Back

ⓘ Limiá. Son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 ..



Limiá
                                     

ⓘ Limiá

Son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 kg para as femias de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias de 148 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. O ubre é globuloso, desenvolvido, bastante simétrico e con tetos de boa implantación. Ten capa castaña, moito máis escura no terzo anterior.

É unha das razas morfoloxicamente máis semellantes ao extinto uro e forma parte do proxecto TaurOs que pretende recrear ao devanceiro das razas domésticas actuais.

                                     

1. Evolución da poboación

No 2002 a poboación era de 136 exemplares, datos baseados nun estudo de alta fiabilidade. O número de machos reprodutores era de 59, e o de femias de 66. A porcentaxe de femias de raza pura emparelladas cun macho da súa raza era do 100%. No 2007 había 460 animais, e no 2011, 861. A tendencia da raza é de crecemento rápido.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →