Back

ⓘ Copa Galicia de fútbol. A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de f ..



                                               

Roberto Rodríguez Araya

Roberto Rodríguez Araya, nado en Zürich o 28 de xullo de 1990, é un futbolista suízo, de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen. É o irmán maior dos futbolistas Ricardo e Francisco Rodríguez.

                                               

Joaquín Caruncho

Xogaba como dianteiro centro e interior e foi capitán do Real Club Coruña, no que militou durante varios anos, e co que disputou o Campionato de Galicia. Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos, e alí pasou polo Gimnástica Española e o Atlético de Madrid, antes de fichar en 1916 polo Real Madrid. Neste equipo coincidiu entre outros con Santiago Bernabéu, Manolo Posada, René Petit ou Eulogio Aranguren. Xogou tres anos no club branco e disputou a final da Copa do Rei de 1918 contra o Real Unión de Irún, que acabou gañando o equipo vasco con dous goles de Juan Legar ...

                                               

Walter Taibo

Walter Taibo Martínez, nado en Montevideo o 7 de marzo de 1931 e finado o 10 de xaneiro de 2021, foi un futbolista e adestrador uruguaio, de orixe galega. Xogaba de porteiro e destacou principalmente no Nacional, onde xogou durante unha década e do que foi capitán. Defendeu tamén a camiseta do máximo rival deste, o Peñarol, ademais doutros equipos de Primeira, Segunda e Terceira División, saíndo campión nas tres categorías. Foi seis veces campión da Primeira División e conquistou tamén unha Copa Libertadores e unha Copa Intercontinental con Peñarol en 1966. Foi internacional en 30 ocasións ...

                                               

Gastón Pereiro

Gastón Rodrigo Pereiro López, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1995, é un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xoga como centrocampista no Cagliari Calcio da Serie A italiana.

                                               

Loris Benito

Loris Benito Souto, nado en Aarau o 7 de xaneiro de 1992, é un futbolista suízo, de orixe galega. Xoga como defensa no Girondins de Bordeaux da Ligue 1 francesa e é internacional coa selección suíza.

                                     

ⓘ Copa Galicia de fútbol

A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de fútbol galegos. Foi xogada por primeira vez en 1936 e disputouse irregularmente ao longo do século XX con diferentes composicións, aínda que na maioría das edicións non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas. En certas tempadas tamén se organizou a Copa Federación Galega de Fútbol.

Xa no século XXI, volveuse organizar un torneo de equipos galegos de fútbol coa Copa Xunta de Galicia de 2006, a cal non tivo carácter oficial, dando paso logo á Copa Galiza, patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e organizada pola Federación Galega de Fútbol, da cal foron disputadas dúas edicións anos 2008 e 2009.

                                     

1.1. Historia O precedente: o Campionato de Galicia

A comezos do século XX o Campionato de Galicia era a competición de maior importancia en Galiza. Neste torneo, ademais de estar en xogo o propio título de campión galego, tamén se pelexaba pola clasificación para a Copa de España. En 1929 inaugurouse a Liga española, mais os equipos que xogaban en divisións estatais continuaron a xogar tamén nesta competición, que dende a tempada 1919/20 contaba con dúas divisións Serie A e Serie B e dende 1923 cunha terceira Serie C, habendo ascensos e descensos entre cada categoría. Ese campionato tivo a súa derradeira edición en 1939/40.

                                     

1.2. Historia Copa Galicia

Na tempada 1935/36, disputouse o Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, participando nel os equipos galegos do Celta, o Deportivo e mailo Unión Sporting. Tamén se disputou o Campionato de Galicia, sen a presenza dos tres equipos anteriores e situado xerarquicamente por debaixo do campionato interrexional, resultando gañador o Club Lemos. Nese contexto, a Federación Galega de Fútbol decide organizar, tamén nesa mesma tempada, un torneo máis, a Copa Galicia, na que toman parte tódolos equipos galegos de primeiro nivel, incluídos os tres do campionato interrexional. A final foi xogada polo Eiriña de Pontevedra e o Deportivo da Coruña. Gañaron os coruñeses 4–2 no partido de ida, pero o cadro pontevedrés remontou cun 4–0 no partido de volta, adxudicándose dese xeito o campionato. Na seguinte tempada, xa coa guerra civil iniciada, desaparece o campionato mancomunado e vólvese disputa-lo Campionato de Galicia con tódolos clubs galegos de maior nivel.

Coa volta do Campionato de Galicia no seu formato tradicional, a Copa Galicia non se volve disputar ata 1940, ano no que a FGF organiza con este nome un torneo de segunda categoría e reservas, participando os equipos da Serie B, os equipos da Serie A que non participan na Liga - agás o Eiriña, que refusou participar - e os equipos de reserva do Deportivo, Celta e Racing de Ferrol, proclamándose campión o Compostela Sporting Club tras gaña-la final aos reservas do Celta. Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Fútbol decide suprimir tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia. Dende aquela, vanse organizar diversas edicións da Copa Galicia irregularmente ata os anos oitenta.

A FGF decide organizar unha nova edición da Copa Galicia en 1944, na que participan os equipos da Terceira División eliminados da competición oficial, na que se proclama campioa a Ximnástica Lucense. Dous anos despois, en 1946, convócase outra nova edición na que si participan os equipos das divisións superiores, resultando campión o Deportivo da Coruña, que xogou a final contra o Celta. Os dous derbis da final remataron con idéntico resultado, empate 1–1. Por causa disto, tivéronse que xogar outros dous partidos máis para saber cal sería o equipo campión. O primeiro deles foi gañado polo Deportivo cun contundente 4–0. No partido de volta o Celta gañou por 4–3, mais non foi suficiente para evita-la vitoria branquiazul no torneo.

En 1948, anúnciase unha nova edición, pero finalmente é suspendida porque varios equipos renuncian a xogala. Dous anos despois, en 1950, organízase outra nova edición do torneo. A FGF invitara a participar ao Deportivo da Coruña, pero este decidiu inscribirse co nome do seu equipo filial, o Deportivo Xuvenil, aínda que realmente tamén participan xogadores do primeiro equipo - coma Tino, Franco ou Moll -. Clasifícanse para a final o Deportivo Xuvenil, gañador da zona norte, e mailo Celta de Vigo, gañador da zona sur. Tras diversas renuncias do Celta, a FGF proclama campión ao Deportivo Xuvenil tres anos despois.

Tamén en 1953, convócase unha nova edición da Copa Galicia, na que só participan o Pontevedra, o Marín, o Arousa e o CD Santiago - coñecido como Club Santiago -, xa que outros equipos non poden tomar parte dela - no caso do Deportivo e do Celta, por estaren a disputa-la promoción pola permanencia na Primeira División -. O torneo é xogado en formato de liga, resultando campión o Arousa.

A seguinte edición xógase en 1958, e nela participan equipos da Terceira División e da Serie A - fórmula que se manterá durante as seguintes tempadas, agás en 1965 -, chegando á final o Gran Peña e o Lugo. No primeiro partido gañan os vigueses por 2–0, mais os lucensen dan remontado o resultado no partido de volta cun 4–2, facéndose preciso a disputa dun partido de desempate nun campo neutral. O lugar escollido foi o estadio do Couto, en Ourense, obtendo a vitoria o Gran Peña por 2–0. En 1959 proclámase campión o Coruxo, tras manter na súa casa a vantaxe que obtivera no primeiro encontro da final contra o Alondras. ano 1961, gaña o Marín e o subcampión é o Foz. Ao ano seguinte, gaña a final o Couto ante o Turista nun partido de volta polémico, despois de empataren primeiro no encontro de ida en Vigo. Na edición de 1963, proclámase campión Bueu SD despois de remontar ao Fabril a diferenza que colleitaran os coruñeses no partido de ida. Na seguinte tempada, gañou o torneo o Club Lemos e rematou subcampión o Club Turista, tendo que xoga-la prórroga no partido de volta.

En 1965, non poden tomar parte da competición os equipos da Serie A porque aínda están a disputa-lo campionato de liga da súa categoría, polo que a FGF decide invitar no seu lugar os equipos que militan na Primeira e Segunda División. Chegan á final o Pontevedra e o Deportivo, gañando os herculinos 2–1 na ida e perdendo en Pasarón por un inapelable 5–0, nun partido de volta que fora adiado varias veces e finalmente se xogou en maio de 1966.

Na edición de 1966, proclámase campioa a Sociedade Deportiva Compostela fronte ao Coruxo, que gañara no partido de ida da final, pero non puido evita-la remontada compostelana no partido de volta. En 1967, repite título o Compostela, desta volta gañando a final fronte ao Rápido de Bouzas, empatando na ida en Bouzas e gañando no encontro de volta en Santiago. Na seguinte tempada, o Rápido acada novamente a final, onde se encontra co Calvo Sotelo - nome do Club Deportivo As Pontes naquela altura, debido ó patrocinio da empresa homónima -, proclamándose campión o equipo pontés. No torneo de 1969, o Bergantiños fíxose co campionato fronte ao Turista tras gañar fortemente no partido de ida da final e impedi-la remontada viguesa no encontro de volta.

En 1970 a competición non se chegou a disputar por non acadarse o número mínimo de participantes. Ao ano seguinte a competición foi substituída por trofeos provinciais.

ano 1982 xogouse unha Copa Galicia non oficial organizada pola "Peña de exdirectivos do Compostela", que foi gañada polo Celta de Vigo.

En 1983, a FGF volve organiza-la Copa Galicia oficial cos equipos de Preferente - estrutura que manterá durante as seguintes edicións -, proclamandose campión o San Tirso tras gañar por 3-2 ao Sporting Sada na final disputada en Riazor. Na edición de 1984, recupérase a final a dobre partido, clasificándose gañador o Galicia de Mugardos tras vencer ao Sporting Sada por 1–0 na casa e empatar fóra 0–0. En 1985, proclámase campión o Bergantiños fronte ao Meirás CF de Ferrol. No torneo de 1986 resulta gañador da final o Puebla CF da Pobra do Caramiñal tras vencer ao CD Baio por 2–1 na ida e 0–2 na volta. En 1987, gaña a final o Racing Vilalbés fronte á SD Juvenil de Ponteareas, con resultados de 5–0 na ida en Vilalba e 2–0 na volta en Ponteareas. As dúas edicións seguintes gañounas o Tomiño. Na de 1988 o equipo tomiñés remonta a final vencendo 1–3 na casa da SD Juvenil de Ponteareas tras perde-lo partido de ida 2–3. Na tempada seguinte acada a vitoria fronte ao CD Baio, empatando 2–2 na ida da final e gañando 6–1 na volta.

                                     

1.3. Historia Copa Federación Galega de Fútbol

ano 1947 organízase a Copa Federación Galega de Fútbol na que tan só participan catro equipos: o Pontevedra, o Deportivo, a Ximnástica e o Racing de Ferrol. O cambio de nome do torneo débese a que, pola falta de datas dispoñibles, é imposible que poidan disputa-la competición o resto dos equipos galegos. A competición xogouse en formato de liga e o gañador foi o Racing de Ferrol.

En 1953, a FGF anunciou outra nova Copa Federación cos equipos da Serie A. O grupo sur do campionato foi suspendido antes de principiar. O Betanzos - daquela chamado Brigantium - proclamouse campión, remantando subcampioa a SD Eumesa. Ao ano seguinte xógase outra nova edición na que volven particiar os equipos da Serie A, ficando campión o Racing Vilalbés e subcampioa a SD Juvenil de Ponteareas.

Outra nova edición foi organizada en 1962, empregando tamén o sistema de liga e participando nela os equipos que xogaban na Segunda División: o Celta, o Ourense e o Pontevedra. O Ourense foi o campión.



                                     

1.4. Historia Copa Xunta de Galicia

En 1989 disputouse a primeira Copa Xunta de Galicia coa participación dos equipos da Terceira División. Este torneo levouse a cabo en paralelo á Copa Galicia que aquela tempada xogaban os equipos de Preferente. O campión foi o Centro de Deportes Barco, que se impuxo na final fronte á SD Juvenil de Ponteareas por 2–0 en Santa Isabel.

En 2006, a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu crea-la Copa Xunta de Galicia, que foi presentada o día 6 de abril do mesmo ano. Contou coa participación dos clubs galegos que na temporada 2005/06 de fútbol estaban nas categorías de Primeira División, Segunda División ou Segunda División B. Ademais, a Xunta convidou discrecionalmente o CD Lugo para completa-lo número de oito equipos e facer dous grupos, norte e sur. Os partidos disputáronse en agosto. A competición non tivo carácter oficial por non ser aprobada pola Asemblea da Federación Galega de Fútbol.

                                     

1.5. Historia Copa Galiza

Na tempada seguinte, xogouse a Copa Galiza, patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e organizada pola Federación Galega de Fútbol. Seguíuse o mesmo esquema de seleccionar tódolos clubs de Primeira, Segunda e Segunda B, deixando fóra os equipos filiais e convidando os dous mellores conxuntos da Terceira División. Ademais, moveuse o calendario da competición á primavera do ano seguinte, co que oficialmente non se disputou edición en 2007. Tamén se substituíu a fase de grupos por un sistema de eliminatorias directas entre os oito equipos participantes.

Na seguinte edición, en 2009, e trala renuncia dos equipos da Primeira e Segunda, a Copa Galiza xogárona unicamente os equipos da Segunda B e Terceira, agrupados en dous distintos grupos: a maior parte dos de Terceira xogaron unha rolda previa, e os da Segunda B e os tres mellores da Terceira uníronse nas eliminatorias de oitavos de final.

                                     

2. Fútbol feminino

A primeira Copa Galicia de fútbol feminino disputouse en 1984. Ao longo do tempo ten recibido outros nomes como Copa Federación Galega de Fútbol ou Copa Galiza e dende 2012 o torneo dividíuse en varias categorías en función da división á que pertencen os equipos participantes.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →