipo proclamouse campión de Galicia, nunha primeira edición do campionato no que superaron ao equipo da Educación y Descanso 2º, o equipo de hóckey do falanxista Frente de Juventudes 3º, a sección de hóckey do Liceo de Monelos 4º, o Círculo Mercantil de Santiago 5º e o Club de Mar 6º. A vitoria no campionato deulle ao equipo a clasificación para a primeira edición da Copa do Xeneralísimo, onde lle tocou enfrontarse en cuartos de final ao Patín Club de Barcelona. O club galego desprazouse a Cataluña para xogar a eliminatoria, caendo derrotado por 11-0 e quedando eliminado. O equipo do Deportivo naquel partido estivo formado por Amaro Rivero, Manuel Ponte, Fernando Solórzano, Antonio López e Waldo Mourelo, con Roberto González como suplente.

En 1945 o Deportivo repetiu título galego e xogou a segunda edición da Copa do Xeneralísimo, onde logrou as súas primeira vitorias nacionais, derrotando en cuartos de final ao equipo de hóckey do Atlético Aviación, tanto na ida en Madrid 4-5 como na volta na Coruña 7-3, nun partido disputado na Rotonda de Riazor cunha gran afluencia de público. Con todo, o club coruñés renunciou a asistir á fase final disputada en Reus, onde debería competir xunto a tres equipos cataláns.

O club tardou oito anos en volver levantar un título de campión galego. Conseguiuno en 1953, tras rematar invicto o campionato, superando por 2 puntos ao CD Santa Lucía. Formaban o equipo Germán Novo, José Fontenla, Gutiérrez, José González, Julio Ramón Morán e os polivalentes Fernando Bremón e Antonio González, que practicaban varios deportes máis como atletismo e fútbol.

Non volveu gañar ningún título ata 1967, cando obtivo o seu cuarto campionato galego, clasificándose con el por primeira vez para a Liga Nacional, onde remataron en sétima posición. Dous anos despois o equipo logra o seu quinto e último campionato galego, tras derrotar ao Dominicos no partido decisivo. Entre 1969 e 1972 a estrutura de hóckey do club pasa a formar parte do Club Unión Sportiva, presidido ao igual que o Deportivo por Antonio González.

O hóckey volveu ao club de xeito intermitente nos seguintes anos e na tempada 1977/78 o Deportivo, adestrado por Venancio Parga e con xogadores como o histórico José Luis Abeledo, proclamouse campión da fase galega da Segunda División, logrando o ascenso á Primeira División segundo nivel do hóckey español. O 17 de marzo de 1979 o equipo foi testemuña directa dun feito histórico para a cidade, ao ser derrotado polo Liceo por 9-5, vitoria coa que o club verdibranco logrou o ascenso á División de Honra. O equipo deportivista formou aquel día con Dagoberto Moll Jr., Juan Carlos Carrera, Javier Lago, Fidel Cortijo, Diego Lazo Pikolo, Raúl Elícegui, Pancho Amado e como porteiro suplente Alberto Galmán. Dúas semanas despois, o 31 de marzo, o Deportivo xogou o seu derradeiro partido oficial, na última xornada de liga fronte ao Ingenieros de Bilbao, con vitoria galega por 5-2 e goles de Fidel Cortijo 2, Javier Lago, Pikolo e Raúl Elícegui.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →