Back

ⓘ Deportivo da Coruña Feminino. O Deportivo da Coruña feminino, que ten por nome oficial Real Club Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio, é a sección de fútbo ..



Deportivo da Coruña Feminino
                                     

ⓘ Deportivo da Coruña Feminino

O Deportivo da Coruña feminino, que ten por nome oficial Real Club Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio, é a sección de fútbol feminino do Deportivo da Coruña, club de fútbol galego da cidade homónima. Xoga na Primeira División, logo de ascender na tempada 2018–19.

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo, desaparecendo en 1988 por problemas económicos.

A sección feminina foi recuperada en 2016, vindo precedida dunha campaña de sinaturas en prol da súa recuperación.

                                     

1.1. Historia Karbo Deportivo 1983-1988

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do exitoso Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo. Despois de conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, chegouse a un acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo. A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo, e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor - no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores -. A entrada ós partidos que xogaba o Karbo Deportivo como local tamén era gratuíta para os socios do R.C. Deportivo.

Antes da unión co Deportivo, o Karbo xa gañara a primeira Copa da Raíña oficial organizada pola Real Federación Española de Fútbol en 1983, e mais a Copa Raíña Sofía de 1981, precedente oficioso do devandito campionato, no que venceu na final contra o Risco 2-1, con remontada e dous goles de Lis Franco Trala absorción obtería dous títulos máis en 1984 e 1985.

Durante os anos 1980 o equipo coruñés foi un referente en toda España. En Galicia o único capaz de facerlles fronte era o Celta Mayador. O seus encontros tiñan lugar na Copa Galicia e na Liga Galega. O equipo coruñés fíxose coas cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988, así coma unha Copa galega, mentres que o Celta se levou a copa galega en 1984. A nivel internacional disputaron múltiples torneos, destacando en dúas ocasións o Torneo das Sete Nacións, logrando o subcampionato en 1980 fronte ó Borussia Mönchengladbach cun resultado de 2-1 o cal se disputou en Olivet, Orleáns Francia.

Naquela época, o Estadio de Riazor rexistrou entradas de milleiros de espectadores Acadaron gran repercusión dos medios en España por vencer a un equipo masculino, o Laracha F.C. cun resultado de 4 a 2. A sección disolveuse ano 1988, un ano antes de que se crease a Liga Nacional Feminina, debido ós problemas económicos que atravesaba o R.C. Deportivo, sumido nunha débeda asfixiante e co equipo masculino ó bordo do descenso a Segunda División B, así coma un incremento dos gastos pola crecente profesionalización do fútbol feminino. Moitas xogadoras tiveron que retirarse, outras ficharon por equipos cataláns ou asturianos, e algunhas derivaron ó fútbol sala.

Posteriormente á desaparición da sección feminina o R.C. Deportivo mantivo dúas xogadoras no seu cadro, Inma Castañón e Ángeles Olmo, co propósito de que puidesen prepararse para os seus partidos coa selección española.

                                     

1.2. Historia Campaña para a recuperación da sección

En 2013, co motivo da celebración do I Trofeo Teresa Herrera Feminino, fíxose unha homenaxe á desaparecida sección feminina, ás súas xogadoras, adestradores etc. En decembro dese mesmo ano, Tino Fernández incluíu a recuperación do equipo entre as intencións da súa candidatura á presidencia do club.

En 2015 emprendeuse a recollida de ata 10 000 sinaturas solicitando ó Deportivo de la Coruña a recuperación do equipo feminino, entre as sinaturas, destacaba da futbolista compostelá Vero Boquete. Tamén se lanzou un documental titulado Karbo, escola de fútbol dirixido por Óscar Losada. Ese ano o Deportivo anunciou que recuperaría a sección feminina. Aconteceu finalmente en 2016 logo dun acordo co Orzán SD polo cal a súa estrutura de fútbol feminino a nivel sénior foi transferida ao Deportivo

                                     

1.3. Historia Debut 2016/2017

O equipo deu os seus primeiros pasos no verán de 2016 empregando a denominación xenérica do club, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D., aínda que sendo coñecido popularmente como Deportivo feminino. Contaría cun cadro composto por xogadoras dos principais equipos coruñeses e algunhas das mellores promesas do fútbol galego Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou Raquel Béjar. A través da profesionalización, a idea era crear un bloque novo co que ir medrando ata acadar o grande obxectivo da entidade, o ascenso a Liga Iberdrola.

O debut tivo lugar o 30 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo nun amigable contra o Portonovo S.D. 4-0.

Durante a pretempada, o Dépor disputou a Copa Deputación da Coruña, torneo que reúne os mellores equipos clasificados da provincia a tempada anterior. Acadou o título logo de gañar todos os partidos con solvencia, incluída a final ante o S.D. O Val 7-0, deixando entrever o potencial do novo proxecto. Ese mesmo verán o equipo xogou o seu primeiro partido en Riazor para disputar a IV edición do trofeo Teresa Herrera; torneo que sumaron ao seu palmarés ao derrotaren nos penaltis ao Villarreal.

O primeiro partido oficial do club foi ante o Oviedo Moderno actual Real Oviedo no Estadio Ponte dos Brozos de Arteixo o 4 de setembro de 2016 0-0.

A tempada regular foi dominada polas favoritas a priori, o Real Oviedo. As branquiazuis aguantan o tirón e a metade de ano reforzáronse coas primeiras xogadoras internacionais as venezolanas Gabriela García "Gaby" e Lourdes Moreno "Kika" pero as ovetenses non cederon e leváronse finalmente o campionato. As herculinas acadaron na súa primeira tempada un meritorio segundo posto, superando a clubs con máis experiencia e bagaxe na competición.



                                     

1.4. Historia Consolidación 2017/2018

Esta tempada o equipo pasou a chamarse Deportivo ABANCA tras un acordo coa entidade bancaria de 4 anos de duración. A segunda tempada arrincou cos mesmos obxectivos. O club reforzouse con xogadoras con nome na categoría e que incluso xogaran na Primeira división Iris Arnaiz ou Ainize Barea "Peke" para dotar o cadro de xogadoras de experiencia e afrontar con garantías os encontros máis intensos do ano, pasando a contar con 5 xogadoras profesionais. Ademais de sumar á causa algunhas das xogadoras galegas máis prometedoras Laura Vázquez ou Patricia Díaz.

En pretempada, o Dépor volveu gañar a Copa Deputación ante o Victoria C.F. 3-0.

A competición ligueira igualouse e foi un cara a cara entre o Dépor e o Real Oviedo desde a primeira xornada. Ambos os equipos contaron os seus partidos por vitorias e ningún mostrou síntomas de debilidade. Foi tal a igualdade que a liga se decidiu a falta de catro xornadas, nun dramático encontro entre ambas as entidades no que as coruñesas, con todo a favor, sucumbiron na casa ante as asturianas 0-2, perdendo así todas as opcións de loitar polo ascenso a Primeira división.

A pesar da decepción, o equipo rematou a tempada no alto facéndose coa Copa Galicia fronte ás viguesas do Atlántida Matamá 4-0.

                                     

1.5. Historia Consagración e ascenso a Liga Iberdrola 2018/2019

O terceiro ano afrontouse coa experiencia dos triunfos e as derrotas. O club deu un paso máis e fichou xogadoras do talle de Alba Merino, Ali Muñoz ou Maya Yamamoto, futbolistas cun gran percorrido profesional na máxima categoría nacional.

O salto de calidade comezou a apreciarse na Copa Deputación onde o equipo volveu a saír vencedor, de novo, ante o Victoria C.F. 4-0.

A tempada regular iniciouse cun empate na casa 2-2 ante o PM Friol CD Lugo que prendeu todas as alarmas e vaticinou un novo ano á estela dun Real Oviedo que domina no grupo 1 de Segunda división pero non acada o ansiado ascenso. Porén, o equipo dirixido por Manu Sánchez pisou o acelerador e encadeou 23 vitorias consecutivas, unha delas no campo das favoritas 1-3 que serviu para redimirse do tropezo sufrido meses atrás. Ante este nivel de esixencia cada semana o Real Oviedo rematou por ceder. O Dépor fíxose co seu primeiro campionato de liga o 31 de marzo de 2019 ao golear por cinco goles a cero ao Sárdoma C.F., con tantos de Peke 2, Gaby, Patri López e Tere Abelleira. Obtivo así o seu primeiro pase á fase de ascenso a Primeira división 30 anos despois, escribindo unha nova folla de ouro na historia do club e do fútbol feminino coruñés.

O equipo cruzouse na primeira fase do playoff de ascenso a Liga Iberdrola co Alhama CF, ao que gañou a domicilio grazas a un gol de Maya Yamamoto, sentenciando a eliminatoria no partido de volta cun contundente 5-1 ante un cheo histórico na Cidade Deportiva de Abegondo. Na segunda fase do playoff o Deportivo ABANCA enfrontouse ao CD Femarguín, ao que venceu 2-0 na casa e 1-4 a domicilio, acadando así o ascenso a Liga Iberdrola o 19 de maio de 2019.

                                     

1.6. Historia O Deportivo en Primeira División 2019-

Para a súa estrea na Primeira División o Deportivo reforzou a súa portería con xogadoras con experiencia na máxima categoría, como Esther Sullastres que se recuperaba dunha longa lesión, e María Isabel Rodríguez suplente no Atlético de Madrid que acababa de gañar a liga. Tamén Noelia Villegas proviña desta categoría e viña a reforzar a defensa. O resto das súas incorporaciónes foron xogadoras novas con proxección. Foi o caso de María Méndez, campioa do mundo sub-17. A derradeira fichaxe do Deportivo na pretempada foi a dianteira Athenea del Castillo, internacional sub-19, tras unha dura disputa co CDE Racing Féminas.

Nesta pretempada 2019-20 o Deportivo programou dous amigábeis con equipos de Primeira División, para prepararse para un salto de nivel que se outros anos fora considerable, este ano prometía ser aínda maior trala intensa campaña de fichaxes internacionais realizada polos equipos de primeira. Nestes partidos as branquiazuis sufriron contundentes derrotas, 1-5 co U.D.G. Tenerife e 0-2 co Madrid C.F.F. Non obstante, o 8 de setembro de 2019 as nosas estreáronse cunha vitoria ante o R.C.D. Español 3-1, sendo o primeiro equipo que se estreaba cunha vitoria na máxima categoría dende o Fundación Albacete na temporada 2014-15. O equipo continuou sumando vitorias e mantívose invicto durante as primeiras sete xornadas, ocupando o segunda praza ata o partido da xornada 8 fronte ao Atlético de Madrid, cando volveu perder un partido oficial, cousa que non ocorría dende marzo de 2018, un ano e medio antes. Nos partidos como local, esta xeira prolongouse ata a xornada 19. Finalmente a irrupción da pandemia de coronavirus provocou o final abrupto da competición cando o equipo ocupaba a cuarta posición da táboa. Pouco antes, en febreiro, o Deportivo volveu disputar un partido da Copa da Raíña, competición que non xogaba dende os tempos do Karbo. Nunha histórica noite na que o equipo xogou ademais o seu primeiro partido no Estadio de Riazor, as coruñesas golearon por 7 a 2 ao Valencia Féminas, con 4 goles de Peke, e cadanseu gol de Athenea, Tere Abelleira e María Méndez. Con todo, foron eliminadas na seguinte rolda cuartos de final polo FC Barcelona.

Na tempada 2019/20 o equipo comezou con tres derrotas nas tres primeiras xornadas. O 23 de outubro de 2020 Athenea del Castillo fixo historia ao converterse na primeira futbolista do Deportivo en debutar coa selección española absoluta, no partido de clasificación para a Eurocopa, fronte á República Checa.



                                     

2. Estadio

Tanto o primeiro equipo como o filial xogan os seus partidos na Cidade Deportiva de Abegondo. O complexo deportivo da entidade foi inaugurado en 2003 e conta con ata 14 campos de fútbol.

                                     

3. Cadro de xogadoras

Categoría principal: Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino

Altas e baixas 2019/2020

Ademais de Nuria Torres procedente do Atlántida Matamá e Sara Álvarez, defensa/lateral dereito tamén procedente do Atlántida de Matamá incorporáronse ó filial co obxectivo de ter algúns minutos no primeiro equipo.

                                     

4. Categorías inferiores

Real Club Deportivo da Coruña B

O filial deportivista xoga na Primeira Nacional Grupo I, despois de conseguir o ascenso na tempada 2018/2019. Antes de ascender proclamouse campión da Copa Galicia da categoría de Primeira División Galega.

                                     

5. Datos do club

  • Maior goleada recibida: 6-1.
  • Maior goleada acadada: 16-0.
  • Máis minutos disputados: Teresa Abelleira 6.580.
  • Peor posto na liga: 2º 2016/2017, 2017/2018.
  • Tempadas en Segunda División: 3.
  • Máxima goleadora: Ainize Barea "Peke" 71.
  • Mellor posto na liga: 4º 2018/2019.
  • Máis partidos disputados: Teresa Abelleira 107.
  • Tempadas en Primeira División: 1.
  • Porteira menos goleada: María Miralles 0.41.

Datos actualizados a 14 de abril de 2019.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →