Back

ⓘ Traxe galego. O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenz ..



Traxe galego
                                     

ⓘ Traxe galego

O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.

                                     

1. Tecidos

O candil, o picote, a urda, o liño, la e todos os tecidos de confección artesanais foron os máis habituais dentro da xeografía galega ata ben entrado o século XX. Tinxíanse se era necesario tamén con métodos artesanais, sendo limitadas as cores que se podían obter. Importados de Castela e doutras zonas proviñan outros tecidos apreciados pola súa escaseza como a seda, a pana, os panos brocados e sedán, o pardamonte e o veludo. Tamén eran importados os panos estampados e pintados. A industrialización e o comercio variaron non só as posibilidades de cores posibles e a duración do tinxido, senón tamén a calidade, variedade e dispoñibilidade de novos tecidos, que se ampliaron a ranela ou o mahón. Tamén implicou unha uniformidade no traxe e unha redución do número de pezas empregadas dado que os novos tecidos abrigaban dabondo.

                                     

2. Traxe feminino

O traxe feminino compúñase dunha chambra ou unha camisa e unha enauga. A chambra era unha roupa interior composta de dúas partes superior e inferior chamadas cós e faldra ou aba respectivamente cosidas entre si. Os pololos* era unha especie de calzas que se puñan baixo a faldra ou a enauga. Por riba vestíase unha serie de refaixos, os directamente sobor da chambra de pouco voo e feitos a gancho, e subsecuentemente de xeito ascendente aumentando de voo. Inda se podía por riba da saia outras pezas coma o cinguideiro acotío malamente cruñado mantelo no canto do mandil prenda decotío cunha feitura grande que non chegaba a cruzarse na parte traseira, ou lensa* peza da mesma feitura pero feita de materiais e aderezos distintos, propia das zonas de montaña. Tamén unha vasquiña ou saia con moito voo, profusamente adornada, que a diferenza do mantelo cubría os refaixos por completo. Por riba da camisa podíase vestir un mantón cruzado, ben de caxemira ou de la, un corpiño especie de chaleco moi axustado que se chamaba xustillo se era interior. O dengue era unha especie de capa que cubría os ombros e que se cruzaba no peito, sendo propio de días de festa, e denotaba unha situación económica podente. Inda que era habitual ir descalzos, tamén usaban zapatos con medias caladas nos días de festa, ou escarpíns para andar por casa sobre os que se podía por unhas zocas de madeira se era preciso. Compostos de sola de madeira e copo de pel de becerros, Os zocos ou tamancas tamén eran moi usados tanto por homes como por mulleres. A cabeza ía moitas veces cuberta, ben por panos, cofias, sombreiros. No caso de non ser así o pelo, sempre longo, ía recollido en trenzas ou un moño.

                                     

3. Traxe masculino

Como roupa interior o home usaba un calzón curto, sobre o que se puñan unhas cirolas máis curtas que a deixaban ver, xunto cunhas polainas que chegaban algo mais abaixo do xeonllo. Co tempo pasaron a usarse pantalóns ata os nocellos, pero as polainas de coiro eran útiles nas tarefas agrícolas e gandeiras. A cintura cinguíase unha faixa de la a xeito de abrigo e protección dos cadrís. A faixa ía por riba do pantalón e da camisa, ou incluso do chaleco. A camisa en si era ampla, adornada nas partes visibles e cinguida nos puños e no pescozo. Sobre el púñase un chaleco, unha chaqueta curta ou unha almilla. A diario os homes ían descalzos, pero tamén usaban zapatos se ían de gala, ou tamancas ou zocas no caso de ir traballar. A cabeza cubríase cun pano e sobre el unha monteira ou un pucho, ou mais recentemente sombreiros.

Unha peza especial son as corozas, unha capa feita de xuncos, que as veces tiñan carrapucha, usada en épocas de choiva por resgardar desta e por ser lixeiras. Completábase cunhas polainas do mesmo material.



                                     

4.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Acuña, X. E. & Cabo, X. L.: 1992 As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo.
  • Albán Laxe, C.: 2003 O saber do pobo: Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-235-4
  • González Pérez, Clodio, e Xogaina, Suso fotografías: A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros, Deputación P. da Coruña, ISBN 978-84-9812-094-3
  • González Pérez, C.: 2005 Historia do traxe galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4196-0
  • Fraguas Fraguas, A.: 1985 El traje gallego. A Coruña: Fundación Barrié.
  • Rodríguez Cruz, J.: 2004 Trazos sobre a vestimenta tradicional no sueste de Ourense. Ourense: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 84-96011-70-4
  • González Pérez, Clodio. 2014: O traxe tradicional galego, Nigratrea, ISBN 978-84-15078-36-4.
                                     

4.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • "As partes do traxe tradicional galego son aínda motivos de debate e polémicas" 21/8/2007.
  • O traxe galego - Museo do Pobo Galego.
  • Glosario sobre a vestimenta tradicional galegaArquivado 24 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  • Vestiario: os traxes galegos na páxina web da Agrupación Baixo Miño.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →