Back

ⓘ Universidade da Coruña. A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntra ..



                                               

Ana Jesús López Díaz

É licenciada en Física e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Cinética de la reacción y diagrama TTT de curado para el sistema apoxídico diglicidil éter de bisfenol A DGEBA y 1.3-Bisaminometilciclohexano. Profesora Titular da Universidade da Coruña, Escola Politécnica Superior, no Departamento de Enxañaría Naval, área de Enxañaría Mecánica, docencia de Mecánica, Metroloxía e Control de Calidade e Tecnoloxías Emerxenes de Fabricación. Traballa na UDC no Campus de Ferrol. Colabora co Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser LAIL: procesos de ...

                                               

Pedro Payo Piñeiro

Entrou no convento de San Domingos con dezasete anos. En 1837 foi enviado ás Filipinas, onde estudou na Universidade de Santo Tomás de Manila. En 1839 ordenouse sacerdote. Entre 1863 e 1866 foi nomeado procurador das misións en Hong Kong antes de volver ás Filipinas, onde ocupou diferentes cargos. En 1872 faleceu o bispo de Cebú, entón a máis grande do mundo, e tres anos despois Payo foi elixido para sucedelo. Porén, non chegou a asumir o cargo porque foi nomeado arcebispo de Manila en 1876. Durante o seu bispado ordenou realizar un censo nas illas, estableceu un vapor por mor do conflito ...

                                               

Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes

Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes Varela, I marqués de Algara de Gres, nado en 1833 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1901, foi un político español.

                                               

Diego González Rivas

Diego González Rivas, nado na Coruña en 1974, é un cirurxián galego creador da técnica de cirurxía torácica videoasistida minimamente invasiva que opera con unha única incisión.

                                               

Emiliano Balás Silva

Emiliano Balás Silva, nado en Ferrol o 25 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1934, foi un médico, pintor e escritor polígrafo galego, en lingua castelá e lingua galega, considerado como un epígono do Rexurdimento.

                                               

Camilo Brandín Feijoo

Camilo Brandín Feijóo. É profesor da Universidade de Vigo. Foi director da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Ourense. Imparte clases de Psicoloxía Evolutiva, da Aprendizaxe e Trastornos da Conduta.

                                               

Manuel Casals

Despois da súa lesión regresou a España para continuar a súa carreira como adestrador de fútbol. Dirixiu no fútbol base do Deportivo da Coruña, o Betis, o Sevilla e o Racing de Santander. En 1940, a directiva da Unión Española contratou a Casals, co obxectivo de formar un novo cadro de xogadores, despois do paréntese deportivo que tomou o club na tempada 1939, que rematou coa marcha de trece dos seus xogadores. Casals formou unha escuadra sen reforzos estranxeiros, baseada nos xogadores das divisións inferiores, que estaban ao cargo de Andrés García e Félix Cantín. A primeira tempada deste ...

                                               

Carolina Iglesias

Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos, nada en Oleiros o 8 de agosto de 1993, é unha humorista, guionista e youtubeira feminista galega. En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo en prol dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón.

                                               

Nico Alvarado

Nicolás Alvarado Caporale, coñecido como Nico, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1976, é un adestrador e ex xogador de fútbol e fútbol praia galego. É un dos xogadores máis destacados da historia da selección española de fútbol praia, na que sucedeu a Amarelle como capitán, e coa que disputou sete Campionatos do Mundo. Gañou tres Eurocopas, sendo elixido mellor xogador en dúas delas, e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013. Dende 2017 adestra a selección de Belarús.

Universidade da Coruña
                                     

ⓘ Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña de Ferrol.

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

                                     

1. Historia

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario.

Alumnado

Desde o seu comezo a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un número de alumnos superior ou próximo aos vinte mil, chegando ao máximo nos inicios dos anos 2000. Desde a década de 2010 o alumnado foi diminuíndo. A evolución do alumnado foi a seguinte:

                                     

2. Facultades e escolas

Centros adscritos

  • Escola Universitaria de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Turismo
  • Escola Universitaria de Enfermaría

Outros centros

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa CUFIE
                                     

2.1. Facultades e escolas Centros propios

  • Facultade de Informática
  • Facultade de Socioloxía
  • Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • ETS de Náutica e Máquinas
  • Facultade de Ciencias da Saúde
  • Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Facultade de Fisioterapia
  • Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Facultade de Economía e Empresa
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Filoloxía
  • ETS Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
                                     

2.2. Facultades e escolas Outros centros

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa CUFIE
                                     

2.3. Facultades e escolas Centros propios

Campus de Esteiro
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Facultade de Humanidades e Documentación
  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía
Campus de Serantes
  • Escola Universitaria Politécnica
                                     

3. Centros de investigación

  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil CITEEC
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación CITIC
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas CIT
  • Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ITMATI
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas CICA
                                     

4. Bibliotecas

A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferrolás e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña. Ten unha biblioteca dixital e o repositorio da Universidade da Coruña, que foi aberto en 2005 e no hai catalogado obras producidas na universidade e dixitalizados.

                                     

4.1. Bibliotecas Campus de Ferrol

  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín
                                     

4.2. Bibliotecas Campus da Coruña

  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
                                     

5.1. Administración Reitor

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña. Ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. O seu mandato ten unha duración de catro anos con posibilidade de reelección.

                                     

5.2. Administración Vicerreitorías

Os Vicerreitores coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico, baixo a autoridade do reitor. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes vicerreitorías:

  • Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
  • Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
  • Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
  • Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
  • Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente
  • Vicerreitoría de Estudiantes, Deportes e Cultura
  • Secretaría Xeral
                                     

6. Normalización lingüística

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña 2005, o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.



                                     

7. Véxase tamén

Outros artigos

  • Universidade
  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela

Ligazóns externas

  • Servizo de Normalización Lingüística da UDC
  • Páxina oficial Universidade da Coruña
  • Plano de normalización lingüística da UDC
                                               

Pedro Calderón Herce Collantes

Fillo de Saturnino Calderón Collantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pola que foi doutor. Traballou no Ministerio de Graza e Xustiza no que foi xefe de negociado. Militou na Unión Liberal. Foi elixido deputado polo distrito de Ordes dende 1858, nas que foron constituíntes de 1869 e nas eleccións seguintes até 1883. Foi senador pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago dende 1884 até 1891.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →