Back

ⓘ Biblioteca Básica da Cultura Galega. A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua gale ..



                                     

ⓘ Biblioteca Básica da Cultura Galega

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

                                     

1. Descrición

Inda que o proxecto xa estaba moi avanzado cando Carlos Casares chegou á Galaxia, a selección de títulos fixérona el e Ramón Piñeiro, pretendendo que un público amplo coñecese as obras literarias de cabeceira de Galicia, por iso aparecen autores do Rexurdimento, da Xeración Nós, e tamén escritores consagrados do momento. A selección enriquecíase con manuais de historia da literatura, lingua, cultura popular, economía, socioloxía, antoloxías, escolmas e vocabularios, coma a gramática de Álvarez, Monteagudo e Regueira.

Orixinalmente de encadernación rústica, en tapa branda ilustrada, o deseño das cubertas foi obra de Francisco Mantecón Rodríguez e Manuel Janeiro Casal

As temáticas tratadas son: Galicia ; Cultura Histórica ; Cultura Popular ; Economía e Socioloxía ; Galeguismo e Literatura.

                                     

1.1. Descrición Edición de 1995

En 1995, publicada conxuntamente por Galaxia e Ir Indo e patrocinada pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Caixa Galicia, fíxose unha edición de luxo, encadernada en tapa dura, símil pel, co nome na portada de Biblioteca da Cultura Galega, na que o ordenamento e a selección de títulos variou levemente.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • "Biblioteca Básica da Cultura Galega" na Enciclopedia Galega Universal, t. 3, p. 311.
  • "Biblioteca Básica da Cultura Galega" no Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 9, p. 49.

Outros artigos

  • Biblioteca das Letras Galegas Xerais
  • Biblioteca 114 El Correo Gallego
  • Biblioteca de Autores Galegos Diario 16 de Galicia
  • Biblioteca Galega 120 La Voz de Galicia
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →