Back

ⓘ Isca, política. Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, con ..



Isca (política)
                                     

ⓘ Isca (política)

Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, conxuntamente con outros sectores críticos de esquerda dentro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG e militantes do movemento estudantil nacionalista. A súa primeira aparición pública tivo lugar o 25 de xullo de 2006, día da Patria, na manifestación convocada polo BNG.

Isca! articúlase como organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista e independentista integrado no BNG.

                                     

1. Obxectivos e actividades

Isca defínese como unha "organización xuvenil asemblear e democrática" que "aspira a unir a mocidade revolucionaria galega na loita pola independencia nacional e a superación do capitalismo, pola construción do socialismo e o comunismo". En base a estes obxectivos, leva a cabo diversas actividades de propaganda, formación ou mobilización. Entre as súas liñas de traballo están a defensa do emprego digno na propia terra, a posta por un ensino público, galego de calidade, o combate ao machismo e o patriarcado, a defensa da lingua e cultura e o pobo galegos ou a solidariedade con outros pobos en loita, como Palestina, Venezuela ou Cuba.

                                     

2. Traballo nos movementos sociais

Ademais das campañas propias e do traballo no seo do BNG, a militancia de Isca! dinamiza e participa en colectivos sociais como a Confederación Intersindical Galega ou a Liga Estudantil Galega, organización que contribuiu a fundar. Igualmente, participa do movemento feminista e ecoloxista, no asociacionismo cultural e nos locais sociais nacionalistas.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →