Back

ⓘ Día Nacional de Galicia. O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ..



                                               

Mestre da Lourinhã

O Mestre da Lourinhã foi un pintor do século XVI, da escola luso-flamenga. Esta escola fai a transición do gótico final para o Renacemento e é influenciada polas técnicas e estéticas dos primitivos flamengos do século XV.

                                               

Óvalo

O termo óvalo fai referencia a unha forma xeométrica convexa e redondeada, que se asemella ao perfil dun ovo de ave no seu sentido máis amplo. Inclúe as circunferencias e as elipses como casos especiais, con dous eixos de simetría en lugar de soamente un ou ningún. O uso do termo non sempre é consistente, en ocasións tamén se usa de maneira puramente descritiva. Con todo, na análise matemática pódese definir formalmente como un tipo de curvas planas. Neste contexto, tamén se fala de curvas ou liñas ovaladas. Un corpo convexo redondeado e tridimensional coñécese como ovoide. Neste sentido, ...

                                               

Quinto Fabio Memio Símaco

Quinto Fabio Memio Símaco nado polo 383 ou 384 e finado no 402, foi un maxistrado e político do Imperio romano, membro da influente familia dos Símaco.

                                               

José Rodrigues (escultor)

Realizou os seus estudos artísticos na Escola Superior de Belas-Artes do Porto, onde completou o curso de Escultura. En 1968, con Armando Alves, Ângelo de Sousa e Jorge Pinheiro formou o grupo Os Quatro Vintes. Foi un dos fundadores da Cooperativa Cultural Árvore, en Porto, e un dos promotores da Bienal de Vila Nova de Cerveira. Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Cubo da Praça da Ribeira, no Porto, e o Monumento ao Empresário, na Avenida da Boavista. A 9 de xuño de 1994, foi agraciado co grao de Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.

Día Nacional de Galicia
                                     

ⓘ Día Nacional de Galicia

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

                                     

1.1. Historia e características Orixes

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.

                                     

1.2. Historia e características Ditadura de Primo de Rivera

En 1924 o ditador Miguel Primo de Rivera foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao 17 de decembro, data do axustizamento do mariscal Pardo de Cela. A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da ditadura permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no teatro García Barbón de Vigo o 25 de xullo dese mesmo ano.

                                     

1.3. Historia e características Primeiros anos da ditadura franquista

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continuaron esta convocatoria, e en Galiza o galeguismo concentrouse ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalizouse como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao, pronunciado en Buenos Aires en 1948.

                                     

1.4. Historia e características Derradeiros anos do franquismo e democracia

En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela. Foron o Partido Socialista Galego PSG e a Unión do Povo Galego UPG os que se manifestaron de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG Asemblea Nacional-Popular Galega e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.

                                     

2. Actos

O Día Nacional de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984, e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.

Os diferentes partidos nacionalistas de Galiza convocan manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega. O PSdeG realiza unha ofrenda floral no monumento a Castelao en Rianxo.

                                     

3. Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón 2009: Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas

  • Así naceu o Día da Patria Galega, Sermos Galiza, 10 de novembro de 2019.
  • Páxina do 25 de xullo
  • Decreto do DOG Nº 1 do 1 de xaneiro de 1979 polo que se estabelece como Dia Nacional de Galicia o 25 de xullo de cada ano.
  • 25 olladas para o Día Nacional de Galicia, Praza Pública, 25 de xullo de 2018.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →