Back

ⓘ Galiza Ceive-OLN. Galicia Ceibe-OLN foi unha organización independentista de esquerdas, impulsada orixinalmente polo Partido Galego do Proletariado en 1980 e má ..



Galiza Ceive-OLN
                                     

ⓘ Galiza Ceive-OLN

Galicia Ceibe-OLN foi unha organización independentista de esquerdas, impulsada orixinalmente polo Partido Galego do Proletariado en 1980 e máis tarde constituída como partido.

                                     

1.1. Historia Orixes

Galicia Ceibe xurdiu en 1979 coma unha plataforma do Partido Galego do Proletariado PGP para concorrer ás eleccións municipais de 1979 en Vigo, nas que acadou 1926 votos, o 2.22% do total. A pesar do fracaso en Vigo, o PGP si acadou 3 concelleiros nas listas de Unidade Galega en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Vilaboa e outros 2 en Salvaterra de Miño a través dunha agrupación de electores. En 1980 o PGP decidiu disolverse e converterse en Galicia Ceibe-OLN GC-OLN.

                                     

1.2. Historia Primeiros anos

Tras a disolución final do PGP en 1981, GC-OLN ocupou o seu espazo político, defendendo a independencia nacional sen excluír á loita armada. En 1982 foi unha das forzas de deu orixe ó BNG pero deixou a organización na propia Asemblea Constituínte ao se decidir a participación do BNG nas eleccións. O seu voceiro era a revista Espiral. No referendo de autonomía de Galicia de 1980 o partido apoiou tanto a abstención coma o voto negativo. Nas eleccións autonómicas de 1981 GC-OLN presentou unha candidatura pola Provincia de Pontevedra, co obxectivo de utilizar os espazos de propaganda electoral para emitir mensaxes de apoio aos presos galegos. Pouco antes das eleccións o partido anunciou que defendería a abstención e "retirou" a súa candidatura, a pesar do cal conseguiu 1.433 votos o 0.46% do total na Provincia de Pontevedra. Ese mesmo ano, GC-OLN convocou a súa primeira manifestación independentista no Día da patria galega en Santiago de Compostela, baixo o lema Independencia e Socialismo.

Nas eleccións de 1983 formou xunto ó PCOE e independentes as Candidaturas de Unidade Popular que presentou candidaturas en Vigo e Pontevedra. En consecuencia dos malos resultados acadados, só 814 votos en Vigo e 182 en Pontevedra, Xosé Luís Méndez Ferrín propuxo a finais de ano na VI Asemblea Nacional a autodisolución da organización, o que foi rexeitado pola maioría; parte da militancia abandonou a organización. Nesa Asemblea decidiuse mudar o nome a Galiza Ceive-OLN e adoptar a ortografía reintegracionista, Antón Arias Curto converteuse no líder máis destacado.

                                     

1.3. Historia A creación da Frente Popular Galega

En 1986, prodiciuse outra escisión na Unión do Povo Galego UPG, o chamado Colectivo Comunista 22 de Marzo, que se opuña a que o BNG participase nas eleccións ao Parlamento de Galicia. A escisión deu orixe a un novo partido, denominado Partido Comunista de Liberación Nacional PCLN, liderado por Mariano Abalo, Manuel Caamaño e Xan Carballo, na altura Secretario Xeral da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos INTG. A escisión non se culminou até 1987, cando na III Asemblea Nacional do BNG, o PCLN é expulsado polo seu apoio a Herri Batasuna nas eleccións europeas de 1987.

Coa expulsión do PCLN, GC-OLN e outros colectivos independentistas menores, coma os Grupos Independentistas Galegos GIGa, comezaron un proceso constituínte para unha nova coalición, que se formalizou finalmente en 1988 co nome de Frente Popular Galega FPG. O PCLN autodisolveuse dentro da FPG pouco despois. Non foi o caso de GC-OLN, que continuou organizada dentro da FPG coma un partido autónomo. As disputas cos ex-membros do PCLN, principalmente no relaccionado co apoio de GC-OLN á loita armada do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive EGPGC, activo desde 1987, xeraron unha profunda división na coalición. A situación rematou coa saída de GC-OLN da FPG só un ano despois da súa creación.



                                     

1.4. Historia Assembleia do Povo Unido e desaparición

Unha vez fóra da FPG, o apoio ao EGPGC volveuse máis evidente e decidido, até o punto de que se converteu de facto no seu brazo político. En 1989 GC-OLN decidiu autodisolverse nunha nova organización, a Assembleia do Povo Unido APU, que recolleu a militancia e as ideas de Galiza Ceive-OLN.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • Rios Bergantinhos, Noa 2002. A esquerda independentista galega 1977-1995. Serie: Colecçom construirmos Galiza; nº 5. Santiago de Compostela: Abrente Editora. ISBN 84-930204-9-4.
  • VV.AA 2000. Garcia, Domingos Antom, ed. Para umha Galiza independente. Ensaios, testemunhos, cronologia e documentaçom histórica do independentismo galego. Serie: Colecçom construirmos Galiza. Santiago de Compostela: Abrente Editora. ISBN 978-8493020415.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →