Back

ⓘ Concellos de Galicia. En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lu ..



Concellos de Galicia
                                     

ⓘ Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes conforme o censo de 2011. Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438.4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2.3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449.32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2.92 hab/km² no 2016.

                                     

1. Historia

En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime, cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas 1904 e Lavadores 1941; A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo 1925 e A Enfesta 1962; Pontevedra sumou Alba 1868, Salcedo e Mourente, Xeve 1944 e Ponte Sampaio 1960; Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes 1927 e Acevedo do Río 1967. En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Vilaoudriz. En 1853 o concello de Chapa pasou a chamarse Silleda ao mudarse a capital.

En 1924 Mondariz-Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade. En 1950 Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Buxán mudou o seu nome polo de Val do Dubra. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza-Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo-Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz ou O Saviñao.

                                     

2. Véxase tamén

Outros artigos

  • Imaxes de bandeiras de concellos de Galicia
  • Imaxes dos concellos de Galicia
  • Parroquias de Galicia
  • Concellos galegos desaparecidos
  • Imaxes de escudos de concellos de Galicia
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →