Back

ⓘ Lista de monarcas de Galicia. A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma ano 409 o goberno da p ..



Lista de monarcas de Galicia
                                     

ⓘ Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.

                                     

1. Reis suevos de Galicia 409-585

Primeira liñaxe real 409-456

  • Hermerico 409-438.
  • Requila 438-448.
  • Requiario 448-456.

Reis durante a Guerra Civil Sueva 456-469

  • Aguiúlfo 456-457. Dominando a parte norte.
  • Requimundo 459-463
  • Frantán 456-457. Dominando a parte sur.
  • Maldras 457-459
  • Frumario 459-463
  • Remismundo 459-469; este último reunifica o reino no 463

Período Escuro 469-550

  • Hermenerico
  • Veremundo c. 485
  • Teodemundo

Período final da monarquía sueva 550-585

  • Eborico tamén chamado Eurico 583-584
  • Carriarico 550-559
  • Andeca 584-585
  • Teodomiro 559-570
  • Miro ou Mirón 570-583
                                     

2. Reis visigodos de Galicia, Septimania e España

Pese o cesamento dos monarcas suevos polos reis visigodos ano 585, Galicia continúa a ter unha condición diferente do resto de provincias visigodas peninsulares, tal é o caso que a documentación visigoda denota tres entidades políticas, Galicia Gallaecia, España Hispania e Septimania derivadas da antiga condición política destas. Así, o estado visigodo conformouse de tres antigos reinos, chegando o caso de que Galicia e España estean rexidos por diferentes reis, como o caso de Éxica e Vitiza.

  • Chintila 636-639.
  • Suintila 621-631.
  • Sisebuto 612-621.
  • Rodrigo 710-711.
  • Recaredo II 621.
  • Leovixildo 585-586.
  • Ervixio 680-687.
  • Recesvinto 653-672.
  • Liuva II 601-603.
  • Vamba 672-680.
  • Sisenando 631-636.
  • Éxica, 687-698 deixa de gobernar Galicia no 698, asociando como rei ao seu fillo Vitiza.
  • Tulga 639-642.
  • Chindasvinto 642-653.
  • Recaredo 586-601.
  • Gundemaro 610-612.
  • Vitiza, rei de Galicia entre os anos 698 e 702, e rei ademais da Septimania e España 702-710
  • Viterico 603-610.
                                     

3. Señores con atribución reais na Galicia altomedieval

  • Froila I 757-768.
  • Afonso I 739-757. Descoñécese a extensión dos seus dominios.
  • Paio?-737. Gobernou apenas o oriente asturiano, o chamado regnum asturorum.
  • Fávila 737-739. Señoreou efemeramente o mesmo territorio que o seu predecesor.

Os reis "usurpadores" 768-791

  • Vermudo I 789-791.
  • Aurelio 768-774.
  • Silo 774-783.
  • Mauregato 783-789.
                                     

4. Reis con sede na cidade de Oviedo

Consolidado o poder rexio, Afonso II ordena establecer a corte do reino no modesto lugar de Oveto, na rexión de Asturias, centro-norte do reino da Galicia altomedieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar por Afonso II, dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cesamento ano 910.

  • Afonso II 791-842.

A dinastía dos Ramírez 842-910

  • Ordoño I 850-866.
  • Afonso III O Magno 866-910.
  • Ramiro I 842-850.
                                     

5. Reis con sede na cidade de León

Se con Afonso III o vello campamento romano de Legio León comezou a adquirir relevancia en detrimento do antigo Oveto Oviedo, baixo o goberno dos seus herdeiros consolidouse definitivamente como sede rexia dos monarcas da Galicia altomedieval. Será primeiramente García I, fillo de Afonso III en exercer o poder real dende a nova capital. Dende entón, os reis galaicos deixarán de empregar o título de reis ovetenses polo de legionenses a razón da súa sede na cidade de León.

  • Ordoño II 914-924. Dende o 910 gobernou o territorio galego en calidade de dominus señor.
  • García I 910-914.
  • Froila II 924-925, irmán de Ordoño II.
  • Afonso Froilaz 925-926, fillo de Froila II.

A dinastía dos Ordóñez 910-1037

  • Ramiro II 931-951.
  • Sancha 1037-1069 e o rei consorte Fernando I 1037-1065.
  • Ordoño IV o Mao 958-959.
  • Sancho Ordóñez 925-929, primoxénito de Ordoño II.
  • Vermudo III 1028-1037.
  • Ramiro III 966-982.
  • Afonso IV O Monxe 929-931.
  • Ordoño III 951-956.
  • Vermudo II 982-999.
  • Afonso V 999-1028.
  • Sancho o Gordo 956-958 e 960-966.


                                     

6. Reis de Galicia co condado portucalense

A repartición territorial dos fillos de Sancha e Fernando supuxo a creba do tradicional espazo político da Galicia altomedieval, e a formación de dous novos reinos, Castela e León. Así, o territorio coñecido como Reino de Galicia viuse reducido ás terras galegas - incluíndose nelas o condado portucalense -, se ben o termo Galicia seguirá a ser empregado para designar o conxunto dos tres reinos, mais perdendo paseniñamente a súa significación política.

Dinastía Ximena ou de Navarra 1065-1111

  • Afonso VI 1073-1109. Rei en León desde 1067, regresa do exilio en 1073 para gobernar, Galicia, León e Castela. Rei tamén de Toledo desde 1085.
  • Sancho II 1071-1072. Rei en Castela desde 1067, logra apresar ao seu irmán, García II, facéndose rei tamén de Galicia desde 1071 de León desde 1072.
  • García II 1065-1071. Reinou en Galicia até o seu apresamento en 1071, conservando o título real até a súa morte ano 1090.
  • Dona Urraca 1109-1126.

Dinastía de Borgoña

  • Afonso VII 1111-1157. No 1111 é coroado rei de Galicia en Compostela, herdando de Urraca ano 1126 os reinos de León, Castela e Toledo.


                                     

7. Reis de Galicia e León

Á morte de Afonso VII ano 1157 divide as súas posesións entre os seus fillos. Así, mentres Fernando herda os reinos de Galicia e León, o seu irmán herda os reinos de Castela e reino de Toledo. Cabe subliñar que o territorio do Reino de Galicia se viu de novo reducido ano 1128, ano no que Afonso Henriques gaña a independencia do condado portucalense, conformándose como un novo reino e deixando, por tanto, de pertencer ao reino galego.

  • Fernando II 1157-1188.
  • Afonso VIII 1188-1230.
                                     

8. Reis de Galicia-León e Castela-Toledo

  • Fernando III O Santo 1230-1252. Rei de Castela e Toledo dende 1217, á morte do seu pai en 1230, arrebata reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás Sancha II e Aldonza.
  • Sancho IV 1284-1292.
  • Fernando IV 1295-1296 e 1300-1312.
  • Afonso X o Sabio 1252-1284.
                                     

9. Reis de Galicia-León e Castela-Toledo

  • Pedro I O Xusticeiro 1350-1369.
  • Afonso XI 1312-1350.

Dinastía Trastámara

  • Henrique de Trastámara 1369-1379.
  • Henrique III 1390-1406.
  • Xoán II 1406-1454.
  • Xoán I 1379-1390.
  • Henrique IV 1454-1474.
  • Sabela A Católica 1474-1516.

Dinastía de Borgoña Portugal

  • Fernando I de Portugal, reclamou o reino de Galiza e León despois do asasinato de Pedro I de Castela e a submisión de varias cidades galegas e leonesas a Portugal 1369-1373.

Casa de Lancaster

  • Xoán de Gante, dominou todo o Reino de Galiza sen apenas resistencia militar 1386.

Dinastía de Avís

  • Afonso V de Portugal e Xoana de Castela, a Beltranexa, aclamados de iure reis de Galiza en 1475, viron as súas pretensións ao trono castelán desbaratadas na batalla de Toro 1479.
                                     

10.1. Véxase tamén Bibliografía

  • González López, Emilio 1978: Grandeza e Decadencia do Reino de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-303-6.
  • Villacañas Berlanga, José Luis 2006: La formación de los reinos hispánicos. Pozuelo de Alarcón: Espasa Calpe. ISBN 84-670-2257-4.
  • Carballeira Debasa, Ana María 2007: Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientifícas. ISBN 978-84-00-08576-6.
  • Rodríguez Fernández, Justianiano 1997: García I, Ordoño II, Fruela II, Alfonso IV. Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-920046-8-1.
  • López Carreira, Anselmo 2005: O Reino medieval de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
  • Portela Silva, Ermelindo 2001: "García II de Galicia, el rey y el reino 1065-1090". Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-89915-16-4.
  • Thompson, E. A. 2002: Romans and barbarians: the decline of the Western Empire. Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-299-08704-3. en inglés
  • García Oro, José 1987: Galicia en los siglos XIV y XV. A Coruña: Fundación "Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa". ISBN 84-85728-59-9.
  • López Carreira, Anselmo 2003. Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
  • De la Gándara, Felipe 1677: Nobiliario, armas y triunfos de Galicia". Madrid: Julian de Paredes.
  • Torres Rodríguez, Casimiro 1977: El Reino de los Suevos. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña. ISBN 84-85319-11-7.
  • Fletcher, Richard A. 1984: Saint Jamess catapult: the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. ISBN 978-0-19-822581-2. en inglés


                                     

10.2. Véxase tamén Outros artigos

  • Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza de Bretaña
  • Vicerrei de Galicia
  • Lista de condes de Galicia
  • Galería de miniaturas de reis de Galicia
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →