Back

ⓘ Día da Ciencia en Galego. O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en ..



                                               

Max Bill

Max Bill, nado en Winterthur o 22 de decembro de 1908 e finado en Berlín o 9 de decembro de 1994, foi un arquitecto, pintor, escultor, deseñador gráfico, tipográfico e industrial, publicista e educador suízo. Estudou na Kunstgewerbeschule de Zúric e na Bauhaus de Dessau. Foi o primeiro reitor da escola HfG de Ulm e formou parte do grupo Abstraction-Création desde 1932 até 1937. Organizou a exposición circulante Die gute Form.

                                               

Perspectiva (xeometría)

A perspectiva é un campo de estudo da xeometría e, en particular, da xeometría proxectiva. As súas aplicacións esténdense á arte, arquitectura, deseño, enxeñería etc. É unha ciencia que abarca os métodos de representación dos obxectos nos seus tamaños e posicións "correctos", tal e como se supón que os entendería un observador de visión humana. A perspectiva subdivídese en varias modalidades: cónica, isométrica, cabaleira, militar, entre outras, e foi desenvolvida por artistas e xeómetras na transición da Idade Media ao Renacemento, na súa estrita forma de comprensión. Segundo Thomas E. Fr ...

                                               

Enrique Blanco Cruz

Enrique Blanco Cruz, de nome artístico Miquique, nado no Barco en 1942 e finado en Almuñécar o 5 de maio de 2021, foi un sociólogo, profesor universitario, pintor e escritor galego.

                                               

Carlos Manuel Rama

Carlos Manuel Rama Facal, nado en Montevideo en 1921 e finado en Milán o 23 de febreiro de 1982, foi un historiador, sociólogo, avogado, xornalista e profesor uruguaio, de orixe galega. Especializouse en socioloxía, historiografía e historia española e latinoamericana.

                                               

Jacques von Bedriaga

Jacques von Bedriaga, ou Jacques Vladimírovich Bedriaga, co apelido ás veces grafado Bedryagha, nado en 1854 en Kriniz, Gobernación de Vorónezh, Imperio ruso, e finado en 1906 en Florencia, Reino de Italia, foi un zoólogo ruso especializado en herpetoloxía.

                                               

Rosa León

Rosa León comezou a súa carreira musical na década de 1960 nunha formación chamada Rosa y Jorge, xunto con Jorge Krahe, cantando en diferentes locais cun estilo que xa empezaba a anunciar unha certa crítica sociopolítica. Tras gravar o seu primeiro sinxelo en 1972 "Las cuatro y diez", o ano seguinte, xa en solitario, gravou o LP titulado De alguna manera, que incluía varias cancións de Luis Eduardo Aute e versionaba dous poemas de Mario Benedetti. En 1975 publicó Al alba, que incluía o tema homónimo, tamén de Aute. Era unha canción de amor que Rosa León cantou como unha crítica soterrada á ...

Día da Ciencia en Galego
                                     

ⓘ Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

                                     

1. Historia

O Día da Ciencia en Galego celebrou a súa primeira edición en 2010, promovido por sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio, como parte da contestación ao Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que obrigaba a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química en español. Así, no encontro "Sumemos en galego" celebrado en xuño de 2010 en Compostela, no que participou profesorado destas materias convocados pola CIG-Ensino e a Plataforma Queremos Galego, tomouse, entre outros, o acordo de promover "unha semana da ciencia galega e un día da ciencia galega"

                                     

2. Edicións

I Día da Ciencia en Galego 2010

Tema: Matemáticas

Homenaxeados: Ramón María Aller Ulloa ; Afonso X o Sabio; James Clerk Maxwell

II Día da Ciencia en Galego 2011

Temas: A muller na ciencia ; a Química

Homenaxeadas: Marie Curie ; María Wonenburger

III Día da Ciencia en Galego 2012

Tema: Tecnoloxía

Homenaxeados: Ramón Verea ; Leonardo da Vinci

IV Día da Ciencia en Galego 2013

Tema: a Arte

Homenaxeados: Isaac Díaz Pardo ; Florence Nightingale ; Richard Buckminster Fuller

V Día da Ciencia en Galego 2014

Tema: os sensores ; a Física

Homenaxeados: Xosé Rodríguez González ; Isaac Newton

VI Día da Ciencia en Galego 2015

Temas: A luz ; os solos

Homenaxeados: Max Planck ; Christiaan Huygens ; Isidro Parga Pondal ; Carlos Gómez-Reino Carnota

VII Día da Ciencia en Galego 2016

Temas: Bioloxía, os legumes.

Homenaxeados: Mendel, Cruz Gallástegui Unamuno.

VIII Día da Ciencia en Galego 2017

Temas: Viaxes pola Ciencia, viaxe do Beagle, Carta xeométrica de Galicia.

Homenaxeados: Charles Darwin, Domingo Fontán.

IX Día da Ciencia en Galego 2018

Temas: Cultura científica, cultura galega, Patrimonio cultural europeo.

Homenaxeados: Arquímedes, Mestre Mateo.

                                     

2.1. Edicións I Día da Ciencia en Galego 2010

Tema: Matemáticas

Homenaxeados: Ramón María Aller Ulloa ; Afonso X o Sabio; James Clerk Maxwell

                                     

2.2. Edicións III Día da Ciencia en Galego 2012

Tema: Tecnoloxía

Homenaxeados: Ramón Verea ; Leonardo da Vinci

                                     

2.3. Edicións IV Día da Ciencia en Galego 2013

Tema: a Arte

Homenaxeados: Isaac Díaz Pardo ; Florence Nightingale ; Richard Buckminster Fuller

                                     

2.4. Edicións V Día da Ciencia en Galego 2014

Tema: os sensores ; a Física

Homenaxeados: Xosé Rodríguez González ; Isaac Newton

                                     

2.5. Edicións VI Día da Ciencia en Galego 2015

Temas: A luz ; os solos

Homenaxeados: Max Planck ; Christiaan Huygens ; Isidro Parga Pondal ; Carlos Gómez-Reino Carnota

                                     

2.6. Edicións VII Día da Ciencia en Galego 2016

Temas: Bioloxía, os legumes.

Homenaxeados: Mendel, Cruz Gallástegui Unamuno.

                                     

2.7. Edicións VIII Día da Ciencia en Galego 2017

Temas: Viaxes pola Ciencia, viaxe do Beagle, Carta xeométrica de Galicia.

Homenaxeados: Charles Darwin, Domingo Fontán.

                                     

2.8. Edicións IX Día da Ciencia en Galego 2018

Temas: Cultura científica, cultura galega, Patrimonio cultural europeo.

Homenaxeados: Arquímedes, Mestre Mateo.

                                     

2.9. Edicións X Día da Ciencia en Galego 2019

Temas: A lingua celta coma lingua indíxena de Galicia, Ano internacional das linguas indíxenas. A Táboa Periódica. Ano Internacional da Táboa Periódica.

Homenaxeados: Noam Chomsky e Manuel Murguía. Mendeleiev e Luís Liz Marzán.

                                     

3. Véxase tamén

Bibliografía

  • Díaz-Fierros Viqueira, Francisco; Mariño Alfonso, Xurxo 2012. Escribir de ciencia en galego. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-36-6.
  • Villares Naveira, Luís 2010. Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Laiovento. ISBN 84-8487-189-4.

Ligazóns externas

  • IGACIENCIA
  • Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • Web do Día da Ciencia en Galego
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →