Back

ⓘ Galicia na Idade Contemporánea. Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, ..



                                               

Teatro de sombras

O Teatro de sombras, tamén chamado sombras chinescas, é unha antiga forma de contar historias e entreter que usa monicreques que se manteñen entre unha fonte de luz e unha pantalla translúcida, unha tea ou gasa. As marionetas inclúen ás veces cor e outros detalles e acádanse varios efectos movendo os monicreques e a fonte de luz, como que parezan camiñar, bailar, loitar, asentir ou rir. O teatro de sombras tanto para nenos como para adultos é popular en varias culturas. Ten unha longa historia en Asia, especialmente no Sueste, como en Indonesia, Malaisia, Tailandia, Camboxa, China, India, ...

                                               

Miquel Barceló

Barceló naceu en Felanitx, Mallorca. Despois de estudar dous anos na Escola de Artes e Oficios de Palma, matriculouse na Escola de Belas Artes de Barcelona en 1974. Non obstante, só estudou nesta escola uns meses e un ano despois regresou a Mallorca para participar nos acontecementos e accións de protesta do grupo "Taller Llunàtic", un grupo conceptual de vangarda. Tamén participou na creación da súa publicación artística Neon de Suro 21 números ata 1982. Un ano despois do seu regreso a Mallorca tivo a súa primeira exposición individual no museo de Palma. Inicialmente influíron na súa obra ...

                                               

Vik Muniz

Vik Muniz, nome artístico de Vicente José de Oliveira Muniz, nado en São Paulo o 20 de decembro de 1961, é un artista brasileiro establecido nos Estados Unidos. Experimenta con novos soportes e materiais e boa parte da súa obra é de temática social.

                                               

Museo Guggenheim (Nova York)

O Museo Guggenheim de Nova York é o primeiro museo creado pola Fundación Solomon R. Guggenheim, dedicado á arte moderna. Foi fundado en 1937 no Upper East Side de Nova York. Orixinalmente chamouse Museo da Pintura Non Obxectiva e foi fundado para exhibir arte de vangarda por artistas modernos iniciais como Kandinski e Mondrian. En 1959 trasladouse á súa situación actual fronte a Central Park, cando rematou o edificio deseñado polo arquitecto Frank Lloyd Wright. O Guggenheim non sabía a quen escoller como arquitecto para o museo, polo que pediu á baronesa Hilla von Rebay que elixise a algué ...

                                               

Robert Morris (artista)

Robert Morris nado o 9 de febreiro de 1931 en Kansas City, Missouri e finado o 28 de novembro de 2018, foi un escultor americano, escritor e artista conceptual.

Galicia na Idade Contemporánea
                                     

ⓘ Galicia na Idade Contemporánea

Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX. Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.

                                     

1.1. Século XIX Poboación

Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados "indianos". Logo do paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa Suíza e Alemaña e España Cataluña, Euskadi e Madrid.

                                     

1.2. Século XIX Economía

As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX incluíndo ata o 90% da superficie produtiva; non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.

A modernización comezou coa crise agraria de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.

A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avances na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroen de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.

A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movementos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia ata a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de mediados do XIX de cariz culturalista e conservador nun principio mais que se foi facendo cada ve

                                     

2. Século XX

No século XX distínguense tres períodos

  • Un segundo terzo de regresión durante o autarquismo franquista
  • Unha modernización lenta a partir de 1960
  • Un primeiro terzo no que se frustraron as tentativas modernizadoras

Galiza caeu rapidamente en mans dos militares sublevados con Francisco Franco. O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recibido con indiferenza. O período de goberno autonómico ata hoxe resúmese a nivel político nunha década de limitada actividade, un axitado bienio de coalición e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga.

                                     

3. Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Prieto, Lourenzo Ed. 2000. Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-560-4.
  • Meixome Quinteiro, Carlos 1999. Textos e documentos para a Historia Contemporánea de Galicia. Século XX. Vigo. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5.
  • Magariños, Alfonso 2003. A demografía na Galicia contemporánea. 1900-1936. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-97-1.
  • Varios 2008. Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-7824-541-3.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →