Back

ⓘ Caldelá. A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 1304 exemplares. A raza caldelá ten un temperamento t ..



Caldelá
                                     

ⓘ Caldelá

A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 1304 exemplares. A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.

                                     

1. Morfoloxía

Agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias de 700 kg para os machos.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →