Back

ⓘ Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado ..



                                               

Matemáticas e arte

As matemáticas e a arte están relacionadas de varios xeitos. É frecuente atopar as matemáticas descritas como unha arte debido á beleza ou elegancia das súas formulacións, e pódese atopar a súa presenza na música, danza, pintura, arquitectura, escultura, artes téxtiles, cine. Os vínculos de ambas disciplinas son múltiples e moi diversos, desde o uso de patróns xeométricos, módulos e redes, ás aplicacións da perspectiva, creación ou corrección de ilusións ópticas desde as columnas gregas ao Op-Art, o uso de distintas medicións con uso de aparellos tecnolóxicos que foron posíbeis grazas ao d ...

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
                                     

ⓘ Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.

                                     

1. Contidos

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.

Existen visitas guiadas e proxeccións.

                                     

2. Historia da sede coruñesa

O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos Príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño.

O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada "Prisma de Cristal", deseñada por aceboXalonso Studio, gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais.

O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano.

En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco.

                                     

2.1. Historia da sede coruñesa Instalacións

  • Século XX
  • Sala Miscelánea
  • Sala Maiúsculas
  • As salas
  • Expos Interinas
  • Sala Innovación española
  • Sala Iberia
  • Sala Patrimonio
                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina Web do MUNCYT en varias linguas
  • Vídeo sobre a construción do edificio Prisma de Cristal no YouTube
  • Museos de Ciencia. Ruta norte. en castelán
  • Páxina Web de aceboXalonso Studio, Proxecto Prisma de Cristal en inglés
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →