Back

ⓘ Deporte extremo. Os deportes extremos ou deportes de risco son todos aqueles deportes ou actividades de ocio con algún compoñente deportivo que comportan unha r ..



                                               

Francisco Rodríguez Araya

Francisco José Rodríguez Araya, nado en Zürich o 8 de febreiro de 1995, é un futbolista suízo de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen. É o irmán menor do internacional Ricardo Rodríguez e do extremo Roberto Rodríguez.

                                               

Michael Doohan

Michael Sydney Doohan, nado en Gold Coast, Queensland, o 4 de xuño de 1965, é un piloto de motociclismo australiano retirado, que gañou cinco campionatos consecutivos de 500 cc. Só Giacomo Agostini, Valentino Rossi e Marc Márquez, gañaron máis títulos da categoría grande.

                                               

Ricardo Rodríguez Araya

Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Torino FC da Serie A de Italia. Criouse na canteira do FC Zürich, co que debutou profesionalmente na Super Liga suíza en 2010. No 2012 foi traspasado ao VfL Wolfsburg, co que disputou 184 partidos nas cinco seguintes tempadas, gañando unha Copa de Alemaña e unha Supercopa. Dende 2017 mili ...

                                               

Jay Rodriguez

Jay Enrique Rodriguez, nado en Burnley o 29 de xullo de 1989, é un futbolista inglés, de orixe galega, que xoga como dianteiro no Burnley da Premier League. Comezou a súa carreira no Burnley da súa cidade natal, onde xogou 128 partidos e marcou 41 goles entre 2007 e 2012, antes de ser traspasado ao Southampton, onde as súas actuacións o levaron á selección inglesa, pouco antes de sufrir unha grave lesión que o afastou dos terreos de xogo durante máis dun ano. Posteriormente pasou polo West Bromwich antes de regresar ao Burnley en 2019.

Deporte extremo
                                     

ⓘ Deporte extremo

Os deportes extremos ou deportes de risco son todos aqueles deportes ou actividades de ocio con algún compoñente deportivo que comportan unha real ou aparente perigosidade polas condicións difíciles ou extremas nas que se practican.

Baixo este concepto agrúpanse moitos deportes que implican certa dose de exixencia física e, sobre todo, mental. Inclúense os deportes máis exixentes dentro do excursionismo escalada en xeo, escalada en rocha etc., e outros de recente creación como.

Un deporte habitualmente non considerado extremo pódese definir así cando se practica baixo condicións especiais ou circunstancias particulares non habituais nel. Por exemplo, a escalada en rocha a uns centímetros do chan non se considera "deporte extremo", pero cando se realiza nunha parede vertical rochosa a varios centos de metros de altura, entón xa se lle aplica o termo.

Pódese considerar que unha persoa practica un "deporte extremo" cando o fai por primeira vez. Por exemplo, o descenso de ríos de clase IV é bastante extremo para quen nunca antes se subira a unha balsa e o sentirá como moi por riba das súas capacidades persoais.

O termo "deporte extremo" non é adecuado aplicalo cando se realiza simplemente unha actividade recreativa ou turismo alternativo, nin tampouco debe estar definido polas condicións medioambientais, algo bastante subxectivo e dependente do grao de preparación. En cambio, o termo pode aplicarse cando se practica un deporte nos límites actuais de desenvolvemento, sexa montañismo, atletismo, ximnasia ou calquera outro.

Actualmente, nalgúns países empeza a utilizarse o termo deporte de aventura cando se practican deportes de máis alto risco do normal sen seren profesionais os participantes. Un exemplo disto é a diferenza que existe entre "espeleoloxía" e espeleísmo ": o primeiro refírese a unha actividade científica, mentres que o segundo fai referencia a aquelas persoas que o practican por deporte.

Practicamente calquera actividade física que reúna algunhas destas características pode ser considerada como deporte extremo:

  • Considerar a súa práctica como un risco físico.
  • Son xeralmente de execución individual.
  • Implican moita velocidade, altura e esforzo físico.
  • Hai moita adrenalina involucrada.
  • Poden chegar a causar graves feridas ou incluso a morte de quen o realice.
                                     

1. Clasificación

Aínda que a exacta definición de deporte extremo e cales son os deportes que se poden incluír neste grupo son debatíbeis, fixéronse algunhas clasificacións. En 2004 Joe Tomlinson clasificou os deportes extremos en tres categorías, segundo se practiquen no aire, en terra ou na auga.

  • Deportes no aire: salto BASE, salto con elástico, voo sen motor, ala delta, corda frouxa, salto de esquí, paracaidismo, surfing aéreo, e voo en wingsuit.
  • Deportes en terra: escalada en sala, raid de aventura, patinaxe agressivo, BMX bicicross, espeleísmo, motocross, esquí extremo, esquí acrobático, voo sobre xeo, ciclismo de montaña, mountain boarding, escalada, sandboard, skateboard, snowboard, moto de neve, bicicleta de carreiras, esquí de velocidade, monopatín e streetluge.
  • Deportes acuáticos: barefoot water skiing esquí náutico sen esquís, salto de trampolín, mergullo libre apnea, moto de auga, natación en augas abertas, offshore powerboat racing, yacht racing, mergullo, esnórquel tubo de mergullo, vela de velocidade, surf, wakeboard, caiac de río, windsurf e kitesurf.

Outros deportes extremos non relacionados por Tomlinson son: parkour, barranquismo, bungee, bodyboard, parapente e airsoft.

                                     

2. Historia

A orixe da diverxencia entre os termos deporte extremo e deporte pode datarse anos 1950 cando aparece unha famosa frase, atribuída a Ernest Hemingway. A frase é:

Como vemos, na frase defínese a palabra deporte como unha actividade na cal podería un matarse. As outras actividades son simples xogos. A frase pode que fora inventada polo escritor Barnaby Conrad ou por Ken Purdy.

Nas últimas décadas o termo deporte extremo foi promovido polos Xogos X, un acontecemento de multideportes creado e desenvolvido por ESPN. Os primeiros Xogos X coñecidos desde 1995 como Xogos Extremos leváronse a cabo en Newport, Providence Rhode Island, Mount Snow e Vermont, nos Estados Unidos de América.

En 2004 o xornalista estadounidense David Browne publicou unha historia dos deportes extremos. No seu libro describe a historia, a cultura e o negocio destes deportes, incluíndo entrevistas con atletas, empresarios e expertos en mercadotecnia.

                                     

3. Mercadotecnia

Algúns afirman que a distinción entre un deporte extremo e un convencional ten tanto ou máis que ver coa mercadotecnia que co nivel de perigo ou a adrenalina xerada. Por exemplo, o rugby é perigoso e induce a produción de adrenalina, pero non se considera un deporte extremo debido á súa imaxe tradicional, e porque non implica alta velocidade e non ten variábeis ambientais que inflúan nos atletas. A carreira de demolición en inglés, Demolition Derby, que é, predominantemente, un deporte de adultos, non se considera como extremo, mentres que a carreira de BMX, un deporte xuvenil, si se considera.

A etiqueta extremo é unha auréola contracultural, un rexeitamento da autoridade e do status quo por unha xuventude descontenta. Algunha xuventude como a denominada Xeración do Milenio Y aproveita as actividades que eles poden reclamar como súas propias, e comezou a rexeitar deportes máis tradicionais.

A definición de deportes extremos cambiou durante os anos debido á mercadotecnia. Cando se usou o termo primeiramente, a finais dos anos 1980 e nos 1990, usouse para deportes de adultos como o paracaidismo, o mergullo con escafandro autónomo, o surf, a escalada, o esquí de neve, o esquí acuático, o snowboard, o ciclismo de montaña, o alpinismo etc., moitos dos cales daquela non tiñan moita popularidade. O termo hoxe en día aplícase máis a deportes xuvenís como a patinaxe sobre rodas, o snowboard, a patinaxe agresiva, o FMX e o BMX, e está estreitamente asociado coa mercadotecnia que o atribúe a xeracións novas e aos seus estilos de roupa de música.

A palabra gañou en popularidade coa chegada dos Xogos X, un conxunto de actividades pensadas para a televisión de acontecementos. Os anunciantes foron rápidos para recoñecer as demandas deste tipo de eventos polo público e actuaron en consecuencia.



                                     

4. Motivación

Un trazo común destas actividades é a súa presunta capacidade para inducir unha elevada segregación de adrenalina nos participantes. Porén, desde o punto de vista médico é que a presa ou a alta velocidade non están asociadas coa liberación de adrenalina, senón que esta débese ao medo, debido aos altos niveis de dopamina, endorfinas e serotonina a causa do alto nivel de esforzo físico. Ademais, un estudo recente suxire que o elo entre a adrenalina e os deportes extremos verdadeiros é suposto. O estudo definiu os deportes extremos verdadeiros como un ocio ou actividade onde o resultado máis probábel dun accidente mal manexado ou o erro é a morte. Esta definición fíxose para separar a promoción de mercadotecnia da actividade.

Eric Brymer tamén encontrou que o potencial de varias experiencias extraordinarias humanas, moitas das cales teñen paralelo co que se encontra en actividades como a meditación, era unha parte importante da experiencia do deporte extremo.

Algúns deportes existiron durante décadas e tiveron os seus defensores, algúns dos cales chegaron a facerse personalidades coñecidas. A escalada e o montañismo de xeo deu nomes publicamente recoñecíbeis como Edmund Hillary, Chris Bonington, Wolfgang Gullich e, máis recentemente, Joe Simpson. Outro exemplo é o surf, inventado hai séculos polos habitantes de Hawai.

                                     

5. En Galicia

Galicia non só é coñecida polas fazañas deportivas futbolísticas do Deportivo e do Celta, senón tamén pola súa tradición de deportes acuáticos, tanto no mar como nos ríos, como remo, navegación deportiva, piragüismo, e hoxe tamén pola práctica dalgúns deportes de risco, como o rafting, a escalada, o parapente, o surf ou o widsurf.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →