Back

ⓘ Galicia na Idade Moderna. A Idade Moderna comezou en Galicia a fins do século XV coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolut ..



                                               

Naum Gabo

Naum Neemia Pevsner, nado en Bryanks, Imperio Ruso, en 1890 e finado en Connecticut en 1977, foi un escultor construtivista ruso coñecido como Naum Gabo, un dos pioneiros da arte cinética.

                                               

Impresión por transferencia

A Impresión por transferencia é un método para decorar olaría cerámica ou outros materiais mediante unha placa de cobre ou aceiro gravada da que se toma unha impresión monocroma en papel que logo se transfire premendo sobre a peza de cerámica. A cerámica decorada usando a técnica coñécese en ocasións polo seu nome en inglés como transferware. Naceu en Italia, desenvolveuse principalmente en Inglaterra a partir da década de 1750, e no século XIX fíxose enormemente popular nese país, aínda que relativamente pouco utilizado noutros países produtores de cerámica. A maior parte da produción pro ...

                                               

Cerámica azul e branca

A cerámica azul e branca abrangue unha grande variedade de cerámica e porcelana brancas, decoradas baixo o esmalte cun pigmento azul, normalmente óxido de cobalto. A decoración adoitaba ser aplicada á man, orixinalmente pintanda con pincel, máis modernamente mediante esténcil, impresión por transferencia e outros métodos. O pigmento de cobalto é dos poucos que pode soportar as altas temperaturas de cocción requiridas, o que explica en parte a súa popularidade duradeira. Outras cores requirían decoración sobre o esmalte, pero entón é necesaria unha segunda cocción a unha temperatura inferio ...

Galicia na Idade Moderna
                                     

ⓘ Galicia na Idade Moderna

A Idade Moderna comezou en Galicia a fins do século XV coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia debe ser considerada a partir de entón dentro do marco da española. Nomeouse un Gobernador ou Capitán Xeral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén Corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendencia asumiu as competencias de facenda e militares, os correxedores as de policía e xustiza, e a Audiencia concentráronse nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta, especie de parlamento sen poder ningún.

                                     

1. Descrición

Cun crecemento demográfico moito máis sostido que nos reinos veciños, a mediados do XVIII o reino de Galicia chegou a triplicar a densidade de poboación de Castela. Ademais, durante este período, o 90% da poboación era rural e as vilas moi cativas, de xeito tal que a mediados do XVI só Pontevedra, Compostela e Ourense superaban os 1.000 veciños.

A agricultura, complementada coa gandería, constituían o principal sector económico. De acordo coa calidade das terras existían dúas grandes zonas, occidental e oriental, a primeira de moito mellor rendemento e variedade e máis anovadora nos cultivos e sistemas de rotación. Durante este período produciuse unha perda do valor da gandería e unha preferencia polas especies estabuladas vacas e porcos en detrimento de ovellas, cabras e cabalos. Aumentou a intensidade do aproveitamento e, en consecuencia, reduciuse o tamaño dos predios rústicos, aumentou o regadío e os montes comunais perderon en extensión. O millo desbancou no XVI a todos os demais cultivos nas áreas litorais; na segunda metade do XVIII irrompeu a pataca, de preferencia nas zonas de interior.

Outras actividades menores incluían a pesca, o comercio e a industria. A pesca adquiriu importancia real a fins do XVIII coa chegada de fomentadores cataláns, que introduciron novas técnicas pesqueiras e lle deron pulo á industria conserveira. Aumentou a importancia das feiras comarcais, se ben non se producían excedentes dabondo nin existía un tecido comercial capaz de impulsar as exportacións, polo que este sector permaneceu estancado. Da mesma maneira, o reducido do consumo interior impediu o asentamento de núcleos industriais, decaendo a artesanía téxtil rural e as ferrarías e aumentando só o artesanato rural e as curticións.

Na Galicia do XVIII nin se produciu a explosión demográfica, nin o medre das cidades, nin a expansión das comunicacións, nin a revolución agrícola, nin a revolución industrial doutras partes de Europa. A mediados do século XVIII o 75% da poboación dedicábase ao sector primario e o resto repartíase entre o secundario e o terciario. Compárase isto cunha Castela máis desenvolvida, na que as proporcións son, respectivamente, de 55, 15 e 30%.

Exceptuando as cidades, a metade do territorio pertencía a señoríos eclesiásticos e o resto dividíase entre señoríos laicos e reguengos. Co tempo, con nobreza absentista e altos cargos foráneos, foi a fidalguía local quen maior beneficio obtiña do sistema de rendas e foros e das innumerábeis taxas.

O poder absoluto que tivo a Igrexa católica sobre o pensamento foi parello ao progresivo afianzamento dos métodos do absolutismo. Empeñada nun intenso programa de moralización, dela dependían o ensino, a asistencia hospitalaria e a beneficencia.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • Sobrado Correa, Hortensio 2001. Las tierras de Lugo en la Edad Moderna. Economía campesina, familia y herencia, 1550-1860. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza en castelán. ISBN 84-89748-88-8.
  • Migués, Vítor Manuel 2002. As terras, as pousas e os vinculeiros. A fidalguía galega na Época Moderna. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-058-7.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →