Back

ⓘ Torre de Hércules. A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en ..



Torre de Hércules
                                     

ⓘ Torre de Hércules

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

                                     

1. Historia

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium hoxe Coímbra. Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. A primeira representación gráfica da torre aparece no mapamundi do Beato do Burgo de Osma de 1086 acompañado do topónimo Faro.

A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das desputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmírez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións. En 1682 o Duque de Uceda, capitán xeral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" o que parece indicar que se aproveitou militarmente ao arquitecto coruñés Amaro Antune, quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os fanais. Estes pagáronos os cónsules de Inglaterra, Países Baixos e Flandres a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban á cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último.

No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX.

Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

                                     

2. Lendas

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.

A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

                                     

3. Estrutura

A planta é cadrada 10 m de lado, cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro un paralelepípedo recto de base cadrada de 11.60 metros de lado e 34.60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría.

A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas. Nos vans utilizouse aparello de perpiaños grandes opus cuadratum, nas paredes cachotería en fileiras horizontais opus vittatum e para encher o interior do muro seixos e morteiro de cal e area opus caementicium. A parte superior da torre foi modificada no século XVIII polo enxeñeiro Giannini, quen modernizou a cúpula mantendo a súa estrutura. Os muros teñen unha anchura de entre 1.50 e 1.60 m.

A torre e o seu contorno foron escavados entre 1992 e 1994 e a entrada actual das visitas faise polos alicerces romanos.

A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio comezos do século V, que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.



                                     

4. Patrimonio da Humanidade

Co obxectivo de solicitar que a UNESCO a incluíse na lista de Patrimonio Mundial, o Ministerio de Cultura listouna como posíbel candidata en abril de 2007 e en outubro seleccionouna. O 27 de xuño de 2009, ás 18:27 horas, foi finalmente declarada como Patrimonio da Humanidade. A candidatura foi aceptada por cumprir o criterio iii, xa que a Torre supón un testemuño do uso dos faros dende a antigüidade e da continuidade histórica das rutas polo océano Atlántico, iniciadas xa en tempos dos romanos.

O faro atópase nun espazo natural de 47 hectáreas, dentro da cidade da Coruña, que inclúe o parque escultórico, os petróglifos do Monte dos Bicos e o cemiterio "mouro".

                                     

5. Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballo Arceo, Xulio xullo de 2006. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigratrea. ISBN 84-95364-40-9.
  • Tettamancy 1920. La torre de Hércules; impresiones acerca de este antiquísimo faro, bajo su aspecto histórico y arqueológico. A Coruña. Lit. e Imp. Roel en castelán.

Ligazóns externas

  • Hércules, símbolo da cidade, faro da humanidade, na páxina web do concello da Coruña.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →