Back

ⓘ Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia. ano 1809, despois de que os exércitos napoleónicos foran expulsados de Galicia, a súa presenza en E ..



Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia
                                     

ⓘ Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia

ano 1809, despois de que os exércitos napoleónicos foran expulsados de Galicia, a súa presenza en España e a posibilidade dunha nova ofesiva sobre Galicia fixeron que varias personalidades e institucións pensaran que sería oportuno crear unha Xunta en previsión do que puidera ocorrer.

Aínda que o conde de Noroña era contrario á instalación desta Xunta, o Goberno de España Xunta Suprema Central creu oportuna a súa constitución, tal como solicitaban as forzas vivas do país.

                                     

1. Antecedentes

En xuño de 1809 o mariscal Ney, derrotado na batalla de Ponte Sampaio reprégase á Coruña, esperando que se lle una Soult, nun derradeiro intento de dominar novamente Galicia.

Pero Soult, acantoado en Monforte, ten alí noticias da derrota e decide iniciar a retirada. Divide ao seu exército en dúas columnas que saen de Galicia, unha pola Guidiña e outra por Lubián, medio a escondidas, cun Solult humillado, el que entrara un día vitorioso perseguindo ao exército inglés de sir John Moore.

Ney sae da Coruña contra o 22 ou o 23 de xuño, cara a Lugo, cidade que estivera sempre en poder dos franceses desde a invasión, acompañado polos afrancesados galegos Fraguío, Bazán de Mendoza, Pedrosa, o catedrático Ruíz e moitos máis.

A marchas forzadas chega, o 30 de xuño, a Astorga. Galicia quedaba, por fin, libre de franceses, retornando entón o marqués de la Romana para facerse cargo do mando supremo dos exércitos Capitán Xeneral.

A Xunta Suprema Central, por medio de Martín de Garay, publicou, o 10 de xullo de 1809, unha procama, a primeira que lle fixo xustiza ao pobo galego:

                                     

2. A extinción das Juntas Comarcales

En canto saíron de Galicia os franceses, encargóuselle ao Capitán Xeneral de Galicia que recuperara o poder que tradicionalmente exercera. Ao rematar a guerra, había dúas posibilidades: constituír unha nova Junta del Reino, que era a opción preferida polas clases elevadas de Galicia clero e fidalguía e, segundo parece, contando co apoio dos ingleses, ou concentrar todo o poder no Capitán Xeneral.

O conde de Noroña, Gaspar María Nava y Álvarez, segundo comandante do Exército e Reino de Galicia, foi moi explícito cando publicou en Santiago un bando o 19 de xullo de 1809:

Sorprende que o poder militar, que durante a epopea popular de Galicia se mantivera á marxe, que non lograra neses meses nin unha soa vitoria, que todo o deixara á responsabilidade do pobo, agora, chegado o momento do triunfo, quixera suplantar a todas as Juntas que se formaran, impoñéndose a elas e concentrando na persoa do Capitán Xeneral todo o poder.

Esta operación tiña sen dúbida maiores intencións. O marqués de la Romana, cuxo pensamento político, que podemos cualificar de absolutista, queda parente na súa Representación á Junta Central.

O Marqués temía que, ao abeiro das novas circunstancias políticas, se introduciran novos poderes, reprensentantes do pobo; todo o que soara a xuntismo, asemblea do pobo, terceiro estado etc., resultáballe particularmente noxento. Por iso deulle instrucións moi concretas ao seu segundo, o conde de Noroña que, sen dúbida, comungaba coa súa retrógada ideoloxía, para que ao terminar a guerra en Galicia recuperara a plenitude do poder do Capitán Xeneral.

                                     

3. Constitución e traxectoria da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa

A presenza dos franceses en España e a posibilidade de que ralizran unha nova ofensiva sobre Galicia, fixeron que moitos persoeiros en institucións pensaran que era oportuna a creación dunha Xunta en previsión do que puidera suceder.

Aínda que o conde de Noroña era abertamente contrario á creación de xuntas, o Goberno da nación española creu oportuna a súa constitución. A argumentación do Conde sitúase dentro do seu horizonte político de defensa dos poderes centrais:

Pero pese a esta opinión contraria do Segundo Comandante do exército de Galicia, as forzas vivas do país solicitárona.

                                     

3.1. Constitución e traxectoria da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa Regulamento

O 17 de decembro de 1809 fíxose público o regulamento para o establecemento dunha Junta provincial nacional e sete subalternas de partido. Neste regulamento establecíanse as condicións e competencias destas xuntas:

  • As Xuntas dedicaranase exclusivamente ao armamento e á defensa do país, e a unha serie de competencias en materia de facenda en inmediata relación co exército.
  • As Xuntas subalternas ou de partido esatrían formadas por 9 persoas.
  • A Xuhnta Superior constituiríase por 29 persoas, presididas polo Capitán Xeneral e con representacións do Exército, a Igrexa e das sete cidades. En tota, 20 representantes de institucións e cidades e 9 representantes do clero secular e regular.
                                     

3.2. Constitución e traxectoria da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa Diferenzas entre esta Xunta e a Xunta Suprema do Reino de Galicia

As diferenzas entre a Xunta Superior e a Xunta Suprema do Reino de Galicia, que desaparecera en decembro de 1808, son moi claras. A Xunta Superior estaba supeditada á Central. Non pretendía ostentar a soberanía, nin representar a Galicia perante ningún organismo superior. Tratábase simplemente dunha especie de delegación da Junta Central para os asuntos da guerra e da facenda concomitantes coa guerra.

A Xunta Superior de subsidios, que foi obxecto dun amplo estudo por parte de Martinez Morás, non tivo na historia de Galicia a significación daquela outra Xunta que a precedera, que posuía poder soberano, enviaba embaixadores ao estranxeiro como se dunha nación se tratara, impoñía contribucións e asinaba tratados con outras nacións.

Aquela, era unha Xunta que se autoproclamara soberana, e que exerceu soberanía; esta, unha simple delegación da Central en Galicia.



                                     

4.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Beramendi, Justo 2007: De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-640-2.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón 1982: Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo 1815-1893. A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.
  • González López, Emilio 1977: El águila desplumada. Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-088-1.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón 1981: Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-388-5.
  • González López, Emilio 1980: Historia de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega. Serie Nova. ISBN 84-85287-22-3.
  • González López, Emilio 1975: El águila gala y el búho gallego. La insurrección gallega contra los franceses. Centro Gallego de Buenos Aires: Ediciones Galicia.
                                     

4.2. Véxase tamén Outros artigos

  • Gaspar Nava Álvarez de las Asturias Conde de Noroña
  • Xunta Suprema do Reino de Galicia
  • Guerra da Independencia española
  • Pedro Caro y Sureda Marqués de la Romana
  • Xunta do Reino de Galicia
  • Cortes de Cádiz
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →