Back

ⓘ Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña. A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña creouse ano 2001, por transformación da Escola Universitari ..



Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña
                                     

ⓘ Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña

A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña creouse ano 2001, por transformación da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional.

A súa sede está situada no Campus da Coruña, no Hospital Marítimo de Oza.

                                     

1. Características

A Facultade conta cun sistema de garantía interna de calidade SGIC, con obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas, atendendo ao proceso deseñado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ANECA e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ACSUG. Nela inclúese o Departamento de Medicina.

                                     

2. Oferta formativa

  • Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida presencial.
  • Investigación Clínica presencial e on-line.
  • Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades
  • Grao en Terapia Ocupacional, recoñecido en España como a titulación máis prestixiosa desta disciplina científica e a primeira en adaptarse aos ensinos do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Fundamentos de Investigación Biomédica presencial.
  • Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia, en colaboración coa Universidade de Vigo presencial e on-line.
  • Máster Interuniversitario en Xerontoloxía Clínica, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela presencial.

Os másteres están dirixidos a profesionais do ámbito das Ciencias da saúde e a outras afíns relacionadas coa asistencia e a investigación sanitaria. Constitúen o período de formación dos Programas de Doutoramento en Ciencias da saúde adscritos ao Departamento de Medicina.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →