Back

ⓘ Patrimonio da Humanidade. O título de Patrimonio da Humanidade é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a s ..



                                               

Ikal Angelei

Ikal Angelei, nada en Kitale, é unha política e ecoloxista kenyana. Foi galardoada co Premio Ambiental Goldman en 2012, en particular pola súa denuncia en nome das comunidades indíxenas de Kenya sobre as implicacións ambientais do encoro Gilgel Gibe III, ao longo do río Omo. Desde 2009 é a fundadora da organización Friends of Lake Turkana, onde loita pola xustiza ambiental, económica e social na rexión ao redor do lago Turkana. Este lago é Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO e as autoridades etíopes impulsaron o proxecto da presa sen consultar ás comunidades indíxenas. Reuniuse coas ...

                                               

Mitoloxía aborixe australiana

Os mitos aborixes australianos son as historias ritualísticas contadas polos pobos aborixes australianos dentro de cada un dos grupos lingüísticos aos que pertencen ao longo do continente australiano. Todos estes mitos contan, en diversas medidas, certas verdades dentro da cultura de cada grupo aborixe particular. Estes mitos poden atoparse en todo o continente australiano, cunha importancia cultural e significado profundo, e permiten a certos grupos contar un nivel de coñecemento e sabedoría acumulada sobre os devanceiros dos aborixes australianos desde tempos inmemoriais. A Encyclopaedia ...

Patrimonio da Humanidade
                                     

ⓘ Patrimonio da Humanidade

O título de Patrimonio da Humanidade é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios 845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China 53, España 47, Francia 44, Alemaña 44, India 37 e México 35.

                                     

1. Criterios de selección

A fins de 2004, había seis criterios no ámbito cultural e catro no ámbito natural. En 2005 isto modificouse para que só haxa un grupo de dez criterios. Para ser incluído na lista de Patrimonios da Humanidade un sitio debe ter un "sobresaínte valor universal" e debe satisfacer polo menos un dos seguintes criterios de selección:

                                     

1.1. Criterios de selección Criterios culturais

I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano. II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico. III. Achegar un testemuño único ou polo menos excepcional dunha tradición cultural ou dunha civilización existente ou xa desaparecida. IV. Ofrecer un exemplo eminente dun tipo de edificio, conxunto arquitectónico ou tecnolóxico ou paisaxe, que ilustre unha etapa significativa da historia humana. V. Ser un exemplo eminente dunha tradición de asentamento humano, utilización do mar ou da terra, que sexa representativa dunha cultura ou culturas, ou da interacción humana co ambiente especialmente cando este se volva vulnerable fronte ao impacto de cambios irreversibles. VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios.
                                     

1.2. Criterios de selección Criterios naturais

VII. Conter fenómenos naturais superlativos ou áreas de excepcional beleza natural e importancia estética. VIII. Ser un dos exemplos representativos de importantes etapas da historia da terra, incluíndo testemuños da vida, procesos xeolóxicos creadores de formas xeolóxicas ou características xeomórficas ou fisiográficas significativas. IX. Ser un dos exemplos eminentes de procesos ecolóxicos e biolóxicos no curso da evolución dos ecosistemas. X. Conter os hábitats naturais máis representativos e máis importantes para a conservación da biodiversidade, incluíndo aqueles que conteñen especies ameazadas de destacado valor universal desde o punto de vista da ciencia e o conservacionismo.

Desde 1992 a interacción entre o home e o ambiente é recoñecido como paisaxe cultural.

                                     

2. Patrimonio da Humanidade en Galiza

Galiza conta con tres monumentos Patrimonio da Humanidade e o Camiño de Santiago:

  • Casco histórico de Santiago de Compostela 1985.
  • Muralla de Lugo 2000.
  • Camiño de Santiago, que percorre distintas zonas da xeografía europea e que remata en Santiago de Compostela declarado en 1993.
  • Torre de Hércules 2009.

Candidatos provisionais

Na listaxe de sitios candidatos a ser escollidos Patrimonio da Humanidade están:

  • Ribeira Sacra.
  • Ferrol da Ilustración.
  • Os Ancares-Somiedo.
  • Illas Atlánticas
                                     

3. Patrimonio Mundial en Perigo

A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.

Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou creadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.

                                     

4. Estatísticas

Hai 1092 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 estados. Destes, 845 son culturais, 209 son naturais e 38 son mixtas. O Comité do Patrimonio Mundial dividiu o mundo en cinco zonas xeográficas ás que se chama rexións: África, Estados árabes, Asia e Pacífico, Europa e América do Norte e América Latina e o Caribe.

Rusia e os estados do Cáucaso clasifícanse como europeos, mentres que México e Caribe clasifícanse como pertencentes á zona de América Latina e Caribe, malia a súa situación en América do Norte. As zonas xeográficas da UNESCO tamén fan máis énfase nas asociacións administrativas, en vez de nas asociacións xeográficas. Por iso, Illa Gough, situada no Atlántico Sur, forma parte da rexión de Europa e América do Norte porque o goberno do Reino Unido nomeou o sitio.

A táboa seguinte inclúe unha repartición dos sitios segundo estas zonas e a súa clasificación

  • O sitio "O Traballo arquitectónico de Le Corbusier, unha destacada contribución ao movemento moderno" é un sitio transrexional con compoñentes situados en tres rexións: Europa e América do Norte, Asia e o Pacífico e América Latina e o Caribe. Conta aquí en Europa e América do Norte.
  • Os sitios "Conca del Uvs Nuur" e "Paisaxes de Dauria" Mongolia, Federación Rusa son sitios transrexionais situados en Europa e Asia e na rexión do Pacífico. Contan aquí na rexión Asia e Pacífico.


                                     

4.1. Estatísticas Países con dez ou máis sitios

Países con quince ou máis sitios do Patrimonio Mundial, ata de xullo de 2018.

                                     

5. Listas de Lugares Patrimonio Mundial

  • Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición
  • Lista do Patrimonio Mundial en Perigo
  • Patrimonio Mundial lista de lugares
  • Patrimonio da Humanidade na UE
Parque Nacional de Mikumi
                                               

Parque Nacional de Mikumi

O Parque Nacional de Mikumi é un espazo protexido en Mikumi, preto de Morogoro, Tanzania. O parque foi establecido en 1964, actualmente ten unha superficie de 3 230 quilómetros cadrados e é o cuarto máis grande no país. O parque é atravesado pola autoestrada de Tanzania coñecida como A-7. O Mikumi limita ao sur coa reserva de caza Selous; as dúas áreas forman un ecosistema único. Outras dúas áreas naturais que bordean o parque nacional son as montañas de Udzungwa e as montañas Uluguru.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →