Back

ⓘ Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de ..



Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
                                     

ⓘ Estatuto de autonomía de Galicia de 1936

O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda.

O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma ORGA, entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo. A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc. ata 1932. Porén, a partir da aprobación do proxecto estatutario na Asemblea de municipios celebrada en Santiago de Compostela a finais de 1932, foi o Partido Galeguista o verdadeiro impulsor e dinamizador do proceso estatutario, especialmente na preparación e desenvolvemento do plebiscito de 1936 e en tódolos pasos seguintes.

                                     

1. Antecedentes

Os primeiros movementos para dotar dunha constitución a un futuro Estado galego poden datarse na segunda metade do século XIX. Co Rexurdimento literario xorde tamén un movemento historicista dentro do cal Manuel Murguía comeza a escribir o que serán as bases ideolóxicas dos futuros rexionalismo e nacionalismo galegos. A Revolución de 1868, coa expulsión da raíña Isabel II, trouxo consigo o nacemento de movementos e partidos federalistas, como o Pacto Galaico-Asturiano asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869, que propugnaba a creación dun estado federado formado pola confluencia de Galicia e Asturias. No mesmo contexto, outras tendencias, como a asemblea de demócratas de Ferrol de 1868, reclamaban a república federal da que formaría parte unha Galicia independente, pero parte integrante da nación española ". Na mesma liña, o alcalde de Santiago José Sánchez Villamarín e o seu grupo, o Centro de Iniciativas para Galicia, reclamaba en 1873, co gallo da proclamación da República, que os galegos tivesen capacidade lexislativa sobre os seus propios asuntos.

Así, non cabe estrañar que a constitución republicana de 1873 declarase o estado como unha República democrática federal, e a Galicia un estado federal integrante da nación española cunha elevada capacidade de autogoberno. Pero, como queira que esta constitución quedou abortada coa reinstauración da monarquía en 1874 e o regreso a un estado puramente centralista, todo quedou en nada.

Pero aínda baixo a monarquía borbónica, o Partido Republicano Federal mantivo viva a aspiración federalista e, en 1883, o Consello Federal de Galicia, baixo a presidencia de Segundo Moreno Barcia, redactou un Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego que sería aprobado en 1887. Este proxecto establecía que a rexión galega se erixía en Estado autónomo e soberano cun modelo de goberno democrático-republicano federal, prometendo vivir perpetua e indisolublemente unida ó resto dos Estados irmáns da nación española. para cooperar á grandeza da patria común ". O proxecto non mencionaba aspectos lingüísticos ou culturais.

Aínda que o Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego nunca tivo efectos prácticos, cabe recoñecer a influencia que tivo sobre modelos autonomistas posteriores, como os de Brañas en 1889 ou o das Irmandades de 1918.

En 1890 nace en Santiago a Asociación Regionalista Gallega, a primeira organización política na historia do galeguismo, que só viviu 3 anos polas fondas discrepancias das tendencias que a integraban: os liberais-progresistas de Murguía, os tradicionalistas de Alfredo Brañas e os federalistas de Aureliano J. Pereira. Tampouco as organizacións que viñeron substituíla Liga Gallega da Coruña e Liga Gallega de Santiago tiveron futuro nin consecuencias. Con todo, Beramendi destaca o feito de que foron as primeiras propostas de autogoberno para Galicia non importadas e a primeira vez que se negaba que España fose unha nación de nacións, senón simplemente un Estado formado por varias nacións, teoría defendida por Murguía.

Neste contexto deséñanse dúas liñas cara a unha futura autonomía galega: a encabezada por Murguía e a Asociación Regionalista e a encabezada por Brañas e desenvolvida nos seus libros El Regionalismo 1889 e Bases del regionalismo y su aplicación a Galicia 1893.

Xa no século XX, en 1907 nace Solidaridad Gallega, a semellanza da Solidaritat Catalana creada o ano anterior. Aínda que nas municipais de 1909 consegue un certo éxito, nas de 1910 fracasa e desaparece sen máis consecuencias en 1912.

Por fin, en 1916 rexorde o galeguismo e fúndanse as Irmandades da Fala, que protagonizan a transición entre o rexionalismo cara ó nacionalismo. Na Asambleia Nazonalista de Lugo de 1918 presentan un Manifesto que desenvolvía un proxecto de goberno rexional e no que xa se definía Galicia como nación. Neste Manifesto baseáronse tódolos programas do nacionalismo galego ata a Segunda República. Establecía unha federación de Estados dentro das nacións ibéricas, a cooficialidade do galego e o castelán con predominio do galego en tódolos niveis do ensino e a esixencia ós funcionarios de ser galegos ou coñeceren o galego. Pero, segundo Beramendi, Esta proposta federalizadora e modernizadora tivo unha audiencia cidadá tan escasa antes de 1931 que non foi quen de influír para nada na dinámica política galega ".

No I Congreso de Estudios Gallegos, en 1919, presentouse un relatorio sobre o que debería ser o goberno rexional; en 1926, Losada Diéguez e outros presentaron outro semellante no I Congreso de Economía Galega; e en 1928, Ferreiro Cid presentou ó Seminario de Estudos Galegos un estudo sobre as implicacións fiscais dunha eventual autonomía de Galicia. Ningunha destas propostas callou en nada definitivo pero puxeron en evidencia que as distintas forzas políticas e intelectuais arelaban unha regulación legal dunha estrutura autonómica para o país.

                                     

2. Proxectos de Estatuto

O Estatuto de Galicia de 1936 naceu, realmente, o 4 de xuño de 1931. Nesa data convocouse na Coruña unha Asemblea Pro-Estatuto, promovida pola Federación Republicana Gallega FRG, plataforma na que destacaba a Organización Republicana Gallega Autónoma ORGA. Acababa de instaurarse en España a II República e abríase a posibilidade de converter o país nun estado federal.

Nas eleccións do 12 de abril de 1931, que desembocaron na proclamación da República, venceu a coalición entre republicanos e socialistas, sen ningunha vocación autonomista, pero a necesidade de contar co apoio dos nacionalistas cataláns e vascos para fortalecer a República obrigounos a admitir un modelo intermedio entre o Estado Federal que moitos propugnaban nese momento e o centralismo que eles preferían. Este modelo intermedio foi o Estado integral cunha cesión de competencias moito menores que as que se definían en proxectos anteriores. Pero a esta solución non se chegou ata decembro dese ano, polo que partidos e intelectuais que se reunían na Coruña para conseguir a autonomía galega, aínda sen cumprirse o primeiro mes da República e sen sequera convocarse aínda as eleccións a Cortes constituíntes, confiaban na creación do Estado federal e na consecución dun alto nivel de competencias.

Participan na Asemblea, principalmente, cargos políticos dos partidos republicanos convocantes, pero tamén socialistas e moitos outros representantes de diferentes colectivos culturais, económicos e profesionais, así como representantes da emigración en América.

Na Asemblea presentáronse tres proxectos do Secretariado de Galicia en Madrid, do Instituto de Estudios Gallegos e do Seminario de Estudos Galegos e dous relatorios, con pretensión de borradores de texto constitucional. A proposta da ORGA-FRG, dado o peso político que daquela tiñan os republicanos, foi a que resultou aprobada, salvo pequenas modificacións.

                                     

2.1. Proxectos de Estatuto Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos presentou un Anteproyeito de Estatuto da Galiza que fora elaborado por Paz Andrade, Lois Tobío, Carballo Calero e Vicente Risco, se ben a redacción foi obra de Lois Tobío e Carballo Calero ; Alexandre Bóveda escribiría un informe económico que acompañaba a proposta, do que Castelao di que estudaba, con cifras oficiaes, o aspecto económico-fiscal da proposta galeguista, para demostrar que non comprometía os intreses galegos nin prexudicaba os intreses dos demais pobos da Hespaña ".

O anteproxecto do Seminario foi publicado o 6 de maio de 1931. Estaba formado por 7 tíduos títulos e 41 artigos. Partía da base de España como estado federal o que explica a redacción do artigo 1º e Galicia como un estado libre no seu seo, e recollía a oficialidade do galego como lingua principio que o Seminario defendía desde a creación das Irmandades da Fala en 1916. Comezaba así:

Os órganos políticos eran a Asambreia, o Consello e o Presidente. A Asemblea elixíase por sufraxio universal, directo e secreto. O Consello era elixido pola Asemblea, e o cargo de presidente rotaba anualmente entre os membros do Consello. Menos definidos quedaban as relacións co Estado central e os conflitos de competencias. Tamén prevía a asunción de tódolos impostos que ata entón estaban atribuídos ó Estado central, excepto os correspondentes a aduanas e monopolios.

O proxecto do Seminario non chegou a debaterse xa que Cabeza de León, presidente nese momento desta institución, decidiu retiralo porque consideraba que os seus principios xa quedaban recollidos no texto da FRG.



                                     

2.2. Proxectos de Estatuto Secretariado de Galicia

O Secretariado de Galicia, radicado en Madrid, propuxo unhas Bases para un proyecto de Estatuto gallego que se publicara no Boletín do Secretariado o 30 de maio de 1931.

Na práctica, este texto non tivo ningunha incidencia na discusión xa que era inasumible polos demais participantes. Definía Galicia como unha rexión e estipulaba o castelán como lingua oficial. Segundo este texto, habería dúas cámaras, unha formada por representantes das corporacións e outra elixida por sufraxio directo, que constituirían a Asemblea, como órgano de poder, asemblea que estaría sometida a un delegado do Goberno central.

                                     

2.3. Proxectos de Estatuto Instituto de Estudios Gallegos

O Instituto de Estudios Gallegos da Coruña presentou un Proyecto de bases que tampouco resultou aceptado, por representar unha filosofía conservadora e rexionalista. Foi redactado por Manuel Casás Fernández e Fernando Martínez Morás

Segundo este texto, de só 18 artigos, a lingua galega sería permitida, pero se prefire o castelán por ser este un idioma culto e polo alto continxente emigratorio. Galicia definíase como unha rexión dentro da unidade nacional española.

                                     

2.4. Proxectos de Estatuto Federación Republicana Gallega

Como xa se dixo, foi o borrador presentado pola Federación Republicana Gallega o texto que se tomou en consideración, tras introducir mínimas modificacións. Lois Peña Novo foi un dos redactores e tamén poñente na presentación e defensa do texto na Asemblea da Coruña do 4 de xuño, xunto a Antón Villar Ponte. Baseábase no proxecto de Constitución que se aprobara en 1887 e fora discutido nunha Asemblea que a FRG celebrara na Coruña no mes de maio. Definía Galicia como un estado autónomo dentro da República española art. 1º e, sen empregar a palabra nación, preconizaba unha soberanía propia que residía no pobo galego art. 16. Existiría unha Asemblea, elixida por sufraxio universal, que nomearía o Presidente, e este nomearía o Consello de Ministros. No tocante á lingua, galego e castelán serían linguas cooficiais.

O texto do relatorio, redactado por dous antigos nacionalistas, achegábase máis ó federalismo que ó autonomismo, a pesar de que a FRG e o seu presidente, Casares Quiroga, avogaban por unha descentralización menos profunda. Este desapego explica a curta vida deste proxecto de Estatuto.



                                     

3. O Estatuto trala aprobación

Aprobado finalmente o proxecto de Estatuto na citada Asemblea da Coruña do 4 de xuño de 1931, axiña xorden os primeiros problemas. Santiago Casares Quiroga, líder e fundador da ORGA, foi nomeado ministro de Mariña, xa en abril de 1931, e posteriormente ministro da Gobernación, en outubro, e desentendeuse, na práctica, das inquedanzas autonomistas galegas, tanto por ser partidario dunhas autonomías domesticadas como por verse comprometido polas directrices do Goberno central. Cómpre lembrar que na ORGA convivían sectores autonomistas xunto a outros que só admitían un rexionalismo moderado. En calquera caso, ese desinterese de Casares polo Estatuto non impediu que os republicanos da ORGA, máis particularmente que como partido, continuaran apoiando o proceso autonómico e achegando a influencia que tiñan ó controlar as deputacións provinciais da Coruña e Lugo e as alcaldías de importantes cidades, algo imprescindible con vistas a cumprir o trámite da aprobación do borrador polos dous terzos dos concellos galegos.

A maiores, o proceso constituínte republicano que acababa de poñerse en marcha vai baleirando de contido o proxecto de Estatuto ó desaparecer do texto constitucional o esperado modelo de Estado federal, substituído por unha fórmula de estado integral descentralizado, simplemente

A consecuencia de todo o anterior, a ORGA terminou rexeitando o texto aprobado na asemblea da Coruña e encargou, no verán de 1931, a redacción dun novo Estatuto que se adaptara á organización política que establecía a Constitución. O 12 de xullo reúnense na Coruña os deputados galegos nas Cortes de Madrid que constituían a denominada minoría galega, que presentaron o novo texto nunha Asemblea celebrada tamén na Coruña, en outubro. Neste texto, de 17 artigos, defínese Galicia como rexión autónoma dentro da República española e o galego e o castelán como linguas cooficiais.

O texto resultante, aínda que rebaixara notablemente o nivel de autogoberno, conseguiu o acordo dos republicanos da ORGA e dos galeguistas, pero tampouco desta volta habería resultados definitivos, ante o rexeitamento do proxecto por parte do Partido Socialista Obreiro Español, o Partido Radical e a dereita republicana. Un dos grupos que mostraron maior oposición ó proxecto galeguista estivo protagonizado polo republicanismo coruñés de César Alvajar la Tercera República, que rexeitaban o que cualificaba de Estatuto caciquil. No fondo esta actitude e a doutras forzas coruñesas baseábase na eventual elección de Santiago como capital de Galicia, como se verá a seguir. Cando, anos despois, se celebre o referendo pro Estatuto, esta mesma agrupación la Tercera República utilizará como lema a afirmación La Coruña, como indiscutible capital de Galicia ".

                                     

4. O novo proxecto de 1932

En decembro de 1931 coinciden dous feitos que van marcar o inmediato futuro do Estatuto: o día 6 créase o Partido Galeguista, verdadeiro impulsor do proceso estatutario desde ese momento; e o día 9 apróbase a Constitución republicana.

Coa aprobación da Constitución, aínda que moi esixente á hora de autorizar as futuras autonomías, ábrese por primeira vez a posibilidade de que determinados territorios con características históricas, culturais e económicas comúns poidan organizarse como rexións autónomas e dotarse dun Estatuto que estableza a repartición de competencias entre o Estado e a rexión autónoma. A mesma Constitución establecía os requisitos que deberían cumprir e os pasos de tiñan que dar para alcanzar ese status. Os partidos políticos galegos, especialmente os de tinguidura galeguista, retomaron de novo o obxectivo de redactar e aprobar un Estatuto de autonomía para Galicia, coa confianza, ademais, de que a esquerda española secundaría ese propósito.

O 18 de decembro, Castelao intervén no Congreso para pedir que sexa o Goberno español quen poña en marcha o procedemento de aprobación do Estatuto galego. A resposta de Prieto pon en evidencia o desinterese do Goberno Central na autonomía galega, cando di que o goberno non pode improvisar e que calquera institución podía tomar a iniciativa prevista na Constitución.

En xaneiro de 1932, é de novo o Partido Galeguista quen reclama ás catro Deputacións provinciais maior interese polo Estatuto, que nin sequera fora publicado nin distribuído entre os concellos que, en definitiva, serían os que deberían aprobalo. Só responderon os presidentes das Deputacións de Ourense de Pontevedra prometendo reunir as corporacións promesa que en maio aínda non se cumprira. Mentres tanto, en Madrid, Súarez Picallo e Villar Ponte intentaban, sen éxito, que a Minoría Gallega do Congreso tomase o Estatuto como obxectivo primordial.

A proposta de Enrique Rajoy Leloup, concelleiro conservador de Santiago de Compostela, o alcalde Raimundo López Pol, republicano da ORGA, tomou a iniciativa de convocar a tódolos concellos do país para redactar e aprobar o novo Estatuto, cumprindo así o requisito constitucional de que fose aprobado pola asemblea de municipios. Para superar posibles prexuízos dos concelleiros ante as posicións nacionalistas do proxecto a aprobar, Rajoy insistiu nas vantaxes económicas que a autonomía podía reportar a Galicia, seguindo así as teses de Bóveda neste sentido, e denunciando a impasibilidade depresiva e suicida que se estaba amosando na política galega.

Nomeouse unha Comisión Organizadora que xestionase unha primeira reunión con representantes dos concellos e forzas políticas e, a seguir, a asemblea de municipios. O 29 de maio reuníronse en Santiago políticos, sindicalistas, empresarios e intelectuais, que se manifestaron a favor do Estatuto. O 25 de maio, o pleno municipal de Vigo, unha das cidades máis reticentes, aprobara a asistencia á asemblea, aínda que sen maiores compromisos cá simple asistencia. En xuño, a Federación Gremial Patronal invita a Bóveda a dar unha conferencia sobre as xa mencionadas vantaxes económicas, conferencia que consegue mudar a actitude dos empresarios.

A asemblea de municipios tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela o domingo 3 de xullo de 1932, presidida por Xaime Quintanilla, alcalde socialista de Ferrol, coa participación de dirixentes do Partido Republicano Gallego a antiga ORGA, algúns membros do PSOE de partidos conservadores e unha numerosa representación do Partido Galeguista. Tamén distintos persoeiros a título persoal, como Rodrigo Sanz.

Na asemblea acordouse crear unha comisión que redactase un novo proxecto de Autonomía axustado á Constitución pero tendo presente os textos anteriores e o Estatuto catalán que nese momento se debatía no Congreso. A comisión constituíuse baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León decano da Facultade de Dereito de Santiago e presidente do Seminario de Estudos Galegos, a entidade cultural de maior prestixio nese momento e co concurso de Eladio Rodríguez presidente da Real Academia Galega, Lugrís Freire académico da RAG, Iglesias Corral alcalde da Coruña, Rodrigo Sanz presidente do Secretariado de Galicia en Madrid, Avelino López Otero secretario do Partido Republicano Gallego, Santiago Montero Díaz doutor en Filosofía e Letras, Jacobo Arias del Villar enxeñeiro forestal, Alexandre Bóveda en representación do Partido Galeguista e Enrique Rajoy concelleiro de Santiago e decano do Colexio de Avogados de Santiago, como secretario.

Nos dous meses seguintes rematouse a redacción, que se entrega o 4 de setembro. Os redactores explicaron que buscaron os puntos de coincidencia entre as forzas presentes e tan só houbo desacordo nos votos particulares que presentaron Rodrigo Sanz e Santiago Montero Díaz, no sentido de negar a cooficialidade do galego e reducir considerablemente o seu uso público.

O texto que se presenta a exame consta de 6 títulos I: Preliminar; II: Poder Rexional; III: Atribucións da Rexión; IV: Facenda Rexional; V: Disposicións Xerais e VI: Réxime Transitorio e 49 artigos. O proxecto definía Galicia como unha rexión autónoma, establecía a cooficialidade do galego e do castelán e deixaba en mans galegas numerosas competencias e atribucións, incluíndo a creación dun Dereito civil galego, como apéndice do dereito civil xeral. Os órganos de poder establecidos eran a Asemblea Lexislativa cuxos deputados serían elixidos por tres anos por sufraxio universal mediante un sistema de representación proporcional, a Xunta de Galicia e o Presidente elixido por catro anos mediante votación popular directa e secreta.

Abriuse un período de información pública ata o 29 de setembro. O texto publicouse integramente en El Pueblo Gallego Vigo, Vanguardia Gallega Lugo, Heraldo de Galicia Ourense, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego A Coruña así como en El Eco de Santiago e El Compostelano de Santiago e n A Nosa Terra. Neste último medio, o Partido Galeguista manifestaba que este non era o Estatuto desexable, que non era un fin senón un medio para conseguir o autogoberno de Galicia, á vez que criticaba a postura dos socialistas galegos, que acababan de rexeitar a autonomía no congreso que celebraran en Monforte.

Presentáronse distintas emendas que demostraron o desinterese das Deputacións, da maioría dos concellos e certas forzas políticas, especialmente as da dereita, de socialistas, anarquistas e comunistas. Unha destas emendas ó proxecto, presentada polo Círculo Mercantil de Vigo, foi a seguinte:

A Asemblea Rexional de Concellos que aprobará este proxecto celebrouse os días 17, 18 e 19 de decembro dese ano, na Facultade de Medicina de Santiago, coa presenza de representantes dos concellos galegos e numerosas entidades culturais e económicas, así como 15 deputados e outros persoeiros de sona. Contra os defensores do Estatuto aliñáronse o Partido Comunista, que consideraba que os nacionalistas que alentaban as autonomías eran burgueses e contrarrevolucionarios. Tamén o Partido Republicano Radical de Emiliano Iglesias o cualificaba como nacionalista disgregador. Outras razóns, como a capitalidade, eran a base da oposición da Cámara de Comercio da Coruña e os representantes deste concello. Por suposto, os partidos de dereitas, comezando polo partido de José Calvo Sotelo ou a Unión Regional de Derechas a CEDA en Galicia, manifestaron claramente a súa oposición.

A asemblea estivo presidida por Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde de Pontevedra, e sentándose na mesa os presidentes das catro Deputacións e os alcaldes ou representantes da Coruña, Vigo, Ferrol e Mondoñedo. Tralo inevitable debate sobre a capitalidade e despois de introducir algúns cambios sobre o texto orixinal, procedeuse á votación na tarde do día 19, coa ausencia de representantes de sona, como dos concellos de Vigo, Betanzos, Cambados e Monforte. Votaron a favor 176 concellos, o 77% dos concellos galegos, que representaban 444.785 electores, o 84.7 % da poboación. Outros 33 concellos non se pronunciaron, entre eles o da Coruña, acordándose que tomarían unha decisión antes de 15 días, entendéndose que se non se manifestaban en contra nese prazo, asumíase o voto favorable.

Entre eses cambios destaca o de postergar a decisión da capitalidade de Galicia ata a constitución da Xunta provisional, que sería a que elixiría entre Santiago e A Coruña, as dúas sedes en discusión. Non só foi A Coruña quen facía deste tema un principio irrenunciable, tamén Vigo, e foi a principal fonte de confrontación entre partidos e colectivos coruñeses e santiagueses, evidenciada nos tensos debates que mantiveron durante a Asemblea de municipios Iglesias Corral e Eladio Rodríguez, por unha banda, e Bóveda e Rajoy por outra. De feito, a escasa oposición ó Estatuto reflectía este desencontro. Nun intento de superar esta diferenza, nos debates chegou a propoñerse, como alternativas neutras, situar a capital de Galicia nas cidades de Melide, Mondoñedo ou Monforte de Lemos. O texto final quedou así:

                                     

5. O longo camiño cara ao Referendo 1933-1936

.

Trala aprobación na Asemblea cumpría dar o seguinte paso para a aprobación pola maioría dos concellos galegos. A tal fin, o 8 de xaneiro de 1933 constituíuse un Comité Central de Autonomía que solicitase do Goberno de Madrid a publicación urxente, a ser posible no mes seguinte, do decreto que convocase o referendo e, simultaneamente, organizase este. Este Comité estaba presidido por Bibiano Fernández Osorio-Tafall con Enrique Rajoy Leloup como Secretario, e nel negáronse a participar, como sempre, a Unión Regional de Derechas e os socialistas, comunistas e anarquistas. Non se puido conseguir este decreto coa prema desexada, entre outras razóns porque o propio Goberno Central, receoso das iniciativas autonómicas, non mostrou maior interese, aínda que contase co galego Casares Quiroga, da ORGA, como Ministro da Gobernación, con quen Castelao e outros deputados galeguistas se entrevistan o 14 de febreiro. A actitude obstrucionista de Casares xa viña producíndose, como se veu, desde que dous anos antes fora nomeado ministro, e foi duramente criticado por iso polos sectores nacionalistas na prensa da época El Pueblo Gallego e A Nosa Terra, especialmente polo Partido Galeguista. Un claro exemplo é o seguinte texto que escribiu Castelao en 1933:

Casares non fixo outra cousa que poñer inconvenientes á convocatoria do referendo, e remíteos a Azaña, con quen se reúnen o día 17 de marzo. Azaña acordou comentalo con Casares e resolvelo en Consello de Ministros pero rematado o mes de marzo aínda non se publicara o Decreto, polo que o Partido Galeguista esixiu unha reunión do Comité de Autonomía, que se celebrou o día 26 con tan escasa asistencia que o presidente, Osorio Tafall, presentou a dimisión, aínda que non lle foi aceptada. Por fin, o Consello de Ministros tratou este punto o 17 de maio, e o Decreto asínase o 27 e publícase na Gaceta o 31.

O decreto deixaba en mans do Comité de Autonomía fixar a data do referendo, pero tampouco agora se deron os pasos necesarios para celebralo. Ó contrario, o Comité, reunido o 11 de xuño, decide comezar cunha rolda de consultas a partidos, institucións e entidades, co pretexto de acadar o maior consenso posible. O 1 de agosto, Bóveda protesta pola inactividade do Comité, que segue sen tomar unha decisión á espera, segundo explica, de saber a contribución económica á que están dispostas as Deputacións. Estes novos atrasos levaron a Osorio Tafall a presentar, de novo, a dimisión como presidente do Comité.

As circunstancias galegas e españolas coma o errado golpe de estado de Sanjurjo o 10 de agosto desaconsellaban convocar o referendo e o Comité decide adiar a convocatoria, algo no que Castelao e o Partido Galeguista nunca estiveron de acordo. Proba disto son os críticos artigos que se publican n A Nosa Terra denunciando os desleigamentos e traicións ó pobo por parte de Casares Quiroga e outros.

A situación política continúa empeorando ó longo do ano e provoca a caída dos gobernos de Azaña, primeiro, de Lerroux, coa convocatoria de eleccións xerais o 19 de novembro de 1933. Nesta ocasión triunfan os partidos de dereitas, manifestamente contrarios a calquera política autonomista, e instáurase o denominado Bienio negro ou bienio radical-cedista durante os anos 1934 e 1935.

Ante esta situación, o Comité de Autonomía, que xa anulara unha reunión o 17 de setembro en vista de las circunstancias políticas acaecidas en España ", reúnese o 3 de decembro e decide adiar sine díe e mentres as circunstancias o aconsellen, o plebiscito do Estatuto ". Este aprazamento durará dous anos, e o proceso estatutario só se volverá recuperar tralo triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.

                                     

6. 1936: Vota o Estatuto

A vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, na que se integrara o Partido Galeguista a cambio, entre outros temas, do seu compromiso de aprobar decontado o Estatuto de autonomía, permitiu a revitalización do proceso estatutario. O prezo deste pacto para o PG foi unha crise interna moi aguda, xa que un sector importante, encabezado por Vicente Risco, abandonou o partido para integrarse na chamada Dereita Galeguista, aínda que logo colaborarían no referendo.

Nestas eleccións xerais, o Partido Galeguista consegue 3 deputados Castelao e Suárez Picallo por Pontevedra e Villar Ponte pola Coruña. Eles e mais todo o partido reactivan o debate e organizan, xa desde marzo, numerosos mitins e actos públicos, sós ou con outras forzas, por todo o país. A Nosa Terra publica, o 20 de marzo, o texto íntegro do Estatuto e en abril e maio sucédense os acordos favorables de distintos concellos, comezando polo da Coruña que pide a inmediata convocatoria do referendo e anuncia que achegará 50.000 pesetas, á vez que insta ós outros concellos a tomar unha postura similar. Axiña responden, no mesmo sentido, os concellos de Santiago, de Pontevedra, da Estrada, de Lalín, de Vigo e outros moitos; tamén a Deputación de Pontevedra que ofrece 30.000 pesetas.

O Comité Central da Autonomía reúnese en Madrid o 8 de maio cos deputados galegos recentemente elixidos, pero non se acorda ningunha data concreta. Volve reunirse, en Santiago, o 17 de maio, nunha asemblea na que participaron partidos, concellos, deputacións, sociedades culturais e agrarias etc, e na que unicamente faltaron os derrotados partidos de dereitas. Cómpre salientar a adhesión dos centristas Portela Valladares e Armando Peñamaría, que ofreceron tamén o apoio do diario El Pueblo Gallego, de Portela.

O 19 de maio Rajoy Leloup entrevístase con Casares Quiroga, para pedirlle a convocatoria urxente do plebiscito, pero Casares delega esa decisión no Comité. Por fin, reunido este no salóns de reunións do concello de Santiago o 31 de maio, fixa a data definitiva no 28 de xuño.

A campaña polo SI tivo unha alta participación e cantidade de medios empregados: editáronse un millón de exemplares do Estatuto, recorreuse ós novos medios de comunicación que representaban a radio, o cine e a megafonía, e ós mitins en tódalas cidades e vilas importantes e numerosas aldeas rurais, así como en Madrid. Durante a campaña, o aviador ferrolán Francisco Iglesias Brage participou lanzando desde a súa avioneta chuvias de folliñas voandeiras sobre as cidades galegas pedindo o SI ó Estatuto.

Tamén chamou a atención grazas ós carteis que crearon ó efecto artistas consagrados como Castelao que debuxou dous, Maside outros dous, Díaz Baliño e José López Bouza baixo o pseudónimo Zeus, así como outros que empezaban a coller sona, como Luís Seoane, con 26 anos nese tempo, ou Isaac Díaz Pardo. A imprenta Roel, da Coruña, foi a que realizou a impresión da maioría dos carteis.

Fronte á ampla maioría de partidos, entidades e persoeiros que chamaban á participación e pedían o voto afirmativo, as posicións en contra foron moi escasas. A coalición de dereitas CEDA, de Gil Robles publicou un manifesto chamando á abstención porque a autonomía levaba a esnaquizar a unidade nacional ", postura na que coincidían Acción Popular e o Bloque Nacional de Calvo Sotelo. Os medios de prensa ligados coas organizacións da dereita manifestáronse abertamente contra o referendo, mentres que La Voz de Galicia, que sempre foi crítica co movemento autonomista, deixou de mostrar hostilidade.

Pero o caso é que, comezado xuño, aínda non se convocara oficialmente o referendo. O día 14, o alcalde santiagués Ánxel Casal reclamou a publicación da convocatoria polos gobernadores ante Osorio Tafall, daquela subsecretario de Gobernación, quen propuxo adiar o referendo ata o 26 de xullo. Casal negouse e ameazou cunha dura reacción política, e o resultado foi que a convocatoria publicouse finalmente nos boletíns oficiais das catro provincias os días 15 e 16.



                                     

6.1. 1936: Vota o Estatuto Texto da carteleiría

  • Las dos simbolizan la libertad. ¡Camarada! al votar el Estatuto de Galicia pon SI y ayudarás a su triunfo Díaz Pardo.
  • SI, VOTADE por unha Galiza ceibe López Bouza.
  • GALEGOS, para conquerir a libertade hay que tronzal-a cadea. Para tronzala poñede SI cando votedes o Estatuto Díaz Pardo.
  • GALEGOS.! Na vosa man esta o porvir da vosa terra ¡Votade o Estatuto! Maside.
  • MULLERES que traballades como homes, como homes VOTADE O ESTATUTO Maside.
  • ESTATUTO DE GALICIA SI Díaz Baliño.
  • O Estatuto libertará a nosa Terra Seoane.
  • Para arrematar cos caciques, cando votedes o Estatuto poñede SI Díaz Pardo.
  • VOTAR O ESTATUTO é votar porque nos governemos con LEISES GALEGAS. Naide sabe do noso mais que nos Bernardino Vidarte.
  • Para que remate esta vergonza VOTA O ESTATUTO Castelao
  • Para que a nosa Terra sexa nosa VOTA O ESTATUTO Castelao.
                                     

7. Resultados do plebiscito

O 28 de xuño de 1936 celebrábase o plebiscito do Estatuto, no que votou o 74.56% do censo electoral 1 343 135 electores inscritos, participación altísima nesa época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993.351 foron a favor o 99.24%, 6.161 en contra e 1.451 en branco.

O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Tafall e Rajoy representando ó Comité, os presidentes das catro xestoras provinciais en función de Deputacións, os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular.

O día 17, a comisión entrevistouse con Manuel Azaña, Presidente da República, a quen Castelao lle dirixiu un breve discurso que remataba así:

Ó que Azaña respondeu:

En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día seguinte, 18 de xullo, rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando sublevado en Galicia tras o Golpe de Estado.

                                     

8. Últimos pasos

As Cortes republicanas, trasladadas a Cataluña, non admitiron a trámite o Estatuto ata o 1 de febreiro de 1938, na sesión celebrada en Montserrat, pero volveu quedar paralizado ante a negativa do Partido Socialista a nomear os seus representantes na Comisión. Por fin foi aprobado na reunión de Cortes da República celebrada en México en 1945, que recoñecen que Galicia deixou expresada a súa vontade de Autonomía no texto do Estatuto plebisticado e aprobado polo pobo galego ". Este recoñecemento non tivo efecto práctico ningún, pero conseguiu a homologación de Galicia coas autonomías catalá e vasca, unha de cuxas consecuencias foi o nomeamento de Castelao como ministro no goberno de Giral no exilio en 1946.

Tamén serviu como antecedente á hora de catalogar a Galicia como nacionalidade histórica cando se recuperou a democracia coa Constitución de 1978 e poder, así, acollerse ó procedemento e ás maiores competencias que establecía no seu artigo 151.

Segundo contou Castelao nunha longa carta a Rodolfo Prada en 1947, a documentación do Estatuto perdérase e esa falta do texto e do documento que demostrara o estado parlamentario trala entrega nas Cortes foi utilizado polo socialista Indalecio Prieto para atrasar a aprobación, último paso que faltaba por dar neste longo camiño. Explica esa desaparición no traslado dos arquivos das Cortes a París ante a caída de Barcelona en 1939, traslado realizado polo oficial maior do Congreso Miguel Cuevas, quen durante a dominación nazi, en pluma de Castelao, queimou, efeitivamente, o Arquivo, pero foi autorizado para eso e, pol-o visto, conserva a debida autorización, negándose a decir quén foi o autorizante. Castelao sempre dixo que detrás de todas esas manobras estaba a man dos socialistas de Prieto.

                                     

9. Véxase tamén

Outros artigos

  • Historia de Galicia
  • Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
  • Estatuto dos dezaseis

Ligazóns externas

  • Alfonso Bozzo: "El Estatuto de 1936 y la oposición gallega", en Triunfo digital 720, 13.11.1976, 41-42
  • Galicia conmemora hoy el 50º aniversario., El País, 28/06/1986 en castelán.
  • O referendo da autonomía de Galicia frustrada pola ditadura., Xornal.com, 01/07/2011.
  • De como un fraude electoral salvó la vida a Castelao". Atlántico Diario en castelán. 28/06/2011. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2019. Consultado o 22/08/2019.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →