Back

ⓘ Historia do cinema de Galicia. A década de 1970 supuxo un cambio coa aparición de grupos de afeccionados que comezan a filmar curtametraxes. O primeiro foi o gr ..



                                               

Viaxe a Sugarland

Viaxe a Sugarland é un filme estadounidense de 1974 dirixido por Steven Spielberg, no seu debut no cinema como director de longametraxe. Está protagonizado por Goldie Hawn, Ben Johnson, William Atherton e Michael Sacks. Estreouse en galego o 24 de xaneiro de 1990 a través da TVG.

                                               

Sully (filme)

Sully é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves. Sully estreouse no Festival ...

                                               

Xogo de armas

Xogo de armas é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Todd Phillips e escrito por Phillips, Jason Smilovic e Stephen Chin. Está baseado nun artigo de 2011 escrito por Guy Lawson e publicado na revista Rolling Stone, así como nas memorias de 2016 escritas por Efraim Diveroli, Once a Gun Runner. Lawson escribiu posteriormente o libro de 2015, Arms and the Dudes, detallando a historia. Estreouse en galego o 5 de agosto de 2019 na TVG. Foi traducido ao galego por Rosa Moledo e o director de dobraxe foi Antón Rubal.

                                               

O contable

O contable é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Gavin OConnor e escrito por Bill Dubuque. Está protagonizado por Ben Affleck, Anna Kendrick, J. K. Simmons, Jon Bernthal, Cynthia Addai-Robinson, Jeffrey Tambor e John Lithgow. Conta a historia de Christian Wolff, un contable con autismo que gaña a vida desarmando os libros de contas de organizacións criminais e terroristas de todo o mundo que están experimentando malversación interna. O contable estreouse nos Ánxeles o 10 de outubro de 2016, e posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos de América a través de Warner Bros. Picture ...

                                               

O club social de Cheyenne

O club social de Cheyenne é un filme estadounidense de 1970 escrito por James Lee Barrett, dirixido e producido por Gene Kelly e protagonizado por James Stewart, Henry Fonda e Shirley Jones. O filme conta a historia dun vello vaqueiro que herda un bordel e decide convertelo nunha pensión respectable, en contra dos desexos tanto da xente da vila como das mulleres que traballan alí. Estreouse en galego o 29 de xullo de 2020 na tvG2.

                                               

Emmanuelle Béart

Béart naceu na Riviera francesa, filla de Geneviève Galéa pseudónimo de Geneviève Guillery, antiga modelo de ascendencia crota, grega e maltesa, de Guy Béart, cantante e poeta. A familia do seu pai, nado en Exipto, era descendente de xudeus libaneses. Ten unha media irmá, Ève nada en 1959, por parte paterna, e seis medios irmáns de dúas relacións da súa nai, Ivan, Sarah e Mikis Cereix e Olivier, Lison e Charlotte Guespin. No final da súa adolescencia, pasou vacacións de verán coa familia anglofalante dun amigo íntimo do seu pai en Montreal. Ficaba con Beverly Mellen e William Sofin e os se ...

Historia do cinema de Galicia
                                     

ⓘ Historia do cinema de Galicia

A década de 1970 supuxo un cambio coa aparición de grupos de afeccionados que comezan a filmar curtametraxes. O primeiro foi o grupo Lupa, nado en 1971 en Santiago de Compostela e formado por Euloxio Ruibal, Félix Casado e Roberto Vidal Bolaño, todos eles ligados ao teatro. Outros dous grupo con gran número de participantes foron Imaxe e Club Amateur. Neste grupo participou Enrique Rodríguez Baixeras, que xa impulsara o grupo Enroba, no que dirixira filmes como A morte do mariscal 1973 ou O documento 1974, sobre un conto de Ánxel Fole. Outros autores independentes foron Eloy Lozano Retorno a Tagen Ata, 1974 e Miguel Gato, que dirixiu A tola 1974, sobre un conto de Francisco Taxes, que foi secuestrado polo Tribunal de Orde Público.

As asociacións culturais galegas e os cineclubs que xa tiñan tradición continuaban a organizar actividades das que xurdiron por exemplo as Xornadas de Cine de Ourense, que xunto coa exhibición de filmes rodados en Galicia mantiña un ciclo de conferencias.

A partir de 1975 creáronse diversos proxectos para a produción cinematográfica, como NOS Cinematográfica Galega, o Patronato do Cine Galego ou Rula Difusora Cultural Galega. Neste momento xurdiu a figura de Víctor Ruppén, que produciu filmes como O herdeiro, de Miguel Gato, ou O pai de Migueliño, de Miguel Castelo. En 1980 estreouse Malapata, de Carlos Piñeiro, primeira longametraxe de produción galego. Con todo, deficiencias no filme estaba concibido como curtametraxe e foi logo estendido levaron a unha difusión limitada e provocou a desaparición do grupo Imaxe.

Coa autonomía establecéronse institucións para a produción e promoción do cine galego, mais non tiveron continuidade ata o nomeamento de Luis Álvarez Pousa como director xeral de Cultura en 1983. A nova política en favor do audiovisual fixo que en decembro de 1984 se estreasen en Vigo as primeiras curtametraxes subvencionadas, entre as que destacou Mamasunción, de Chano Piñeiro. Cinco anos despois, o ciclo "Cinegalicia" incluíu a estrea de tres longametraxes: Continental, de Xavier Villaverde, Urxa, de Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, e Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, que tivo máis de setenta mil espectadores en Galicia. Coa expansión do vídeo chegaron éxitos como A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, de Antonio Blanco e Ricardo Llovo.

En 1991 creáronse o Centro Galego de Artes da Imaxe e a Escola de Imaxe e Son e a partir destas institucións aumentaron os estudos sobre a historia, ademais de programas sobre cinema na Televisión de Galicia e revistas especializadas.

Durante a década de 1980 reduciuse o número de salas de cine en Galicia, pasando de 168 a 97, perdéndose especialmente nas zonas rurais, aínda que anos seguintes aumentaron grazas a expansión dos multicines. Durante uns meses mesmo a cidade de Pontevedra non tivo salas de cine.

Galicia foi sede ademais de festivais de cine como o Festival de Cine de Humor da Coruña 1972-1983, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia do Carballiño dende 1984, Cineuropa en Santiago de Compostela dende 1988, o Ourense Film Festival dende 1996 ou o Festival de Cans dende 2004.

                                     

1. Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández, Miguel Anxo 1999. "Vintecinco anos dunha demanda histórica: cine galego, 1974-1999". Grial 143: 475–497.
  • Castro de Paz, José Luis, ed. 1996. Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-22-6.

Outros artigos

  • Cinema de Galicia
  • Historia do cinema
  • Audiovisual galego

Ligazóns externas

  • Historia do cine galego 1896-1979 na páxina web de Culturagalega.gal
  • Breve historia do cinema galego na antiga páxina de Vieiros
  • O bosque inaminado. Cen anos de cine en Galicia, de Eduardo Galán.
                                               

Terra xenerosa

Terra xenerosa é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Jacques Tourneur e ambientado na fronteira de Oregón. Está protagonizado por Dana Andrews, Susan Hayward e Brian Donlevy. Conta historia de triángulos amorosos de alzamentos indios, e é unha adaptación da novela de 1945 Saturday Evening Post de Ernest Haycox. Hoagy Carmichael e Jack Brooks foron nomeados ao Óscar á mellor canción orixinal por "Ole Buttermilk Sky". Estreouse en galego 8 de maio de 2014 a través da TVG.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →