Back

ⓘ Club Deportivo Xuvenil. O Club Deportivo Xuvenil, coñecido como Deportivo Xuvenil ou simplemente Xuvenil, foi un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi ..



                                               

Gonzalo García García

Gonzalo Manuel García García, coñecido como Recoba, nado en Montevideo o 13 de outubro de 1983, é un ex futbolista e adestrador galego-urugaio. Tras comezar a xogar ao fútbol no seu país natal, emigrou coa súa familia a Galicia, terra dos seus avós, e entrou na canteira do Compostela. As súas grandes actuacións co equipo xuvenil e coas categorías inferiores da selección española atraeron a atención de grandes equipos europeos, sendo traspasado en 2001 ao Real Madrid. Con todo, non chegou a debutar co primeiro equipo, saíndo cedido a equipos de Segunda B, e no 2005 marchou aos Países Baixos ...

                                               

Nkosilathi Nyathi

Nkosilathi Nyathi, nado en 2003, é un activista ambiental de Cimbabue. Comezou a facer campaña á idade de 10 anos e avoga pola inclusión dos mozos nos roles de toma de decisións. Opina que os esforzos dos mozos cara á xustiza climática non poden materializarse se non poden acceder ás plataformas de toma de decisións. Nkosilathi estivo na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2019 COP25 en Madrid facendo campaña por máis accións climáticas e a inclusión dos mozos por parte dos líderes mundiais.

                                               

Ladislao Mazurkiewicz

Ladislao Mazurkiewicz Iglesias, nado en Piriápolis, Maldonado, Uruguai, o 14 de febreiro de 1945 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2013, foi un futbolista uruguaio. De orixe polaca e galega, contaba cunha grande axilidade e reflexos, sendo considerado o mellor porteiro uruguaio de todos os tempos e un dos mellores da historia do fútbol. Xogou en equipos de cinco países, brillando especialmente no Peñarol, co que gañou catro campionatos uruguaios. Era o porteiro titular do Peñarol de 1966, considerado o mellor equipo da época a nivel mundial e un dos mellores dos anos sesenta, despoi ...

                                               

José Pérez Figueiras

José Pérez Figueiras, alcumado El Gallego, nado Buenos Aires o 24 de xullo de 1912 e finado en Rancagua o 8 de maio de 1986, foi un futbolista e adestrador arxentino, de orixe galega. Xogaba como dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira como futbolista entre o Platense e o Ferro Carril Oeste. Tivo tamén un breve paso polo fútbol francés, gañando a Copa de Francia en 1939 co Racing de París. Os seus maiores logros conseguiunos como adestrador, sendo o técnico de máis éxito na historia de Santiago Wanderers, ao conseguir dous títulos da Primeira División de Chile e dúas Copas Chile. ...

                                     

ⓘ Club Deportivo Xuvenil

O Club Deportivo Xuvenil, coñecido como Deportivo Xuvenil ou simplemente Xuvenil, foi un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi fundado en 1940 co nome de Club Deportivo Aprendices de la Fábrica de Armas por Rodrigo García Vizoso, ex xogador do Deportivo da Coruña. Foi un club asociado ó Deportivo, con funcións de filial, mais manténdose como club independente. En 1963, fusionouse co Fabril, filial do Deportivo da Coruña. Pasou a meirande parte da súa existencia na Terceira División, xogando unha única tempada na Segunda División, sendo un dos 12 equipos galegos que participou na categoría e o único da cidade herculina xunto ó Deportivo en facelo.

                                     

1. Historia

Ó termo da Guerra Civil, o ex xogador do Deportivo da Coruña Rodrigo García Vizoso entra a traballar na Fábrica de Armas da Coruña. No seo da fábrica, funda un equipo formado por aprendices chamado Club Deportivo Aprendices de la Fábrica de Armas, no que el mesmo exerce de adestrador. O club comeza a competir nas divisións de modestos da cidade, proclamándose campión da Liga e da Copa da Coruña.

En 1944, o nome do club muda polo de Club Deportivo Juvenil. O club é tan superior ó resto dos equipos integrantes da división de modestos da cidade herculina que decide pasar a competir nas divisións rexionais. Coa fichaxe do internacional Chacho, conséguese o ascenso á Terceira División. O Xuvenil convértese nun equipo asociado ó Real Club Deportivo da Coruña, coa función de filial, mais mantendo a súa estrutura independiente.

Na tempada 1953-54, consegue o campionato da Terceira División e ascende á Segunda División. O club só aguanta un ano na categoría de prata denantes de volver á Terceira, categoría na que disputou 13 tempadas. A finais dos anos cincuenta, o Real Club Deportivo da Coruña - que tamén ten un convenio de filiación co Fabril Sociedad Deportiva -, ante os problemas económicos que atravesan tanto o Xuvenil coma o Fabril, propón a fusión de ámbolos dous clubs, a cal non se chega a producir porque o Xuvenil quere que o seu nome prevaleza e o Fabril non está disposto a aceptalo. Naquela altura, os dous equipos militan na Terceira e manteñen unha gran rivalidade. Na tempada 1959/60, o Fabril gaña 0-2 ó Xuvenil na penúltima xornada, condenándoo a descender á Serie A Rexional. O club deixa de competir no remate da tempada 1960/61 e en 1963 acepta a proposta de fusión co Fabril SD, club que ese mesmo ano se converteu en filial do Deportivo da Coruña e mudou o seu nome polo de Fabril Deportivo - dende 1993 Deportivo da Coruña B -.

                                     

2. Uniforme

Camisola con raias verticais estreitas brancas e azuis e pantalón azul. O club recibía a camisola branquiazul a través de Mariano Veloy, ex xogador do Xuvenil e xogador naquela altura do Espanyol.

                                     

3. Escudo

Esta composto por unha bandeirola triangular con raias branquiazuis verticais coas siglas CDJ Club Deportivo Juvenil no seu interior. Enriba da bandeirola hai un balón de fútbol de estilo clásico con paneis alongados e detrás atópase unha bandeira con raias branquiazuis horizontais a ondear.

                                     

4. Palmarés

  • Copa da Coruña 2: 1942-43, 1943-44
  • Segunda División de Modestos da Coruña 1: 1942-43
  • Serie A 1: 1945-46
  • Primeira División de Modestos da Coruña 1: 1944-45
  • Terceira División 1: 1953-54
  • Copa Galicia 1: 1949-50
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →