Back

ⓘ Avellentamento da poboación galega. O avellentamento da poboación galega é un proceso demográfico que afecta ao territorio galego desde finais do século XX. Con ..



                                     

ⓘ Avellentamento da poboación galega

O avellentamento da poboación galega é un proceso demográfico que afecta ao territorio galego desde finais do século XX. Consiste no paseniño e progresivo envellecemento da poboación, de xeito que aumentan os individuos comprendidos entre idades maduras e anciás, e minguan os suxeitos en idade infantil e xuvenil. A partir de 1975 a poboación galega comezou a presentar un declive demográfico, de xeito que en 1986 o saldo de poboación tornouse negativo, isto é, foi o primeiro ano no que morreron más galegos dos que naceron. En 2014 o 23.1% dos galegos superaba os 65 anos de idade, e as previsións do Instituto Nacional de Estadística debullan que hanse perder 300.000 habitantes até o 2044.

O avellentamento da poboación en Galicia supón non só un problema demográfico, senón tamén un problema económico. En 2014, a Xunta de Galicia calculou en 500 millóns de euros máis de media o sobrecusto sanitario que implicaría o envellecemento da poboación galega.

Ademais do avellentamento característico das sociedades occidentais, producido por un aumento da calidade e da esperanza de vida, así coma na mellora e potenciación de programas de saúde pública, en Galicia existen outros factores endémicos que agravan a situación de envellecemento. O éxodo rural ou a emigración son algúns dos problemas cos que a sociedade galega veu combatendo nas últimas décadas.

                                     

1. Causas

Desde finais do século XIX e durante o século XX, Galicia viuse inmersa nun proceso de perda de habitantes por mor da emigración económica cara a diferentes lugares, coma o continente americano, Europa ou outros territorios de España. Dita perda de poboación implicou unha diminución substancial con respecto ao resto do territorio español, que perdía poboación a un ritmo moito menor. Así, durante o século XX a Comunidade Autónoma de Galicia foi perdendo poboación relativa con respecto á poboación total española.

En 1857 a densidade de poboación en Galicia era a maior de todas as rexións do país, e Galicia representaba o 11.49% da poboación española. Con todo, no 2006, só o 6.19% dos españois residía nesta comunidade autónoma.

                                     

2. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Crónica de un envejecimiento anunciado: Galicia 2015-2030 XVI Congreso Nacional de Poboación. Sevilla, 2014 en castelán.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →