Back

ⓘ Política é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos ..



                                               

Jacob Zuma

Jacob Gedleyihlekisa Zuma, nado en Inkandla, KwaZulu-Natal, o 12 de abril de 1942, é un político surafricano que exerceu como o cuarto Presidente da República de Suráfrica. Foi tamén presidente do Congreso Nacional Africano, partido político no poder na República de Suráfrica, elixido pola Conferencia Nacional o 18 de decembro de 2007, posto que mantivo até decembro de 2017. Zuma foi vicepresidente da República de 1999 a 2005. O 14 de febreiro de 2018 renunciou ao seu cargo como presidente.

                                               

Partido Democrático (Suráfrica)

O Partido Democrático foi un partido político surafricano de ideoloxía liberal. Foi fundado en 1989 e, nas súas orixes, representaba os membros da minoría branca opostos ao apartheid. Durante a transición política dos anos 1990 abriuse á entrada de cidadáns doutras razas. En 2000 formou parte da coalición Alianza Democrática, que acabaría converténdose nun partido no que se integrou o PD.

                                               

Frederik de Klerk

Frederik Willem de Klerk, nado en Xohanesburgo, Unión Surafricana, o 18 de marzo de 1936, é un político surafricano, recoñecido por liberar de prisión a Nelson Mandela e por contribuír canda el, a pór fin ao réxime do apartheid. Ambos foron galardoados co Premio Nobel da Paz de 1993 e co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional de 1992 por este feito. De Klerk foi tamén vicepresidente de Suráfrica durante a presidencia de Mandela.

                                               

Isabel Díaz Ayuso

Isabel Díaz Ayuso, nada en Madrid o 17 de outubro de 1978, é unha política española do Partido Popular, presidenta da Comunidade de Madrid dende agosto de 2019.

                                               

Candidatura Unitaria de Trabajadores

Candidatura Unitaria de Trabajadores, anteriormente coñecida co nome de Colectivo de Unidad de los Trabajadores - Bloque Andaluz de Izquierdas, é un partido político nacionalista andaluz de esquerda creado en 1979. Foi un dos partidos fundadores de Izquierda Unida en 1986, organización da que formou parte até 2015. Tras a disolución do Partido Andalucista en setembro de 2015, a CUT converteuse no principal partido político que se declara nacionalista andaluz. Aínda que pola súa vinculación co sindicalismo rural andaluz a súa presenza está maioritariamente no campo, tamén ten presenza en nú ...

                                               

Jorge Larrañaga

Jorge Washington Larrañaga Fraga, nado en Paysandú o 8 de agosto de 1956 e finado en Montevideo o 22 de maio de 2021 foi un político uruguaio pertencente ao Partido Nacional. Ministro do Interior entre 2020 e 2021 no goberno de Luis Lacalle Pou, foi ademais, intendente de Paysandú, senador e candidato a presidente en 2004 e a vicepresidente en 2009 e 2014.

                                     

ⓘ Política

Política é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común. A ciencia política constitúe unha rama das ciencias sociais que se ocupa da actividade dunha sociedade, composta por cidadáns libres, para resolver os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva

                                     

1.1. Conceptos de política Concepto amplo de política

Unha definición máis ampla fai definir a política como toda actividade, arte, doutrina ou opinión, cortesía ou diplomacia tendentes á busca, ao exercicio, á modificación, ao mantemento, á preservación ou á desaparición do poder público.

Nesta ampla definición pódese observar claramente o obxecto da ciencia política, entendido como o poder público subtraído da convivencia humana, xa sexa dun Estado, xa dunha empresa, un sindicato, unha agrupación, unha escola, unha igrexa etc.

Por iso cando se emprega a definición máis ampla de política adoita aclararse que esta é unha actividade da que é moi difícil subtraerse, por atoparse en case todos os ámbitos da vida humana.

                                     

1.2. Conceptos de política Concepto restrinxido de política

Unha definición máis estrita proporía que a política é unicamente o resultado expreso oficialmente nas leis de convivencia nun determinado Estado. Definición que restrinxe á vida das agrupacións e organizacións non estatais, limitándoas unicamente ás disposicións legais dos seus estados.

                                     

1.3. Conceptos de política Concepcións históricas da política

Definicións clásicas apuntan a definir política como o exercicio do poder en relación a un conflito de intereses. Son famosas as definicións fatalistas de Carl Schmitt da política como un xogo ou dialéctica amigo-inimigo, que ten na guerra a súa máxima expresión; ou de Maurice Duverger, como loita ou combate de individuos e grupos para conquistar o poder que os vencedores usarían no seu proveito. Tamén Max Weber define a política estritamente en función do poder.

Unha perspectiva oposta contempla a política nun sentido ético, como unha disposición a obrar nunha sociedade utilizando o poder público organizado para lograr obxectivos proveitosos para o grupo. Así, as definicións posteriores do termo diferenciaron o poder como forma de acordo e decisión colectiva, no canto de forza como uso de medidas coercitivas ou a ameaza do seu uso.

Unha definición intermedia, que abarque ás outras dúas, debe incorporar ambos momentos: medio e fin, violencia e interese xeral ou ben común. Podería ser entendida como a actividade de quen procuran obter o poder, retelo ou exercitalo con vistas a un fin que se vincula ao ben ou co interese da xeneralidade ou pobo.

Antonio Gramsci concibía a ciencia da política, tanto no seu contido concreto como na súa formación lóxica, como un organismo en desenvolvemento. Ao comparar a Maquiavelo con Bodin afirma que este crea a ciencia política en Francia nun terreo moito máis avanzado e complexo que Maquiavelo e que a Bodin non lle interesa o momento da forza, senón do consenso. De seguido, Gramsci opina que o primeiro elemento, o piar da política, "é o de que existen realmente gobernados e gobernantes, dirixentes e dirixidos. Toda a ciencia e a arte política baséase neste feito primordial, irreductible en certas condicións xerais"

O exercicio da política permite xestionar os activos do estado nacional, tamén resolve conflitos dentro das sociedades adscritas a un estado específico, o cal permite a coherencia social. As normas e as leis que determinan a actividade política, vólvense obrigatorias para todos os integrantes do estado nacional de onde proceden tales disposicións.

Frank Goodnow fai unha especial énfase sobre a función da política que corresponde á vontade do Estado. Esta compleméntase na súa execución a través do goberno. A política só é funcional cando permite poñer regras entre os gobernantes e os gobernados, os cales son dobregados á vontade das accións que se desexan orientar co propósito de alcanzar un determinado fin.



                                     

2. Obxecto de estudo da política

Segundo Max Weber, Raymond Aron, George Vedel e Maurice Duverger, o obxecto de estudo da política é o "poder".

Política dogmática

Política dogmática é concibir o proceso político como mantemento dunha estratexia considerada ortodoxa, identificada coa "verdade", é dicir, que non ten criterio de discusión.

Política funcional

Conxunto de aliñamentos discrecionais que aplican a un proceso, subproceso ou unidade para facilitar a toma de decisións congruentes co que os líderes dos procesos e unidades requiren para xestionar as actividades. Unha política funcional admite discreción.

                                     

3. Teorías e ideoloxías políticas no espectro político

Todas as ideoloxías políticas agrúpanse arredor de dúas dimensións que son a económica e a social. A dimensión económica está integrada por dúas ideoloxías opostas, esquerda-dereita, que forman unha liña horizontal e a dimensión social está integrada por outras dúas ideoloxías opostas, autoritarismo-libertarismo, que forman unha liña vertical. Xuntas estas dúas dimensións integran un mapa ideolóxico en que podemos atopar catro grandes sistemas como o totalitarismo, conservadorismo, socialismo e o liberalismo, e o punto en que se cruzan as dúas liñas considérase como o centro político.

                                     

4. Partidos políticos

Os partidos son entidades de base asociativa que aglutinan e manifestan propostas de carácter político dentro de cada sistema político. Os sistemas democráticos adoitan adoptar o pluripartidismo como forma organizativa, mentres as ditaduras adoptan a organización de partido único.

                                     

4.1. Partidos políticos Partidos políticos en España

A Constitución española de 1978 recoñece o sistema pluripartidista no seu artigo 6. Na súa maioría, en España, os partidos teñen ámbito estatal ou ámbito autonómico, aínda que tamén pode habelos de ámbitos menores. Os partidos poden formar federacións, confederacións e unións de partidos así como coalicións e agrupacións. Na actualidade, a Lei 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos regula a súa creación e funcionamento.

                                     

4.2. Partidos políticos Principais partidos políticos galegos

En Galiza, existen diversos partidos políticos. Con maior número de votos son ordenados alfabeticamente:

  • Partido Popular de Galicia PPdG
  • Partido Socialista de Galicia PSdeG-PSOE
  • Nós-Unidade Popular Nós-UP
  • Esquerda Unida EU-IU
  • Partido Galeguista PG
  • Bloque Nacionalista Galego BNG
  • Identidade Galega IDEGA
  • Terra Galega TeGa
  • Frente Popular Galega FPG
                                     

5. Véxase tamén

Outros artigos

  • Distrito electoral
  • Colexio electoral
  • Partidos temáticos
  • Pluripartidismo
  • Lista de movementos autonomistas, federalistas, nacionalistas e independentistas
  • Bipartidismo
Laura Duarte
                                               

Laura Duarte

Comezou a colaborar no partido en 2010 como responsable de prensa e voceira. Dende 2013 pasou a formar parte da Xunta Directiva. En setembro de 2019 foi elixida como nova presidenta do partido.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →