Back

ⓘ Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña. A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física é unha das facultades da Universidade d ..



                                     

ⓘ Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física é unha das facultades da Universidade da Coruña. Foi creada o 1 de xaneiro de 2004 como consecuencia da integración na UDC do antigo Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, que fora creado pola Xunta de Galicia en 1986 e comezara a súa actividade docente no curso 1987-1988.

Ten a súa sede na avenida Ernesto Che Guevara, 121, en Pazos, Liáns, Bastiagueiro, no concello de Oleiros.

                                     

1. Historia e características

A principios da década de 1980 do século XX considerouse a conveniencia de constituír o Instituto Nacional de Educación Física de Galicia INEF Galicia tomando como modelo o de Madrid, que fora creado en 1961. Dependía, naquel tempo, da Delegación Nacional de Educación Física e Deportes. A través da Lei de Cultura Física e do Deporte de 1980 estableceuse a equivalencia dos títulos outorgados polo INEF aos de natureza universitaria: Licenciado e Diplomado. Mediante Orde de 22 de xullo de 1982 o centro se adscribe á Universidade Politécnica de Madrid de forma provisional. Máis especificamente, o Real Decreto 1670/1993, de 24 de setembro, eleva a oficial o título universitario de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Mediante o Real Decreto 155/1998, do 14 de setembro de 199, o INEF converteuse en Facultade, que quedou definitivamente adscrita á UPM.

Con estes precedentes, o INEF Galicia foi creado pola Xunta de Galicia mediante o Decreto de 30 de outubro de 1986, comenzando a funcionar o ano seguinte como centro de educación superior para formar profesores de educación física e do deporte, para a educación, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns de Galicia. Nese momento tan só existían 5 centros en España; en 2018 había más de 40 universidades que ofertan esta formación.

O INEF de Galicia creouse no concello de Oleiros. Desenvolveuse rapidamente, incrementando progresivamente a súa capacidades humanas e materiais.

                                     

2. Titulacións impartidas

As titulacións impartidas en 2018 na facultade eran:

  • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en extinción.
  • Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde Interuniversitario
  • Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte implantada no curso 2009-2010.
                                     

3. Departamentos da UDC con representación na Facultade

Os departamentos cos que conta a Facultade son:

  • Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Pedagoxía e Didáctica
  • Computación
  • Economía
  • Ciencias da Saúde
  • Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
  • Socioloxía e Ciencias da Comunicación
  • Física e Ciencias da Terra
  • Empresa
  • Educación Física e Deportiva departamento con sede na Facultade
  • Psicoloxía
  • Matemáticas
                                     

4. Equipo de goberno

O Equipo do goberno da Facultade está formado por:

  • Luís Morenilla Burló, secretario
  • María del Castillo Obeso, vicedecana
  • José Luía Tuimil López, vicedecano
  • Xurxo Dopico Calvo, decano
  • Miguel Ángel González Valeiro, vicedecano
                                     

5. Outro centro da UDC no concello de Oleiros

No Pazo de Lóngora, na parroquia de Liáns, está situado o Instituto Unviersitario de Medio Ambiente, centro da Universidade da Coruña dedicado á investigación, á actividade docente do terceiro ciclo universitario, mestrados, cursos de posgrao e especialización e asesoramento técnico sobre os aspectos relacionados co medio ambiente.

                                     

6. Véxase tamén

Bibliografía

  • UDC. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
  • Rafael Martín Acero: De INEF de Galicia a Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física como servicio la sociedad en castelán.
  • Universidade da Coruña. Memoria justificativa del programa de doctorado "Ciencias del deporte, educación física y actividad física saludable" en castelán.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →