Back

ⓘ 13ª edición dos Premios Mestre Mateo. A 13ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2014 e celebrouse o 11 de abril ..



13ª edición dos Premios Mestre Mateo
                                     

ⓘ 13ª edición dos Premios Mestre Mateo

A 13ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2014 e celebrouse o 11 de abril de 2015. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no PALEXCO de A Coruña.

A longametraxe Os fenómenos, dirixida por Alfonso Zarauza, fíxose cos galardóns máis importantes, entre eles o de mellor filme, mellor director e mellor guión, así como o de mellor actriz secundaria para Ledicia Sola. Por outra banda, A esmorga, que era candidato a 16 premios, conseguiu seis premios, entre eles a maior parte das categorías técnicas: dirección de arte, dirección de fotografía, música orixinal, deseño de vestiario, maquillaxe e peiteado. Ademais, levou o premio ó mellor actor para Antonio Durán "Morris", que tamén gañou o de mellor actor secundario, polo seu papel na miniserie Códice. Schimbare, conseguiu os galardóns de mellor dirección de produción e mellor son. Mabel Rivera fíxose co premio á mellor actriz protagonista por Pazo de Familia. O galardón á mellor serie de televisión foi para Serramoura, sendo o único premio que conseguir entre as nove candidaturas ás que optaba.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →