Back

ⓘ 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago ..



                                     

ⓘ 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

                                     

1. Descrición

Inspirada en A History of the World in 100 Objects do British Museum, estivo comisariada por Manuel Gago Mariño e contou coa colaboración de Afundación e ABANCA.

O libro-catálogo, editado e presentado por Ramón Villares Paz e coordinado por Manuel Gago, inclúe unha fotografía de cada peza e un artigo sobre cada unha delas, de varios autores, entre eles: Felipe Criado Boado, Xurxo Ayán, Ermelindo Portela Silva, Henrique Monteagudo, Alfredo Erias, Anselmo López Carreira, Pegerto Saavedra, Francisco Díaz-Fierros, Anxo Angueira, Olivia Rodríguez, Pilar Cagiao, Henrique Alvarellos, Comba Campoy, Miguel Anxo Seixas Seoane, Xavier Queipo, María Luisa Sobrino, Xusto Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manoel Núñez Seixas, Ramón Máiz, Manuel Gago, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Xosé Ramón Pousa, Emilio Pérez Touriño e María Xosé Porteiro.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • Villares Paz, Ramón, ed. 2016. 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura. CCG. ISBN 978-84-92923-71-7.

Outros artigos

  • Galicia no tempo
  • A History of the World in 100 Objects British Museum
  • Gallaecia Petrea
  • Galicia, un relato no mundo

Ligazóns externas

  • "100 Galicia cen". Consello da Cultura Galega.
  • "Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura galería fotográfica". Faro de Vigo. 4/10/2016.
  • Gago Mariño, Manuel 25/4/2016. "Galicia 100: un gran proxecto para contar a cultura galega". manuelgago.org.
  • Blanco, F. "Exposición "Galicia 100 obxectos para contar unha cultura galería fotográfica". El Correo Gallego.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →