Back

ⓘ Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia. O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario instaurado ano 2001 pola corpor ..



                                     

ⓘ Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario instaurado ano 2001 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés. Recupera a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.

                                     

1. Antecedentes

O precedente de devandito premio é o concurso de narrativa curta "Relatos de verán" que comezou ano 2000, podendo participar calquera persoa con relatos inéditos tanto en galego como en castelán, escollendo semanalmente os lectores mediante votación por correspondencia os seus relatos preferidos. Tucho Calvo tamén publicou ao longo do mes de agosto dese ano unha novela por entregas nas páxinas de La Voz de Galicia, O xabaril branco ; meses máis tarde apareceu publicada pola editorial Ir Indo en forma de libro con ilustracións de Miguelanxo Prado.

                                     

2. Bases do concurso

O premio está aberto á participación de tódalas persoas que presenten unha novela inédita en galego e que non opte a outros certames, a temática é libre e deben estar estruturadas en 31 capítulos –un por cada día de agosto– axustándose cada capítulo a 3 500 caracteres, cumprindo as características dunha narración por entregas. Unha vez aberto o prazo para a súa presentación, os orixinais poden envíanse por correo ordinario ou por correo electrónico desde a data da convocatoria até mediados do mes de xullo. Un xurado designado pola organización selecciona tres finalistas candidatos ao galardón de entre tódolos textos recibidos, a novela vencedora obtén unha dotación económica e publícase no xornal durante o mes de agosto.

                                     

3. Gañadores

A novela gañadora de entre as tres finalistas dáse a coñecer no transcurso dunha cea literaria, á que asisten diversas personalidades da cultura e á que deben acudir os autores, especialmente os tres finalistas. O nome dos autores permanece oculto baixo o segredo da plica, que só se abre perante os asistentes desvelando publicamente o vencedor. A dotación económica do premio ascendeu desde os 6 000 € ano 2001 até 10 000 € en 2017.

A obra gañadora publícase diariamente ao longo do mes de agosto de forma capitular nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e mais na súa edición dixital. O mesmo ano edítase a obra en formato libro, coa devindicación habitual de dereitos de autor. A primeira novela gañadora foi publicada pola editorial Ir Indo, á que se sumaron nas seguintes edicións Xerais, Sotelo Blanco, Biblos Clube de Lectores, Everest e Galaxia.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →