Back

ⓘ Escudo de Gales. O escudo de Gales foi aprobado no mes de maio do ano 2008 para ser empregado como símbolo oficial pola Asemblea e Goberno autónomos do País de ..



Escudo de Gales
                                     

ⓘ Escudo de Gales

O escudo de Gales foi aprobado no mes de maio do ano 2008 para ser empregado como símbolo oficial pola Asemblea e Goberno autónomos do País de Gales.

Consiste nun escudo cuartelado de ouro o primeiro e terceiro cuartel e goles o segundo e cuarto cuartel, catro leóns pasantes un en cada cuartel. No primeiro e cuarto cuartel o león é de goles e no segundo e terceiro, de ouro, e todos eles están armados de azur.

Está todo rodeado por unha cinta de sínople verde bordeada de ouro e cargada co lema" PLEIDIOL WYF IM GWLAD” Son fiel á miña terra, escrito en letras do mesmo metal. A cinta está rodeada por unha coroa formada polos símbolos vexetais de Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra: o narciso, o cardo, o trevo e a rosa heráldica. Ó timbre, a Coroa de San Eduardo, que é a coroa real do Reino Unido.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →