Back

ⓘ Cidade vella de Santiago de Compostela. A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga ..



Cidade vella de Santiago de Compostela
                                     

ⓘ Cidade vella de Santiago de Compostela

A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección:

  • II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.
  • I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
  • VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios.

O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe ano 813, atraendo a peregrinaxe de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun gran esplendor artístico.

                                     

1. Edificios relixiosos

  • Convento de San Domingos de Bonaval
  • Convento de Santo Agostiño
  • Convento de San Francisco do Val de Deus
  • Convento das Orfas
  • Igrexa de San Fiz de Solovio
  • Igrexa de San Frutuoso
  • Mosteiro de San Paio de Antealtares
  • Capela de Ánimas
  • Catedral de Santiago de Compostela
  • Mosteiro de San Martiño Pinario
                                     

2. Edificios civís

  • Pazo de Xelmírez
  • Arco de Mazarelos
  • Colexio de San Clemente
  • Casa da Parra
  • Casa do Cabido
  • Muralla de Santiago de Compostela
  • Pazo de Fonseca
  • Casa da Troia
  • Hostal dos Reis Católicos
  • Pazo de Raxoi
  • Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela
  • Pazo de Baamonde
  • Colexio de San Xerome
  • Casa da Conga
                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Cidade vella de Santiago de Compostela na web do Patrimonio da Humanidade. en inglés
  • Informe periódico. Estado de conservación da cidade vella de Santiago de Compostela. en inglés
  • Avaliación realizada por ICONOS en 1985. en inglés
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →