Back

ⓘ Secretaría Xeral de Política Lingüística. A Secretaría Xeral de Política Lingüística é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do idioma galego. É ..



Secretaría Xeral de Política Lingüística
                                     

ⓘ Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do idioma galego. É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O seu titular actual é Valentín García Gómez.

                                     

1. Funcións

As principais funcións da Secretaría Xeral de Política Ligüística son:

  • Convocar e administrar as probas e certificados de tradutoras e tradutores de intérpretes xurados/as doutras linguas para o galego e viceversa, así como autorizar as habilitacións directas destes, cando procedan, e a súa inscrición no Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación xuradas doutras linguas para o galego e viceversa.
  • Convocar e administrar as probas e expedir os certificados de coñecemento de galego.
  • Programar e desenvolver medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia, co fin de incrementar a dispoñibilidade de produtos e servizos en galego.
  • Cooperar coa Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística e impulsar e coordinar as medidas de política lingüística dos departamentos da Xunta de Galicia mediante a achega do soporte técnico necesario.
  • Colaborar co Consello de Europa e con outros organismos nacionais e internacionais en relación cos procesos para a defensa, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
  • Planificar e desenvolver campañas e medidas de fomento do uso, coñecemento e difusión do galego dentro e fóra do territorio lingüístico galego.
  • Promover o diálogo, a cooperación e a colaboración con outras institucións competentes en materia de política lingüística.
  • Emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas de carácter xeral que promovan os departamentos da Xunta de Galicia sobre a normalización do uso do galego ou sobre a política lingüística en xeral.
  • Establecer o marco metodolóxico de referencia e os plans e programas para o ensino do galego ás persoas adultas, de acordo coas directrices do Consello de Europa en materia de ensino de linguas.
  • Promover, coordinar e desenvolver a política de investigación que favoreza a normalización lingüística nas súas diferentes manifestacións, especialmente no eido do léxico e a terminoloxía.
  • Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.
  • Promover, impulsar e elaborar propostas lexislativas e regulamentarias que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →