Back

ⓘ Historia compostellana. De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi compostellani archiepiscopi, Historia compostellana ou Historia compostelá é unha crónica en l ..



Historia compostellana
                                     

ⓘ Historia compostellana

De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi compostellani archiepiscopi, Historia compostellana ou Historia compostelá é unha crónica en lingua latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo de Diego Xelmírez, primeiro bispo e despois a partir do ano 1120 arcebispo de Santiago de Compostela.

                                     

1. Descrición

A finalidade da obra é rexistrar os feitos realizados por Xelmírez para engrandecer a sé apostólica e dá unha perspectiva dende o reino de Galicia dos sucesos que acontecen no seu tempo, constituíndo deste xeito unha fonte historiográfica de gran valor ao incluír documentos históricos no propio texto.

A Historia compostellana abrangue entre os anos 1100 e 1139 e contense en tres libros. O primeiro redactor foi Nuño Alfonso, cóengo da Catedral de Santiago de Compostela e bispo de Mondoñedo dende 1112, que comezou o traballo logo da morte do rei Afonso VI de León 1109, aínda que contou con varios colaboradores, principalmente Hugo cóengo compostelán que sería bispo do Porto, de orixe francesa e Xiraldo de Beauvais, amigos persoais de Xelmírez. Xiraldo escribiu a maior parte da historia, continuando o labor a partir do ano 1120. Outros colaboradores foron Pedro Anaia e posibelmente, Rainerio o magister.

Consérvanse diversos manuscritos da Historia compostellana, os máis importantes os custodiados na biblioteca da Universidade de Salamanca ms. S, séc. XIII e no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela ms. A, séc. XIV.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →